Foz
O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 5 ceas, para dúas persoas cada unha, na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 7 ao 14 de febreiro. Aquelas persoas que realicen as súas compras destas datas nos establecementos asociados ao CCA focense participarán en dito sorteo, que se realizará o 20 de febreiro a partir das 13:00 horas a través de Radio Foz.
Desde a directiva de ACIA/CCA de Foz animan a realizar as compras de San Valentín nos establecementos da localidade “porque o comercio fai pobo” e recomendan que “os clientes dos nosos asociados e asociadas utilicen os puntos acumulados coa tarxeta do comercio de Foz para os descontos”.
Ademais para celebrar San Valentín o Centro Comercial Aberto de Foz organiza a 8ª Festa da Cociña Afrodisíaca. Do 11 ao 14 de febreiro os doces afrodisíacos...
leer másO concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, destaca o interese deportivo e turístico que terá para A Mariña a celebración do Campionato de España de Seleccións Sub17 de Fútbol Sala Feminino, que se disputará en Burela, Foz e Viveiro do 7 ao 11 de febreiro. Hoxe tivo lugar a presentación deste evento deportivo no salón de pleno do Concello burelés.
Fernández Rey contou que “tivemos a presentación no salón de plenos do Concello de Burela do Campionato de España Feminino Sub17 de Fútbol Sala Feminio. Queremos agradecer, en primeiro lugar, á Federación Galega de Fútbol que se acordara de Burela para este tipo de competicións, que para min, como concelleiro de Deportes, e para o equipo de goberno son prioritarias, sobre todo as competicións de deporte base, como é este caso. O ano pasado xa apostamos polo campionato de baloncesto. E máis...
leer másA antiga escola de Fazouro acolle este sábado, día 3, ás 20:00 horas unha representación teatral a cargo do grupo O Centiño, de San Martiño, que ofrecerá a obra titulada Zume de Amorodios. A entrada é gratuíta.
Esta actividade, que forma parte do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias, está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e agrupación A Adala, de Fazouro.
O grupo de teatro do colectivo cultural Ollomao presenta este sábado, 3 de febreiro, en Foz a obra Enciclopedia Álvarez. Esta representación terá lugar na Sala Bahía ás 20:00 horas, e o prezo da entrada é de 3 euros.
Enciclopedia Álvarez é unha peza teatral que se achega en clave de humor á realidade da escola franquista, tomando o seu título dun dos máis célebres libros de texto deste período, a Enciclopedia Álvarez. A obra ven ser un exercicio de memoria histórica sinalando os aspectos máis regresivos dun modelo educativo destinado a reproducir o corpo de valores e o proxecto social da ditadura. A montaxe non fica no teatro de tese senón que no seu ritmo e estilo achégase á comedia introducindo elementos de contemporaneidade.
A representación, organizada pola asociación cultural A Pomba do Arco, é resultado dun...
leer másTras o éxito da cea de coroación do Rei do Entroido focense a festa continúa o xoves, 8 de febreiro, coa celebración do Xoves de Comadres nunha cea-baile no Restaurante Leytón ás 21:30 horas, organizada por AFFAMER e a Asociación de Amas de Casa de Foz.
O venres, 9 de febreiro, terá lugar o Pregón do Entroido 2018 a cargo de Fálame Sempre. Será na Sala Bahía ás 20:00 horas. De seguido desenvolverase o Concurso de Coplas a partires das 20:30 horas tamén na Sala Bahía.
O sábado, 10 de febreiro, ás 10:00 horas será o fogonazo e durante todo o día actuará Perkusiona Escolas de Batukada. Ás 17:00 horas dará comezo o Desfile de Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. Ao remate haberá unha chocolatada no Campo da Cabana. Ás 23:30 horas terá lugar un Gran Baile na Sala Bahía coas orquestras Gran...
leer másA Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dos campionatos de baristas que celebrará o IES de Foz entre os días 21 e 23 de febreiro.
Trátase da undécima edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, e da sexta edición tanto do Campionato Internacional de Cata de Cafés das Escolas de Hostalería como do Campionato Internacional de Baristas Profesionais.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, o director do centro, Nicolás Asensio, e o profesor encargado da coordinación dos certames, José Ríos, entre outros.
Este sábado, 3 de febreiro, ás doce da mañá, estará na Librería Bahía o músico Magín Blanco presentando o seu último traballo “Camiños”.
Trátase dun libro disco para público infantil. As ilustracións son de Leandro Lamas. O libro, ademais das letras das cancións e as ilustracións de Leandro Lamas, inclúe textos –contos e poemas- de escritores da talla de Ledicia Costas, Antonio García Teijeiro, Anxos Sumai, María Lado, Victor Freixanes, Francisco Castro, Paula Carballeira, Marta Somoza e Carlos Meixide. Todos eles autores de primeira liña da literatura galega infantil e tamén de adultos.
Os textos complementan as letras das cancións e danlle unha dimensión literaria importante a este traballo de Magín Blanco.
A décimo primeira edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, que organiza cada ano o Instituto de Educación Secundaria (IES de Foz) celebrarase nesta ocasión do 21 ao 23 de febreiro. Este evento será presentado en Lugo o vindeiro martes, día 30 deste mes, e na vila focense o 8 de febreiro.
O director do IES focense, Nicolás Asensio, anunciou hoxe que a presentación na capital da provincia desenvolverase no edificio administrativo da Xunta de Galicia o vindeiro martes, día 30, ás doce do mediodía e incluirá unha demostración barista e degustación de cafés, actividades que tamén haberá no acto que se celebrará en Foz o 8 de febreiro, xoves.
Para a organización do décimo primeiro Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería o IES focense conta coa colaboración da...
leer másA biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca a décimo sétima edición do certame de poemas de amor. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto.
As bases son as seguintes:
1) Poderán participar todas as persoas que o desexen en tres modalidades: Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de 13 a 18 anos) e Adultos (de 19 anos en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberá acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá: nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas...
A empresa Canguro Express acaba de abrir as súas portas en Foz, concretamente nas galerías comerciais Naray, que están na Avenida da Mariña, número 27, e na web www.canguroexpress.es. Trátase dun buscador de emprego para o fogar, que ofrece os servizos de coidado de nenos e maiores, limpeza e tarefas do fogar e coidado de mascotas.
O propietario e xerente desta empresa, Daniel Villarino Pena, di que “Canguro Express é unha axencia de traballo temporal especializada no fogar”.
Daniel Villarino detalla que “ten catro categorías: coidado de nenos, coidado de persoas adultas dependentes, tarefas do fogar e mascotas”.
O responsable de Canguro Express explica que “basicamente o que facemos é enlazar xente que quere traballar nese sector con aqueles...
leer más












