Foz

Etiquetas:
15/03/2018

O día 21 de marzo celébrase o día da poesía. Na Librería Bahía vano celebrar este sábado, día 17, ás doce da mañá, cunha sesión de Familias que contan entorno ao libro “Poemar o mar”, de Antonio García Teijeiro. 

As encargadas desta sesión srán a libreira Cielo Fernández e a súa filla, Agua Menacho.
Antonio García Teijeiro recibiu por este libro o premio nacional de literatura infantil o ano pasado, isto quere dicir, que este premio recaeu nun libro galego, e ademais nun libro de poesía, o que da idea da calidade deste libro. 

“Achegar a poesía aos pícaros e facelo de xeito divertido e lúdico é o que pretendemos con esta nova sesión de Familias que Contan dedicada nesta ocasión á poesía”, explican desde Librería Bahía. 

 

Etiquetas:
15/03/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco de Foz organiza o 22 de marzo a presentación do volume A rebeldía galega contra a inxustiza.

O acto terá lugar ás 20:30 horas na Libraría Bahía de Foz, e nel participarán o coordinador do traballo, Xosé Ramón Ermida Meilán, o presidente de Sermos Galiza, Xoan Costa, e Xoan Ramón Fernández Pacios.

A publicación recolle a revolta acontecida en Foz en 1918, un levantamento social dirixido e protagonizado polas mulleres focegas, nun contexto marcado pola brutal epidemia de gripe que rematou coa morte de máis de 122 veciños da localidade, e dunha vaga de fame como consecuencia da alza dos prezos dos produtos de primeira necesidade.

A obra achega información sobre algunhas das razóns que favoreceron a extensión da epidemia de gripe, considerada como a...

leer más
Etiquetas:
09/03/2018

A décima edición da ruta cicloturista de montaña Pico da Lebre, que organiza o Club Ciclista Foz, celebrarase o día 1 de abril. Na presentación do evento participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

Desde a organización explican que “a décima ruta BTT Pico da Lebre contará con tres distancias para adaptarse a todos os ciclistas que desexen participar. As inscricións están abertas na web http://bttpicodalebre.galitiming.com. Está previsto que a ruta arranque ás 9:00 horas do día 1 de abril desde a praza Conde de Fontao, no porto de Foz. Desde aí todos os participantes rodarán polo paseo de Malates para ir adentrándose nas primeiras subidas que os levarán aos pés da capela do Santo, que será testemuña de luxo do paso dos ciclistas. Despois de gozar das baixadas do Pico da Lebre, na...

leer más
Etiquetas:
08/03/2018

O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 400 euros na súa campaña do Día do Pai, que se desenvolverá do 9 ao 19 de marzo. 

As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados ao CCA/ACIA de Foz do 9 ao 19 deste mes de marzo participarán no sorteo de catro vales de compra por valor de 100 euros cada un deles.

O sorteo realizarase a través de Radio Foz o día 22 de marzo.

O Centro Comercial Aberto de Foz continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo. Ademais incentiva o uso da tarxeta do comercio de Foz para aproveitar as vantaxes que ofrece.

A campaña do pai do CCA/ACIA de Foz estará presente nos locais...

leer más
Etiquetas:
06/03/2018

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 18 de marzo unha ruta por Seimeira-Forcón de Ríos na zona de Os Oscos, en Asturias.

A saída será ás 8:00 horas do Concello e para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 14 de marzo. Poden facerse as inscricións nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es 

O prezo é 22 euros para os socios federados, 27€ para os socios non federados e 32 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten unha dificultade media.

Colabora o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
05/03/2018

A Delegación de Muller do Concello de Foz levará a cabo unha campaña titulada Foz conciencia, non somos invisibles, con motivo da celebración do Día da Muller. A concelleira Mercedes González Alonso explica que “se trata de visibilizar o traballo da muller na ciencia”. A campaña consistirá no desenrolo de obradoiros con alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio que terán lugar na Casa da Xuventude mañá, martes, e o mércores. 

A concelleira sinala que “con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, dende a Concellería da Muller do Concello de Foz levamos adiante a campaña Foz conciencia, non somos invisibles. É un xogo de palabras co que queremos poñer de manifesto o papel das mulleres na ciencia, dar a coñecer as novas verdades científicas da historia, o seu traballo e o que tiveron que loitar para poder dar a coñecer a súa presenza...

leer más
Etiquetas:
28/02/2018
Do 3 ao 10 de marzo Maria Antonietta Santoro, cociñeira do restaurante Il Becco della Civetta, situado en Castelmezzano, na rexión de Basilicata (Italia) visitará A Mariña para impartir cursos de cociña típica do seu país no IES de Foz e aproveitará para coñecer a comarca e o tecido empresarial da zona ligado á hostalería.
 
Os responsables do IES de Foz explican que “esta visita está enmarcada dentro do Programa Erasmus+ KA102, financiado pola Unión Europea e que este ano conta como novidade coa posibilidade de traer a empresarios doutros países da comunidade a impartir formación a centros do noso país. O IES de Foz participa por segundo ano consecutivo nunha mobilidade á rexión de Basilicata, tanto de alumnado como de profesorado,  froito da cal xurdiu esta colaboración. Maria Antonietta Santoro...
leer más
Etiquetas:
26/02/2018

A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 3 de marzo, ás 20:00 horas o Festival dos Namorados, evento no que se entregarán os premios aos galardoados no XVII Certame de Poemas de Amor convocado pola biblioteca pública municipal focense.

No festival actuarán alumnos da Aula Moderna da Escola de Música de Foz e Felipe Sánchez.

Este evento está organizado pola biblioteca pública municipal de Foz e os patrocinadores son os restaurantes Xoiña, Rincón do Mis e Barrilete.

 

Etiquetas:
21/02/2018

Oito locais hostaleiros de Foz, socios do Centro Comercial Aberto, poñen en marcha unha ruta de viños e tapas, que se desenvolverá os xoves, venres e sábados desde o 22 de febreiro ata o 24 de marzo. 

Na cita participan: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña, establecementos situados nas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Cada local ofrecerá unha tapa especial ao cliente. E será cada un o que decida si por esa tapa cobra 1,50 euros. 

Para incentivar que a xente acuda á Ruta de Viños e Tapas os hostaleiros farán cinco sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartulinas. Cada semana haberá dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas...

leer más
Etiquetas:
18/02/2018

O venres, 23 de febreiro, ás 20:30 terá lugar na Libraría Bahía, de Foz, a presentación de “Galeguia”, unha traballo de Manuel Miragaia, no que percorre unha parte da historia de Galicia e as súas relacións con Portugal. 

O acto está organizado pola asociación A Pomba do Arco.