Festa
Foz acollerá o día 1 de setembro, venres, a primeira edición da Reviravolta Normanda, unha carreira de cinco quilómetros con obstáculos. O evento foi presentado cun acto ao que asistiu o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
A carreira constará de dúas categorías, elite e afeccionado, e comezará ás oito da tarde na Praza Conde de Fontao. A entrega de dorsais será a partir das seis da tarde, os participantes na categoría elite sairán ás 20:30 horas e os de afeccionado ás 20:45. Haberá obsequio de camiseta e bolsa para os corredores.
Ademais do alcalde de Foz, á presentación asistiron membros da asociación Desembarco Normando, que é a organizadora do evento, e de Run Foz Run, colectivo que colabora con esta carreira.
A inscrición para participar poderá realizarse a través da páxina web...
leer másTodo está listo en Xove para a celebración da Festa das Flores neste mes, os días 12 e 13 de maio.
O programa dará comezo o venres coa intervención de Marica Campo: “Cando a vida estal en flores”, seguida dunha interpretación musical e poética de Eduardo R. Basanta e VictorRolle, a partir das 20:30 horas. Ás 22:30 haberá actuacións de Joni Ramos e Ménage á Troix.
En Chao da Aldea o sábado ás 11:00 da mañá se fará a inauguración da festa, xunto co a exposción fotográfica e xogos populares, amenizado por un pasarrúas do Grupo de Gaitas Saiñas de Xove. Ás 12:30 horas terán lugar as ofrendas tradicionais á Virxe María, seguidas de misa, cantada por Louvanzas Novas, á unha do mediodía e de procesión. Para as 14:30 horas está prevista a sesión vermú, que amenizará a Banda de Música o Landro de Viveiro. A xornada de...
leer másO Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, así como de pescadores e hostaleiros, presentou este xoves a XXXIX Festa da Troita da Pontenova, que terá lugar os días 29, 30 e 1 de maio no municipio mariñán. O Goberno da Deputación vén apoiandonos últimos anos a organización deste evento, que recibiu no ano 2016 un investimento de3.400 euros. Do orzamento 2017, o Goberno destinará á Pontenova, no marco doPlan Único, 255.700 euros. E desta cantidade, o Concello achegará 3.000 euros para a Festa da Troita.
Campos Conde subliñou que “esta festa, que comezou no ano 1978 como un concurso de pesca organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas, tense convertido nun importante...
leer másA Festa do Maio de Lourenzá, que se celebrará o vindeiro luns, día 1, incluirá este ano como novidade o primeiro concurso infantil de sombreiros.
A Concellería de Cultura de Lourenzá está a programar a festividade do 1 de maio. Como tódolos anos Os Maios e a Madalena percorrerán as rúas laurentinas vestindo de cor e música todos os recunchos da vila. Como principal novidade este ano o Concello convocou o primeiro Concurso de Sombreiros do Maio, dirixido a tódolos nenos e nenas de 0 a 12 anos. Os sombreiros poden estar realizados con materiais diversos pero sempre facendo mención á conmemoración da data que se celebra: o maio ou a primavera . A Concellería de Cultura fai un chamamento aos veciños e veciñas para que ese día tomen a iniciativa e decoren os balcóns e portais das súas vivendas con flores e plantas facendo honra a esta...
leer másO Concello de Cervo, en colaboración coa hostalería local, organizará o Sábado Santo, a XXIV edición da Festa do Mexillón, todo un clásico xa na Semana Santa do municipio.
Deste xeito, durante todo o día, os diferentes establecementos da vila ofertarán tapas que terán como denominador común o mexilón, en todas as súas variedades e en múltiples combinacións e receitas: en empanada, croquetas, ao vapor, en vinagreta, en pizza…
O rexedor, Alfonso Villares e a edil de Turismo, Manuela Méndez, presentaron, acompañados dos representantes da hostalería de San Ciprián, o cartel da festa.
Deste xeito, Villares sinalou que “o que pretendemos coa Festa do Mexillón é ofrecerles un aliciente máis as veciños que se quedan na localidade nestes días de Semana Santa, sabedores, claro está, de que as...
leer másA Asociación Cultural Saíñas de Xove, en colaboración co Concello, organiza a XII Festa do Lacón que terá lugar o vindeiro sábado, 1 de abril.
Esta festa celebrarase no pavillón municipal de deportes a partir das oito e media da tarde.
O prezo da ración será de 9 euros, pero si se retiran os tíckets anticipadamente será a 8 euros. A venda anticipada é en Estética Marta. O menú está composto de sopa, pataca, chourizo, lacón, pan, bebida e inclúe chocolatada. Haberá sorteos.
A xornada completarase con festa rachada a partires das 23:00 horas con Zalex.
A XVI Festa do Polbo da Pedra terá lugar en Xove o 13 de abril a partir das sete da tarde. Oito establecementos hostaleiros servirán racións deste exquisito cefalópodo ao prezo de 9 euros.
O evento gastronómico está organizado pola Aciam xovense, que conta co patrocinio do Concello e a colaboración da A.C. Saíñas.
Desde a organización sinalan que “somos un grupo de hostaleiros de Xove que queremos contribuír a promocionar o noso pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da comarca, cremos que temos produtos que son merecentes de ser promocionados, coincidimos todos en que o polbo da pedra, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un produto de altísima calidade, tal como nos amosan...
leer másA XXVI edición da Festa do Ourizo terá lugar o vindeiro sábado 18 de marzo, en San Ciprián. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil delegada de Turismo, Manuela Méndez, presentaron “un programa repleto de actos e actividades que xirarán ao redor do protagonista ese día, o erizo”.
Deste xeito, avanzaron, que “un ano máis organizamos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, a partir das 12:00 horas do mediodía, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de 3 prestixiosos chefs da gastronomía galega que cociñarán en vivo ante os asistentes innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Rafa Centeno, do Restaurante Maruja Limón, Iñaki Bretal do Restaurante Eirado da Leña e Diego López, do Restaurante Molinera. Ademais contaremos co recoñecido somelier Nacho Costoya, para moderar e...
leer másO Concello de Mondoñedo colabora co Instituto de Educación Secundaria San Rosendo e coa PlataformaComarca de Mondoñedo Unida na replantación da área recreativa e paisaxística A Fervenza, en Viloalle.
Tras a limpeza deste enclave paisaxístico por parte de voluntarios, repoboarase a localización con árbores autóctonas e paisaxísticas. Unha actuación que, segundo a organización, busca poñer en valor un dos enclaves máis fermosos e con gran atractivo medioambiental, paisaxístico e etnográfico da zona.
O esquema de plantación de A Fervenza e as árbores a empregar foi deseñado polo alumnado do departamento forestal A Granxa do Instituto San Rosendo, que procederán a realizar a colocación das árbores no marco dunha xornada na que colaboran as tres entidades (Concello, Instituto de Educación Secundaria e Plataforma Cidadá...
leer másO Concello de Cervo anima a todo o mundo a asistir mañá á parroquia de Rúa, que acollerá as Festas da Candelaria, suspedidas parcialmente no seu día, a consecuencia do forte temporal que afectou a Galicia o pasado 4 e o 5 de febreiro, cando estaba prevista unha boa parte da celebración.
Neste senso, tiveron que cancelarse as actuacións programadas o sábado á noite e o domingo.
A cita será a partir das dez da noite, e a verbena correrá a cargo das orquestras Suavecito –que tivo que deixar de tocar o sábado á noite forzada polas inclemencias meteorolóxicas- e Los Player´s.
Haberá unha carpa cuberta totalmente pechada e con calefacción.
Neste senso, dende o Concello de Cervo, a edil de Turismo, Manuela Méndez, quixo agradecer “o esforzo e traballo que dun xeito...
leer más