Fotos
A Concellería de Medio Ambiente convoca a segunda edición do Concurso Fotográfico Coidemos a terra, que neste 2017 terá como temática As árbores de Burela.
No concurso poderán participar todas as persoas que o desexen, residentes en Burela e que conten, no caso de ser preciso, con representante maior de idade. Haberá tres categorías, infantil para nen@s de ata 12 anos, xuvenil para rapaces de 12 a 17 anos (inclusive) e adulto (na que poderán participar todas as persoas que cumprisen 18 anos antes da convocatoria deste concurso). As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e cada imaxe presentada deberá ter título. As bases do concurso recollen que cada persoa poderá enviar un máximo de dúas fotos en usb, en cd ou impresas en tamaño de 15 x 21.
O prazo de inscrición, que xa está aberto, remata o 19 de maio ás...
leer másAcisa repartirá 550 euros en premios no VII Concurso Fotográfico Día do Pai, que terá lugar do 3 ao 19 de marzo. Poderase participar en dúas modalidades: redes sociais e vía postal.
Segundo recollen as bases, que se atopan en facebook e nas oficinas de Acisa, “a participación na modalidade postal, co envío da fotografía impresa, impide automaticamente a participación na modalidade en redes. Os traballos presentados non puideron ser publicados previamente en revistas, xornais, libros ou nas redes e tampouco puideron ser obxecto de ningún outro premio fotográfico. As fotos elixidas deben ter unha resolución de 2 mpx para a súa posterior impresión e exposición”.
Na modalidade de redes sociais as imaxes deben subirse á páxina do facebook de Acisa mediante a app que estará operativa desde mañá, venres. O prazo máximo...
leer másO Centro de Información ás Mulleres e a Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro convocan un concurso de fotografía con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora que ten lugar o 8 de marzo.
Este concurso de carácter amateur ven de ampliar o prazo para a presentación de traballos ata o día 3 de marzo.
O concurso está aberto a fotógrafos/as afeccionados, non profesionais, que desexen participar e sexan maiores de idade. As obras deberán ser orixinais e non se admitirán fotografías que foran acreedoras de distincións ou premios noutros certames.
O tema das fotografías debe ser a Muller e o Traballo en calquera ámbito(público ou privado) para visibilizar o papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.
Os traballos deberán...
leer másAta o 14 de marzo pódese visita no Complexo RegalXunqueira, en Viveiro, a exposición de de fotografías de Naza Meijide, titulada “Amienatta”.
“-¡Amienatta!, ¡Amienatta!-Gritan as voces das nenas que baixan, correndo descalzas, polo enlodado camiño que atravesa a aldea e polo que, cada día, todos voltavamos camiñando a casa de voluntarios. Sorrisos sinceros que enchían as pupilas e ensanchaban o corazón, sons titilantes no calor intoxicante e húmedo de Lamin ó mediodía”.
Amienatta é un traballo fotográfico sobre a aldea de Lamin (Gambia), os arredores e as súas xentes. Unha viaxe introspectiva a unha experiencia inolvidable na que vivín, integrada, nesa remota aldea do país africano, convivindo, aprendendo, crecendo e querendo as súas xentes. Porque como di a costume gambiana “is nice to be nice”.
... leer más












