Foz
Ata o 15 de setembro está aberta no Cenima, en Foz, a exposición "Abismos. Entre a sombra e a alma".
Ata o vindeiro 15 de setembro permanecerá, na sala de exposicións do Cenima de Foz, o proxecto "Córgomo Arte VI. Abismos. Entre a sombra e a alma. Edición Mariña".
Trátase dunha iniciativa persoal de Manolo Conde e Victorino Núñez, chegado de Vilamartín de Valdeorras, como un exemplo de proxecto de comunidade que integra a arte contemporánea nos ritmos vitais e culturais do rural. Córgomo Arte constitúe un acto de rebeldía contra o establecido e, por primeira vez, deixa a comarca de Valdeorras para tratar de tender pontes e estender o efecto contaxio á comarca da Mariña luguesa. De feito o certame contou nesta última edición coa participación de artistas mariñáns como Lu Vila, Cris Basanta, Martín Lestao ou Patricia Arellano.
Nesta mostra atópanse obras de: Manuel Conde (Córgomo), Victorino Núñez, Patricia...
leer másEste domingo, 2 de setembro, celebrarase un Touporroutou solidario en Foz.
Terá lugar no Pazo de Fontao, ás 20:00 horas, e será en beneficio dunha familia de Cangas de Foz.
Estará presentado por Tono e amigas/os, e contará coa actuación dos Kentakis, con Burunda e Olaia.
Haberá buses de balde, que sairán do porto ás 19:00 horas.
Este sábado, 1 de setembro, se as condicións climatolóxicas son favorables, a partires das 07:15 am sairán dos portos focenses 35 embarcacións procedentes de Burela, Foz, Ribadeo, e unha que se achega dende Santander. Toda elas se apuntaron a esta quedada para desfrutar dunha mañá de pesca deportiva pola costa da Mariña.
Desde A Ribeira explican que “o obxectivo deste evento é o de fomentar a náutica e a pesca deportiva no noso pobo e na Mariña, para elo sairemos pescar como calquera outro día, sen mais regras que as reguladas pola normativa para pescadores deportivos. Xuntarémonos tódolos participantes as 13:30 na lonxa da confraría e alí expoñeranse o publico os peixes que durante a xornada fosen capturados. A xente que este día se achegue a lonxa de Foz poderá ver e preguntar polas distintas especies e saber de forma activa como é a...
leer másO patio do colexio Nº 1 de Foz acolle desde hoxe, martes, ata este venres, día 31, a décimo terceira edición da Semana do Teatro Afeccionado, que organiza o Concello focense. Todas as representacións están programadas para as dez da noite.
Hoxe o grupo O Bordelo, de Cervo, representará a obra Depende, unha comedia da que é autor e director Francisco Piñeiro.
Mañá, mércores, a compañía Pico do Castro, de Foz, ofrecerá a obra Unha novela policíaca, comedia con guión, adaptación e dirección a cargo de Juan Villarino.
O xoves 30 o grupo O Centiño, de San Martiño, representará a obra El Guindilla, unha comedia da que é autor e director José Vázquez Peinó.
E o venres 31 a compañía A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Elixir de xuventude, comedia dirixida por Ana Couto...
leer másOs Sendeiros de Foz organiza a XXX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos o próximo 9 de setembro.
Farase a ruta río Ouro e praias de Foz. Posteriormente a entrega de trofeos terá lugar durante a comida de confraternidade que se celebrará no restaurante Xoiña. O prezo é de 15 euros.
A actividade é para persoas federadas. O prazo para anotarse remata o mércores 5 de setembro, e as inscricións poden facerse nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017.
Colaboran na organización deste evento: Federación Galega de Montañeiros, CCA Foz, Concello de Foz, Deporte Galego, Frutas Morriña e Rodríguez Agencia de Viajes.
Todo está listo en Foz para a celebración dunha nova edición da Festa Normanda. Este venres, 24 de agosto, a partires das 21:00 horas, terá lugar a representación do Milagre de San Gonzalo na Festa Normanda de Foz.
Como cada ano, un grupo de veciños de San Martiño sobe ao alto da Grela, durante a Festa Normanda, e representa o famoso milagre de San Gonzalo, o Bispo Santo, afundindo aos barcos normandos para salvar aos galaicos.
Nesta ocasión a representación céntrase no milagre que a lenda atribúe a San Gonzalo, para crear a famosa Fonte da Zapata, ao carón da Basílica de San Martiño.
Ademais este ano o pregoeiro da Festa Normanda será o home de teatro e impulsor da cultura en Foz, José Ramón Vila.
Este martes, 21 de agosto, no Cenima de Foz ás 20:00 horas terá lugar a inauguración da exposición Pinturas. Lorenzo González e Otero Regal.
A mostra é un encontro entre a cerámica de Alfonso Otero Regal e a pintura de Lorenzo González, profesor de Belas Artes, natural de Medina de Rioseco, quen, desde que descubriu a Mariña lucense, reside na parroquia de San Román do Val, no Vicedo.
A exposición permanecerá no Cenima de Foz ata o vindeiro 31 de agosto. Está organizada polo Complexo RegalXunqueira e o Concello de Foz.
Do 20 ao 25 de agosto en Foz afonden os prezos. O Centro Comercial Aberto organiza esta nova campaña denominada En Foz afundimos os prezos. Os establecementos participantes sacarán os seus produtos á rúa con descontos moi especiais.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, explica que “os locais van expoñer na rúa ducias de produtos a prezos super rebaixados, con descontos que oscilarán entre o 50 e o 80%. Queremos que na semana dos preparativos para a Festa Normanda focenses e visitantes teñan motivos dabondo para pasear polas nosas rúas, nas que atoparán todo tipo de artigos a prezos moi interesantes e especiais”.
Paleo engade que “é un xeito de facerse con produtos de tempada moi rebaixados. Foz converterase do 20 ao 25 de agosto nun gran Centro Comercial ao aire libre. Será un bo momento para ver os...
leer másNa tarde de onte abriu as súas portas Foz Market 2018, na explanada portuaria, con grande asistencia de público. Polo recinto pasaron o alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Ánxel Paleo, e o organizador do evento, Ángel Rojo. Ata o domingo as propostas gastronómicas das doce food trucks que participan en Foz Market 20018 serán as protagonistas. Tamén haberá actividades infantís polas tardes e concertos en directo polas noites.
O alcalde focense declarou na inauguración de Foz Market que “temos detrás estes anos de experiencia e á xente encántalle. É unha combinación estupenda tanto a parte gastronómica das food trucks, que é un dos enganches importantes desta feira, como a parte dos nenos. Todo o ocio que hai, poder estar nun recinto onde combines gastronomía e ocio, e tamén a...
leer másO Concello de Foz organiza a sexta edición da Feira de Gando de Cangas, que se celebrará o este domingo, 19 de agosto, e foi presentada hoxe. Neste evento haberá diferentes actividades, desde as 10:00 horas, como paseos gratuítos a cabalo, exposicións de maquinaria e artesanía, e premios aos gandeiros con maior número de cabezas de gando vacún e cabalar, entre outros actos.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural en Foz, Pedro Fernández Manín, anunciou hoxe: “vimos de presentar a Feira de Gando de Cangas, que organiza o Concello de Foz, a través da Concellería de Medio Rural, en colaboración coa asociación de Cabaleiros de Cangas, composta dun grupo de oito rapaces e rapazas amantes dos cabalos e alma máter desta feira que terá lugar o vindeiro domingo 19”.
Fernández Manín subliñou que “desde o...
leer más