Foz
O Concello de Foz colabora na celebración das segunda edición das Xornadas de Pesca con señuelos que, organizadas pola asociación A Ribeira, terán lugar os días 14 e 15 deste mes. O evento foi presentado no peirao focense.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou: “estamos no porto de Foz colaborando coa asociación A Ribeira, que organiza as II Xornadas de Pesca con señuelos os próximos 14 e 15 de abril. Son as segundas xornadas e, despois do éxito das primeiras, entendo que a xente xa se preparara e xa fixera a súa reserva, pois son moitos os afeccionados á pesca deportiva nesta zona. É un dos primeiros eventos deste tipo que se fai na Mariña. Está ben organizado e con moita profesionalidade, polo que desde o Concello só nos queda felicitar por esa organización á asociación A Ribeira”.
O rexedor focego...
leer másA Delegación de Cultura e Educación do Concello de Foz organiza para mañá venres, 6 de abril, unha charla sobre cómo se fai unha previsión do tempo para a Televisión de Galicia. Correrá a cargo da xornalista de O Tempo da TVG Mabel Montes e será no Cenima a partir das 11:15 horas. Ten como destinatarios aos alumnos e alumnas de 1º da ESO dos colexios Martínez Otero, O Pilar e o IES de Foz. Ademais o vindeiro día 13 inaugurarase unha exposición en homenaxe a Pepe de Burón, artesán de Mañente, ás oito da tarde na Casa da Cultura.
O concelleiro de Cultura e Educación en Foz, Ánxel Paleo, anuncia: programamos para este venres, día 6 de abril, unhas charlas informativas sobre como se fai unha previsión do tempo. Están dirixidas aos alumnos de 1º da ESO do colexio Martínez Otero, do colexio do Pilar e do IES de Foz. A duración será de dúas horas...
leer másNa Librería Bahía celebrarán o día do libro infantil este sábado, 7 de abri,l ás 12 da mañá.
Desde este establecemento sinalan que “farémolo cunha actividade moi interesante que vai levar a cabo Munia Quiroga, escritora e ilustradora de contos infantís, da veciña Asturias, en concreto de Xixón”.
Munia Quiroga, que asina a súa obra como Nelo Polichi, vai presentar o seu conto Cuando las grullas bailaron swing e a continuación fará un obradoiro de ilustración coas nenas e nenos que asistan á actividade.
Desde Librería Bahía explican que “Munia traballa con todo tipo de material, ademais dos máis convencionais como pinceis, usa bastoncillos, corchos, algodón, pinzas da roupa, palillos de madeira, rodillos de amasar, rodas de cortar pizza, lá, etc. Desenvolve os seus obradoiros sobre todo en Asturias. Están...
leer másTras la celebración de 5 ediciones anteriores la organización del Tentacle Summer Fest cierra un ciclo y prepara para este verano una nueva edición con multitud de novedades.
En primer lugar la fecha, adelantan en esta ocasión su celebración habitual de mediados de Agosto al último fin de semana de Julio. Exactamente será la jornada del sábado 28, en un fin de semana que se espera de gran afluencia en la zona de A Mariña Lucense, por su proximidad con el festivo 25 de Julio, día de Santiago Apostol.
Se mantendrán el formato como evento de 1 dia, la ya consolidada sesión vermú con la participación de una banda en directo, la zona infantil para el disfrute de los más pequeños y a todo esto se le añadirá el “área pícnic”. En todas las ediciones celebradas hasta el momento se realizaba un paréntesis entre las sesiones...
leer másAs dúas oficinas de turismo do Concello de Foz, situadas no Cenima e na basílica de San Martiño, teñen horario especial durante esta Semana Santa. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salienta a grande afluencia de visitantes que hai estes días e a boa acollida que están a ter as novas instalacións de A Mariña Virtual.
O rexedor anunciou que “as dúas oficinas de turismo do Concello de Foz, concretamente a que temos no Cenima, actualmente tamén sede de A Mariña Virtual, e a que hai na basílica de San Martiño, están abertas esta semana practicamente todos os días. A oficina de turismo do Cenima abre de luns a sábado en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Na oficina de turismo da basílica de San Martiño o seu horario amplíase de martes a sábado de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20 horas; e os domingos tamén abre pola mañá de 10:30 a 13...
leer másA praza Conde de Fontao, de Foz, acollerá un mercado de artesanía esta Semana Santa, concretamente desde o xoves, 29 de marzo, ata o domingo, 1 de abril.
É a primeira edición deste evento, que organiza o Concello de Foz e no que haberá unha vintena de postos nos que se exporán e se porán a venda diferentes produtos artesáns.
Ademais haberá espectáculos de maxia e inchables.
La UNED-Aula Universitaria de Foz organiza cuatro cursos durante los meses de abril, mayo y junio. Fueron presentados por el alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, y la coordinadora del centro, Fuensanta Otero Beltrán.
El curso de Arduino I tendrá dos sesiones, el 9 y el 16 de mayo de 16:30 a 20:30 horas, y se podrá hacer tanto presencialmente como por streaming, al igual que el de Arduino II, que también tendrá dos sesiones, el 13 y el 20 de junio de 16:30 a 20:30 horas.
La actividad formativa sobre animación sociocultural para la tercera edad se realizará el 9 y el 16 de mayo de 17 a 21 horas. Este curso se desarrollará presencialmente y tendrá formato de dos clases presenciales y 17 horas de trabajo on line.
El curso de Buceo OWD y Técnicas de muestreo Subacuático (2ª edición) se...
leer másO mércores, 28 de marzo, inaugurase en Foz a quinta edición da Semana das Artes Plásticas da Mariña.
O Cenima de Foz acollerá no seu escaparate 33 obras que son as últimas creacións de 23 artistas mariñáns. Esta mostra é un acto máis encadrado na homenaxe ao escultor Juan Puchades Quilis ao que a asociación cultural Tá en Artes dedica este ano 2018. Máis de 1600 alumnos/as e 80 profesores visitarán a exposición que contará con dúas profesionais da arte para facer as visitas guiadas.
A mostra permanecerá aberta ata o 10 de maio en horario laborable de 10:00 a 13:00 horas, e de 18:00 a 20:00 sábados e festivos.
Colaboran coa celebración deste encontro cultural a Mancomunidade de Municipios da Mariña, a Deputación Provincial que subvenciona os 500 catálogos que recollen a mostra, e o...
leer másA programación da Semana Santa de San Martiño, organizada pola Confraría do Desencravo coa colaboración do Concello de Foz, comeza este sábado co pregón a cargo de Ramón Otero Couso, cóengo da catedral de Mondoñedo e párroco da concatedral de Ferrol. Dentro das actividades inclúense os concertos da Semana de Música Xosé Alonso, que cumpre a súa décimo quinta edición.
Na presentación dos actos participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen destacou que “esta Semana Santa rural, tan coñecida e vinculada a un dos eixos do noso patrimonio como é a basílica de San Martiño de Mondoñedo, que é a catedral máis antiga de España, loxicamente faina especial. Ademais os numerosos actos relixiosos que se organizan durante todos estes días estarán acompañados coas actividades da Semana de Música Xosé Alonso”.
O...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz realizará o 7 de abril unha andaina solidaria por Mondoñedo.
Esta andaina está promovida polo club Toxiza en Mondoñedo, e os fondos recollidos irán destinados á asociación Síndrome de Fires. O donativo dos participantes é de 6 euros, o autobús é de balde. O ingreso debe facerse en conta bancaria e o prazo é ata o mércores 4 de abril.
As inscricións poden facerse nos teléfonos 676 561 594 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es
A saída será o sábado 7 de marzo, ás 15:00 horas, do Concello de Foz. A ruta ten unha lonxitude de 8 quilómetros e é fácil para que poida ir toda a familia. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo.












