Foz
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo hoxe un balance moi positivo da Festa do Chícaro, que se celebrou este pasado fin de semana, e anuncia que o Concello xa está en modo Entroido. Este sábado, día 27, terá lugar a cea de coroación á que asistirán máis de 750 persoas. Esta afluencia de público obrigou a ampliar a carpa, que contará con seguridade nas tres portas de acceso á mesma, e os asistentes disporán ademais dunha pulseira identificativa para evitar a entrada de persoas alleas ao evento. Outra das novidades será a edición dun vaso exclusivo do Entroido, que se porá á venda ao prezo de 1 euro.
O rexedor municipal manifestou: “estamos moi contentos de como está indo o mes de xaneiro no noso concello. Unha vez rematada a Festa do Chícaro o balance é moi positivo, esgotáronse as existencias que tiña previstas a organización e...
leer másA Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega”, no que tomará a palabra o autor do volume Xosé Ramón Veiga Alonso.
“A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega” é unha investigación histórica sobre as décadas finais da antiga provincia de Mondoñedo, concretamente entre 1780 e 1833, reparando nos feitos históricos de máis relevo, como poden ser a guerra do francés, o trienio liberal ou os anos finais do goberno de Fernando VII.
O volume achega nova e descoñecida información sobre as localidades da comarca nese período, sendo o seu autor, o investigador focego Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor da USC, é un dos mais destacados investigadores do...
leer másA Festa do Chícaro, que se celebrará este fin de semana, foi presentada en Foz cun acto no que participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro do Mar, Pedro Fernández Manín; e o pregoeiro do festexo, o escritor e poeta focense Paco Rivas.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro delegado de Mar, Pedro Fernández Manín, destacou que este evento “está considerado como a primeira festa gastronómica do ano en Galicia” e explicou que “a programación comezou con charlas e proxeccións nos colexios de Primaria de Foz a cargo de Suso de Breogán, unha persoa que ten fotografías e coñece como era Foz nos anos 50 e o que é na actualidade. Ademais hoxe, xoves, no salón de actos da Casa da Cultura houbo unha charla sobre o marisqueo e a acuicultura en Galicia impartida por Susana Novo Vázquez e Justa Ojea Martínez, doutoras en Bioloxía...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentaron este mércores na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos, a XV Festa do Chícaro de Foz. Trátase da cita gastronómica que terá lugar os vindeiros días 20 e 21 de xaneiro na carpa habilitada no peirao de Foz e nos establecementos de hostalería do municipio. O Goberno da Deputación colabora cunha achega económica de 3.000 euros ao Concello para a celebración desta feira co obxectivo de promocionar o berberecho, un produto autóctono cun factor de singularidade turística capaz de atrae a milleiros de visitantes. Durante o acto estiveron acompañados do director da Escola de Hostalería do IES de Foz, Nicolás Asensio, e membros de asociacións e veciños de Foz.
Campos Conde explicou que “dende o Executivo Provincial buscamos por en valor o...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que o Executivo Provincial achega un investimento de 100.000 euros para dotar dun novo céspede natural ao campo de fútbol Martínez Otero de Foz, onde realizan os adestramentos todas as categorías deste club e que empreganmáis de 300 rapaces da vila, xa que tamén adestran as Escolas Deportivas e os alumnos do Colexio. Campos Conde fixo este anuncio tras visitar estas instalacións deportivas acompañado do Presidente do Club Deportivo Foz, José María García Rivera.
“Con estas actuacións, levamos achegado, no último ano e medio, case 2,9 millóns de euros á mellora de infraestruturas deportivas. Así, só na modalidade de fútbol xa actuamos en 14 campos da provincia. Somos a administración galega que, sen dúbida, máis inviste en deporte na nosa provincia, a pesar de non ser a institución...
leer másBurela, Foz e Viveiro acollerán o Campionato de España de Fútbol Sala Feminino de Seleccións Sub-17, que se disputará do 7 ao 11 de febreiro. Son 200 persoas as que se desprazarán á zona, xunto aos seus acompañantes. O concelleiro de Deportes e Turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, subliñou a importancia que ten tanto a nivel deportivo como turístico a celebración deste evento para toda a comarca. Nas últimas horas os edís de Deportes dos tres Concellos mantiveron un encontro para ultimar os preparativos desta importante cita deportiva.
Fernández Rey contou que “os concelleiros de Deportes de Burela, de Viveiro e de Foz mantivemos unha reunión na sede do Burela Fútbol Sala para preparar o Campionato de España de Seleccións sub 17 Feminino de Fútbol Sala que se vai disputar en Burela, en Viveiro e en Foz e que ven de anunciar a Real...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 18 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, no que tomarán a palabra os autores do volume Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo.
Segundo os organizadores “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio é unha investigación histórica sobre o roubo do Pazo de Meirás pola familia do ditador Francisco Franco, sinalando os procedementos seguidos para facerse irregularmente coa propiedade e as presións para obrigar, mediante sancións económicas, ás galegas e galegos a achegar os fondos para o mesmo”.
E engaden que “o volume achega ao tempo un estudo sobre a represión económica no franquismo, facendo un percorrido por casos semellantes aos do Pazo de Meirás ao longo da xeografía galega así como das...
leer másO 28 de xaneiro terá lugar o primeiro andareiro do ano, organizado por Sendeiros de Foz. A ruta será por Pena Abaladoira - Fervenza Escouridal.
Segundo os organizadores “trátase dunha ruta espectacular por terras de Alfoz, onde veremos unhas xoias que temos por estos lares moi pouco valoradas como a Fraga da Moradoira, a Pena Abaladoira, a Pena das Banzas, a Fervenza Escouridal, todo nas estribacións da Serra do Xistral”.
A saída será o 28 xaneiro, domingo, ás 8:45h do Concello. O prezo para os socios federados será de 20 euros, para os socios non federados 25 euros e para os non socios 30 euros. Inclúe o xantar.
O derradeiro día para anotarse será o 24 de xaneiro. Pódese facer a través dos seguintes números de teléfono 676 561 594, Nelli – 670 369 017, Morís ou no correo electrónico...
leer másAs tarxetas para participar na cea de coroación do rei do Entroido de Foz poderán retirarse a partir do vindeiro martes, día 16, desde as nove da mañá na Delegación de Cultura do Concello focense.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o próximo martes, día 16, ábrese o prazo para retirar as tarxetas para a cea de coroación do rei do Entroido, que se celebrará o día 27 deste mes na Sala Bahía. Poderanse retirar en días sucesivos ata o remate das prazas na Delegación de Cultura por parte dunha persoa responsable da mesa, previo pago das tarxetas. Non se reservarán telefonicamente nin por outro medio. O prezo será o mesmo que os anos anteriores, 25 euros por persoa”.
Ánxel Paleo engadiu que “a cea estará amenizada por Disco Moraima e dende a organización agradecemos que todos os asistentes acudan...
leer másA Librería Bahía, de Foz, en colaboración co club de lectura de A Pomba do Arco, organizan este xoves 11 de xaneiro, a presentación da última novela de Lionel Rexes, A raíña das velutinas. O acto comezará ás 20:30 horas.
No club de lectura de A Pomba do Arco leron esta novela e agora celebran un coloquio co autor na librería aberto a todo o público.
O escritor alfocés Lionel Rexes recibíu o Premio Lueiro Rey de Novela por esta obra publicada por Xerais en outubro de 2017. A narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016. O autor participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos, e a partires desa experiencia, comezou a redactar a novela.












