Foz

Etiquetas:
27/12/2017

O Mercado da Ilusión de Foz, que abriu onte á tarde, ten este ano unha nova situación, na avenida da Mariña. Conta con seis artesáns de Galicia, Asturias e León que se mostran moi satisfeitos pola novo lugar de celebración. Este mercado de Nadal estará aberto ata o 31 de decembro.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou onte que “onte, martes 26, comezou o Mercado de Nadal no concello de Foz, situado este ano na Avenida da Mariña. Son seis artesáns de diferentes puntos do norte: galegos, asturianos e leoneses”.

Javier Castiñeira salienta que “a nova situación é unha novidade para todos, moi preto de onde está ubicada tamén a árbore de Nadal, no centro da avenida da Mariña, na confluencia con Xoan Montes”.

O rexedor subliña que “os artesáns este ano están moi contentos e nos...

leer más
Etiquetas:
19/12/2017

A programación do Concello de Foz para este Nadal inclúe concertos, teatro, danza, a presentación dun libro, unha exposición e as visitas de Papá Noel e dos Reis Magos.

Este xoves, día 21, ás 21 horas na igrexa parroquial de Foz haberá un festival de Nadal a cargo dos conxuntos instrumentais e o coro infantil Peques da Escola de Música focense. Ao día seguinte, o venres 22, ás 20:30 horas e tamén na igrexa parroquial de Foz terá lugar outro festival de Nadal da Escola de Música local, neste caso a cargo dos alumnos de prebanda, coro infantil, coro xuvenil e a orquestra de jazz. Nesa mesma xornada do venres e tamén o sábado 23 haberá unha recollida de cartas dos nenos e nenas para Papá Noel. Para iso os seus elfos estarán na casiña de Papá Noel instalada diante da Casa do Concello de 12:00 a 13:00 horas e tamén percorrerán varias rúas da...

leer más
Etiquetas:
14/12/2017

Foi presentada a segunda edición da Run Foz Run Nadal, que terá lugar o día 24 deste mes. Participaron no acto  Manuel Eiras e Marcos Loureiro, do Club Atletismo Ría de Foz, e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

Na presentación explicaron que “na proba haberá diferentes categorías para que todas as persoas que o desexen poidan participar, desde pícaros ata veteranos C. Tanto a saída como a meta será a Praza Rosalía de Castro e a distancia para a carreira absoluta será de 5 quilómetros. A primeira saída será ás 16:30 horas para a categoría dos/as máis pequenos/as e a absoluta iniciarase ás 17 horas”.

Tamén comentaron que “o ano pasado a participación superou todas as expectativas e agardamos que este ano se sumen máis a esta tarde de deporte con gran ambiente festivo, antes de sentarse á mesa coa familia”.
 ...

leer más
Etiquetas:
14/12/2017

Na Librería Bahía van celebrar o Nadal este domingo, día 17 de decembro, ás doce da mañá cunha sesión de Familias que contan.

“Nesta ocasión serán Marietta Tornamira e o seu fillo Luis Carballada os que nos traerán O CONTO DE NADAL de Charles Dickens. Marietta e Luis prepararon unha versión infantil deste clásico de Dickens para achegalo ás pícaras e aos pícaros máis pequenos”, explicarn desde a Librería Bahía.

Familias que contan é unha iniciativa da Librería Bahía que está tendo unha gran acollida tanto de participantes coma de público, na que son as propias familias as que preparan –xunto coa libreira- unha sesión de contos aberta para todos os que queiran a chegarse á librería e participar dela.

 

Etiquetas:
13/12/2017

O cuarteto de arpas Lulavai ofrecerá un concerto especial de Nadal este sábado, día 16, ás 19:30 horas na Sala Bahía, de Foz. Esta actuación, con entrada gratuíta, forma parte da programación cultural do Concello de Foz para este mes de decembro. 

O departamento de Cultura do Concello de Foz explica que “Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman Lulavai, un insólito cuarteto no que o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces dan vida a unha formación única que fai a delicia dos espectadores. Temas de composición propia, sen perder o referente da música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz, … darán forma a este concerto de orixinais e evocadores sons”.

 

Etiquetas:
05/12/2017

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos,a Concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto, o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, e o Director Territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez Álvarez, presentaron este martes Merca e Gaña polo Nadal. É a campaña de sensibilización e visibilización cidadáque promove a Deputación a través de todos os colectivos que integran a Federación de Comercio de Lugo, e coa quecolabora o Concello na capital, co obxectivo de promover as compras nos máis de 5.500 establecementos de toda a provincia. Faino con distintos soportes promocionais e premios de ata 10.000 euros para reinvestir nos comercios. 

Merca e Gaña polo Nadal desenvolverase dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Durante estas datas, ademais de incentivar as compras no comercio local con material...

leer más
Etiquetas:
05/12/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz colocará o sábado 16 de decembro o seu Belén de Cumes no pico da Frouxeira.

A saída será o sábado ás 9:00 horas do Concello de Foz.

Esta actividade é gratuíta, está incluído o seguro de accidentes, pero para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 13 de decembro.

As persoas interesadas poden apuntarse a través dos números de teléfono 676 561 594 (Nelli) e 670 369 017 (Moris).

Os organizadores suxiren aos participantes que leven figuras para facer máis grande o belén.

O Concello de Foz colabora con esta actividade.

 

Etiquetas:
01/12/2017

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz sortea 1.000 euros en vales de compra entre os clientes que compren do 15 ao 24 de decembro nos 44 establecementos que participan nesta campaña. O colectivo empresarial focense tamén organiza un concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates.

O sorteo dos 1.000 euros en vales de compra (un de 500 euros e cinco de 100 euros) será o día 27 deste mes ás doce do mediodía en directo en Radio Foz. Os 44 establecementos que participan nesta campaña son os seguintes: 8 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou, Alba Vila Centro de Dietética y Nutrición, Bombonería Pastelería Amarena, Calzados Pirde, Calzados Pirde Oulet, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Dechocolate con Churros, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos...

leer más
Etiquetas:
28/11/2017

A programación cultural de Foz para o vindeiro mes de decembro empeza este sábado, día 2, cun espectáculo infantil na Sala Bahía e dúas representacións de teatro afeccionado, unha  en Marzán e a outra en Nois.

O espectáculo infantil titulase Vamos de paseo e é un tributo aos pallasos da tele. Será este sábado ás 12 do mediodía na Sala Bahía e o prezo da entrada é de 7 euros. O mesmo día ás 19:30 horas na antiga báscula de Marzán haberá unha representación do Ciclo de Teatro Afeccionado nas Parroquias. A compañía A Adala, de Fazouro, porá en escena a obra O que hai que ver ao volver. E ás 20:00 horas no centro social A Saira, de Nois, a agrupación Pico do Castro, de Foz, ofrecerá a obra A miña muller volveu. Para estas representacións a entrada é gratuíta.

A programación continuará o día 9, sábado, cunha...

leer más
Etiquetas:
27/11/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta para o sábado 9 de decembro que discorrerá polo coñecido Fuciño do Porco.

A saída será ás 8:00 horas do Concello, o nivel de dificultade do percorrido é medio, e recomendase levar equipo de sendeirismo.

O prezo é 25 euros para os socios federados, 30€ para os socios non federados e 35 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

É obrigatorio anotarse e o prazo remata o martes 5 de decembro. As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

O Concello de Foz colabora con esta actividade.