Fotos

Etiquetas:
09/10/2017

A exposición Mobilandia II, do fotógrafo lugués Pepe Álvez permanecerá aberta no Castelo de Castrodouro ata o vindeiro mes de novembro. O horario de visitas é os fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00.

Esta mostra é unha colección na que Pepe Álvez (Lugo, 1953), presenta fotos feitas na súa totalidade co teléfono móbil. As instantáneas son a cor, de temática variada pero predominando as paisaxes rurais. En plena época de dominio dos “selfies” este veterano profesional demostra que coas novas tecnoloxías se pode facer un traballo artístico aloxando un pouco oo foco e sen que teña que saír en primeiro termo necesariamente que realiza a foto.

Na inauguración que tiña lugar o pasado sábado, o Tenente de Alcalde do Concello de Alfoz, Xabier Pardiñas, agradecía á Deputación e á Asociación da...

leer más
Etiquetas:
07/10/2017

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, inauguraron na Casa da Cultura unha exposición de fotografías de Alicia Castro Oroza.

A mostra titulada "Idílico Sabor" poderase visitar ata o 30 de outubro de luns a venres e horario de 10 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.

 

06/10/2017

A exposición fotográfica de CristianCarabali, que recolle imaxes de paisaxes da Mariña, chega no mes de outubro a Mondoñedo. A inauguración celebrarase este sábado, sete de outubro, na Sala de Exposicións do Centro Comarcal (Pazo de Santo Tomé), ás 17:00 horas. 

Esta exposición, que suma a décimo primeira que o fotógrafo fai na comarca, poderá visitarse dende o sábado día sete ata o 31 de outubro, tanto en horario de mañá de 10:00 a 15:00 horas, como pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.

A mostra recolle imaxes de diferentes paisaxes da Mariña lucense e, no caso concreto de Mondoñedo, hai fotografías da Catedral e do Mosteiro dos Picos. Ademais, entre a imaxes seleccionadas para ser expostas na localidade tamén hai retratos que, segundo o autor, son atípicos, xa que responden a unha forma diferente de mostrar ás...

leer más
25/08/2017

A exposición Amazigh, sobre o Marrocos Bereber, que está nestes intres na sala de exposicións da Casa da Cultura, de San Ciprián, de Clara Lelarge e Jesús Giz Novo, poderase visitar ata o 9 de setembro. 

Trátase dun proxecto que naceu trala viaxe dos autores a Marrocos no 2015, cando percorreron durante días lugares remotos habitados polo pobo Bereber, termo despectivo que substitúe ao propio Amazigh, que significa home libre.

O horario de visita é de 9.00 a 14:00 horas, pola mañá; e de 17:00 a 20:00 horas, pola tarde.

Ese mesmo día 9 de setembro como acto de clausura da exposición haberá unha proxección audiovisual ás 13:00 horas, na propia Casa da Cultura.

 

Etiquetas:
14/08/2017

O pasado sábado, 12 de agosto, na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín, acompañados polos fotógrafos presentes na mostra e por un grupo de nenos/as do Programa Xove Concilia, inauguraron unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola décima edición. O título escollido para edición deste ano foi “Cores”, sección na cal se presentan 8 fotografías. 

O resto da exposición, 40 das 48 fotografías que a conforman,  foi de tema libre, de aí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, composicións, etc. En total a exposición está conformada por 48 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.

Os participantes na edición deste ano, son: María...

leer más
09/08/2017

Este jueves, 10 de agosto, en la Casa do Concello a las 19 horas se inaugura la exposición de fotografías del concurso organizado por la asociación Batitales. Son unas 140 imágenes, que durante las próximas semanas estarán expuestas en unos 40 negocios, integrantes de la asociación local de comerciantes. La muestra se denomina “Mondoñedo en detalles arquitectónicos”. Las fotos ganadoras de las distintas secciones estarán expuestas en la Casa do Concello.

Al mismo tiempo en el acto de inauguración se harán públicas las bases del II Concurso Fotográfico “Cóntanos unha historia” y a las que se podrá tener acceso permanente desde las cuentas de facebook y twiter de la asociación Batitales. 

 

06/08/2017

A Sala de Exposicións da Casa de Cultura de San Ciprián acolle ata o 15 de agosto a exposición fotográfica do VII concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de medio ambiente, Manuela Méndez, visitaron a mostra composta por 32 fotografías inéditas e orixinais, tomadas en diferentes lugares de Galicia.

Recordamos que o primeiro premio recaeu en Pedro Antonio Vicente Canoura, pola fotografía que leva por título Autillo Europeo (Otus scops).

O segundo premio foi para María Elena Fernández Vázquez, coa foto Remuíños e Maruxaina. Trátase dunha vista da Maruxaina no medio das rochas, nun solpor. Foi capturada cun obxectivo “ojo de pez” e acadou o segundo premio tras unha segunda votación ao empatar coa foto “Souto da Retorta”. Ademais,...

leer más
Etiquetas:
04/08/2017

A sala de exposicións da Biblioteca de Cervo acolle a mostra AMAZIGH, mostra de fotografías sobre o Marrocos Bereber, de Clara Lelarge e Jesús Manuel Giz Novo.

Pódese visitar ata o día 13 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas, en horario de mañá, e de 16:00 a 18:00 horas, en horario de tarde.

O 14 de agosto, trasladarase á Casa da Cultura de San Ciprián.

 

Etiquetas:
28/07/2017

Hoxe foi inaugurada a exposición Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, que organizan ABanca, AFundación e o Concello ribadense. 

O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, sinalou que “este venres, 28 de xullo, inaugúrase a exposición Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”. E subliñou que “esta mostra é un dos eventos culturais máis importantes do Concello de Ribadeo para este verán e forma parte da obra social de ABanca a través de AFundación”.

Graña engadiu que “esta mostra fotográfica é unha testemuña documental da Galicia dos anos 20 e nela poderemos contemplar polo menos unhas 8 fotos de Ribadeo”.

A exposición estará aberta ata o 26 de agosto e o seu horario será de martes a domingo, desde as 11.30  ás 13.30 horas e...

leer más
Etiquetas:
30/06/2017

Hoxe pola tarde ábrese na Oficina de Turismo a exposición Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, que poderá visitarse ata despois do IV Ribadeo Indiano. 

O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, contou que “desde este venres, 30 de xuño, e ata pasado o Ribadeo Indiano, poderemos visitar a exposición itinerante Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega”. 

O edil nacionalista explicou que “na constante colaboración que hai entre este organismo e o Concello de Ribadeo de cara á organización do Ribadeo Indiano, e tamén noutras ocasións nas que evocamos o noso pasado emigrante, neste ano 2017 poderemos gozar dunha selección de imaxes de Alberto Martí que mostran os dous lados do feito migratorio: os marchares, tristes e dramáticos, aínda que tamén cun certo ar de aventura e...

leer más