Fotos

Etiquetas:
27/02/2018

Acisa Ribadeo convoca o VIII Concurso Fotográfico Día do Pai no que repartirá 500 euros en premios.

O eslogan elixido para a oitava edición do certame é "O amor por un pai non ten prezo, pero si premio". Os traballos poderán presentarse a través do Facebook de Acisa Ribadeo dende o 2 ata o 18 de marzo.

As bases da convocatoria deste concurso recollen que poden participar todas as persoas maiores de idade que o desexen. Os traballos presentados non puideron ser publicados previamente en revistas, xornais, libros impresos ou sistemas on line. Tampouco puideron ser obxecto de ningún outro premio fotográfico. As devanditas bases pódense consultar no Facebook, na web de Acisa ou nas súas oficinas, sitas na Avenida de Galicia, nº 20-2ª planta.

As fotografías elixidas deben ter unha resolución...

leer más
Etiquetas:
26/02/2018

O Concello organiza, a través do seu departamento de Servizos Sociais, unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra o 8 de marzo.  

Así convoca o I Concurso de Fotografía A Muller Traballadora coa finalidade de expresar por medio da fotografía a loita da muller polos deus dereitos, pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no desenvolvemento íntegro como persoa. As bases recollen que a temática será a expresión por medio da fotografía desa loita da muller polos seus dereitos. Todo material inapropiado ou non vinculado co tema será descartado.

Establécense tres categorías: categoría A dende 8 ata 12 anos, categoría B entre 13 e 17 anos, e categoría C desde 18 anos. As fotografías que se presenten ao concurso deberán ser entregadas nas...

leer más
Etiquetas:
26/02/2018

O Centro de Información á Muller e a Delegación de Muller realizan esta convocatoria arredor da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, que terá lugar o 8 de marzo.

O prazo de presentación de traballos a este concurso de fotografía remata o mércores, 28 de febreiro.

Para recibir máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao propio CIM de Viveiro a través de cim@viveiro.es, ou chamando ao número de teléfono 982 55 04 21. 

O concurso está aberto a fotógrafos e fotógrafas afeccionad@s, non profesionais, e os traballos deberán ser orixinais cun tema referido á Muller e o Traballo. Cada participante poderá presentar unha obra, e terán que entregarse ou dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres de Viveiro, na Avenida de...

leer más
Etiquetas:
30/11/2017
O Concello de Mondoñedo entregará o sábado 23 de decembro os premios aos gañadores da segunda edición do concurso fotográfico ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’, que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’,  ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2018.
 
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, deron a coñecer esta mañá o nome dos tres galardoados así como as doce fotografías seleccionadas, unha por cada mes do ano, entre as enviadas polos 38 participantes desta segunda edición do concurso.
 
As doce fotografías, que ilustrarán o calendario municipal de 2018 son as dos seguintes autores:
 
- Xaneiro:...
leer más
Etiquetas:
23/11/2017

A Fundación Imdecum abriu esta semana, por sétimo ano consecutivo, o prazo do concurso do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña, destinado o estudantado de Secundaria da bisbarra.

Ata o 30 de decembro o alumnado mariñán poderá presentar as súas visións da Mariña nas categorías de fotografía e vídeo. A edición de 2017 da cita estará aberta para os centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz. Coa chegada de 2017, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados. 

A iniciativa conta co apoio da Área de Cultura da Deputación...

leer más
Etiquetas:
08/11/2017

A Concellaría de Cultura programa para este vindeiro fin de semana diversas actividades que comezarán o sábado, 11 de novembro, ás 20:45 horas, no Teatro onde terá lugar unha actuación da Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal). O domingo, 12 de novembro, estará no auditorio municipal Talía Teatro, que representará Foucellas, e o luns 13, ás 19:00 horas, será inaugurada unha exposición de fotos de Peter Schneider, que presenta un traballo realizado cando se afundiu o Prestige. Titúlase Tempo escuro e poderase ver durante varias semanas na Oficina de Turismo.

O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “para quen lle guste a música coral este sábado, 11 de novembro, ás nove menos cuarto, vai actuar no Teatro a Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal), seguindo a liña de intercambios de actuacións con formacións de fóra de Ribadeo...

leer más
Etiquetas:
02/11/2017

Mañá venres, 3 de novembro, na sala de arte da Casa da Cultura terá lugar a inauguración dunha mostra do Club Imaxe de Burela.

Nesta exposición poderán verse fotos feitas polos socios do Club Imaxe. Son un total de 40 instantáneas de Burela e A Mariña as que conforman esta mostra que chega á súa 25 edición.

A mostra permanecerá na Casa da Cultura de Burela ata o vindeiro 15 de decembro, e poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

 

Etiquetas:
29/10/2017

O Concello de Mondoñedo vén de convocar a segunda edición do concurso fotográfico ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’, que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’,  ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2018, coas mellores imaxes dos lugares preferidos da localidade.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, precisan que, polo tanto, o obxectivo será elixir doce fotografías, unha por cada mes do ano, que ilustrarán o calendario municipal de 2018.

As bases deste concurso, que contou cunha moi boa acollida na súa primeira edición, establecen que pode participar todo aquel que o desexe; limitan o envío a un máximo de dúas fotos por persoa e establecen como prazo para remitir as instantáneas ata o luns 20 de novembro.  As imaxes...

leer más
Etiquetas:
09/10/2017

A exposición Mobilandia II, do fotógrafo lugués Pepe Álvez permanecerá aberta no Castelo de Castrodouro ata o vindeiro mes de novembro. O horario de visitas é os fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00.

Esta mostra é unha colección na que Pepe Álvez (Lugo, 1953), presenta fotos feitas na súa totalidade co teléfono móbil. As instantáneas son a cor, de temática variada pero predominando as paisaxes rurais. En plena época de dominio dos “selfies” este veterano profesional demostra que coas novas tecnoloxías se pode facer un traballo artístico aloxando un pouco oo foco e sen que teña que saír en primeiro termo necesariamente que realiza a foto.

Na inauguración que tiña lugar o pasado sábado, o Tenente de Alcalde do Concello de Alfoz, Xabier Pardiñas, agradecía á Deputación e á Asociación da...

leer más
Etiquetas:
07/10/2017

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, inauguraron na Casa da Cultura unha exposición de fotografías de Alicia Castro Oroza.

A mostra titulada "Idílico Sabor" poderase visitar ata o 30 de outubro de luns a venres e horario de 10 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.