Festas
A vila de Trabada xa está lista para celebrar como cada ano as súas festas na honra a Nosa Señora e San Roque. Os festexos terán lugar os días 14, 15 e 16 de agosto cun programa cheo de actividades para que todos e todas o pasen ben.
O mércores, 14 de agosto, ás 22:00, unha gran churrascada servida polo cátering Chao os Navais abrirá a celebración. Por tan só 25 euros (12 se tes menos de 10 anos) poderase desfrutar dun amplo menú que inclúe costela de porco e criollo, entre outras cousas. A cea estará seguida dunha verbena animada por BRF DJ.
O xoves, 15 de agosto, a xornada comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne e sesión vermú coa orquestra Suavecito. Pola noite, gran verbena coa orquestra Suavecito, BRF DJ e The Sound Project.
O venres, 16 de agosto, ás 13:00 horas, haberá misa...
leer másRemourelle, localidade da parroquia ribadense de Arante, honrará a Santa María Magdalena os días 17 e 18 de agosto nun evento que inclúe a décimo sétima edición da Festa da Carne ao Caldeiro.
As actividades comezarán o sábado 17 de agosto ás 14:00 horas coa actuación do dúo Belinda. E a partir das 14:30 horas terá lugar o xantar da carne ao caldeiro. Ademais desde ás 18:30 horas haberá música co dúo Belinda e ás 20:00 horas actuará Mercedes Ben Salah.
O domingo 18 celebrarase misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Lecer, que tamén actuará na verbena. E as 12 da noite haberá queimada co Gran Druída.
Vilar de Conforto, no concello da Pontenova, celebrará as festas na honra da Nosa Señora da Asunción os días 14 e 15 de agosto, mércores e xoves.
As actividades empezarán o mércores 14 a partir das 23:30 horas coa verbena amenizada por DJ Bombardero e o acordeonista Josín.
E o xoves 15 haberá rosario ás 13:00 e a continuación sesión vermú a cargo do dúo Belinda.
A Xunta de Galicia patrocina o concerto que ofrecerá Luar na Lubre o vindeiro 30 de agosto en Lourenzá no marco da celebración da “Lenda do Conde”, que organiza a Asociación Conde Santo.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento, que este ano conmemorará ademais o 50 aniversario da declaración do mosteiro de Vilanova de Lourenzá como conxunto histórico artístico.
O concerto comezará ás 12 da noite no claustro do mosteiro. Antes haberá unha cea e proxectarase un audiovisual sobre a Lenda do Conde, a partir das 21.30 horas. Os organizadores animan a acudir con traxe de época.
A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a Nosa Señora os días 14 e 15 de agosto, mércores e xoves.
As actividades empezarán o mércores ás 21:30 horas con churrascada e chourizada, ademais da actuación do dúo Belinda.
E o xoves celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión seguida de sesión vermú, co grupo Pasión, que tamén actuará na verbena, desde as 21:00 horas.
As festas están organizadas pola Asociación de Veciños de Bacoi.
Cervo celebrará as festas na honra da Nosa Señora, San Roque e o Carme, do 14 ao 17 de agosto, cando terá lugar a Queimada Popular, festa declarada de Interese Turístico Galego, organizada por Airiños do Xunco.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; pola tenente alcalde Mali Méndez; e por unha representación da Asociación Cultural Rego Cachón, que organiza as festas patronais; e de Airiños do Xunco, que se encarga da Queimada e tamén da Festa do Ovo Frito, xunto á asociación Cabaleiros da Bidueira.
Os festexos arrincarán o mércores 14 de agosto con esta popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Charanga Europa e da Discomóbil Conxuro.
Xa o xoves 15 de agosto ás 13:00 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida de...
leer másO Concello de Alfoz anuncia que “esta fin de semana temos unha cita para asistir á festa na honra da Virxe do Carme e San Mamede, organizada pola Asociación Veciñal de San Mamede das Oiras”. Serán o venres 9 e o sábado 10.
As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas con cea e despois actuacións de Xilo e Carlos e do dúo Belinda.
E o sábado ás 13:30 horas haberá misa solemne e continuación sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén actuará na verbena xunto á disco móbil Conxuro, que ofrecerá Remember 90.
A organización anuncia que haberá carpa.
A parroquia de San Xusto, no concello de Barreiros, celebrará as súas festas patronais na honra a San Xusto e San Pastor, os días 6 e 7 de agosto, martes e mércores.
As actividades empezarán o martes ás 13:00 con misa solemne e procesión con 14 imaxes, acompañada polo grupo de gaitas de O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Pasión, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Tango.
E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión con 14 imaxes, acompañada por un grupo de gaitas. A continuación terá lugar a sesión vermú co grupo Mar da Arousa, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Waikas.
A organización corre a cargo da asociación de veciños San Pastor, que destaca que disporán de campo...
leer másUn ano máis Vilameá xa está preparada para acoller as súas festas na honra á Virxe das Neves e San Roque. Durante a fin de semana do 9 ao 11 de agosto, a parroquia contará con orquestras, djs, churrasco e todo o necesario para pasar uns días marabillosos.
O venres, 9 de agosto, haberá festa co grupo Alma latina e dj Bombardero, pero iso será despois da gran churrascada. Cun prezo de 18 euros para os adultos e de 12 euros para os menores de 12 anos, os asistentes poderán saborear empanada, churrasco, chourizo, postre, bebida e café. Os tíckets poderán recollerse en Orli Lavandera, Sidrería A Mina, Librería Eugenia ou chamando a algún dos membros da comisión nos seguintes números: 686010078 (Mónica), 666746096 (Diego) e 686207135 (Pada).
O sábado, 10 de agosto, a xornada comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne...
leer másO Concello de Viveiro anunciou a programación completa das Festas Patronais, con numerosas actividades a partir deste xoves, 1 de agosto. Entre os eventos que forman parte desta programación está a Feira da cervexa artesá de Viveiro, o Beer-Veiro Fest, que se desenvolverá entre este xoves e o domingo 4 de agosto nos xardíns Noriega Varela.
Participaron na presentación da Feira da Cervexa Artesá de Viveiro a alcaldesa, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández. "A Feira da Cervexa Artesá será un dos eventos máis sinalados das festas, dando comezo a unha programación moi diversa e para todos os gustos", sinala a rexedora.












