Foz
O grupo de teatro do colectivo cultural Ollomao presenta este sábado, 3 de febreiro, en Foz a obra Enciclopedia Álvarez. Esta representación terá lugar na Sala Bahía ás 20:00 horas, e o prezo da entrada é de 3 euros.
Enciclopedia Álvarez é unha peza teatral que se achega en clave de humor á realidade da escola franquista, tomando o seu título dun dos máis célebres libros de texto deste período, a Enciclopedia Álvarez. A obra ven ser un exercicio de memoria histórica sinalando os aspectos máis regresivos dun modelo educativo destinado a reproducir o corpo de valores e o proxecto social da ditadura. A montaxe non fica no teatro de tese senón que no seu ritmo e estilo achégase á comedia introducindo elementos de contemporaneidade.
A representación, organizada pola asociación cultural A Pomba do Arco, é resultado dun...
leer másTras o éxito da cea de coroación do Rei do Entroido focense a festa continúa o xoves, 8 de febreiro, coa celebración do Xoves de Comadres nunha cea-baile no Restaurante Leytón ás 21:30 horas, organizada por AFFAMER e a Asociación de Amas de Casa de Foz.
O venres, 9 de febreiro, terá lugar o Pregón do Entroido 2018 a cargo de Fálame Sempre. Será na Sala Bahía ás 20:00 horas. De seguido desenvolverase o Concurso de Coplas a partires das 20:30 horas tamén na Sala Bahía.
O sábado, 10 de febreiro, ás 10:00 horas será o fogonazo e durante todo o día actuará Perkusiona Escolas de Batukada. Ás 17:00 horas dará comezo o Desfile de Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. Ao remate haberá unha chocolatada no Campo da Cabana. Ás 23:30 horas terá lugar un Gran Baile na Sala Bahía coas orquestras Gran...
leer másA Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dos campionatos de baristas que celebrará o IES de Foz entre os días 21 e 23 de febreiro.
Trátase da undécima edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, e da sexta edición tanto do Campionato Internacional de Cata de Cafés das Escolas de Hostalería como do Campionato Internacional de Baristas Profesionais.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, o director do centro, Nicolás Asensio, e o profesor encargado da coordinación dos certames, José Ríos, entre outros.
Este sábado, 3 de febreiro, ás doce da mañá, estará na Librería Bahía o músico Magín Blanco presentando o seu último traballo “Camiños”.
Trátase dun libro disco para público infantil. As ilustracións son de Leandro Lamas. O libro, ademais das letras das cancións e as ilustracións de Leandro Lamas, inclúe textos –contos e poemas- de escritores da talla de Ledicia Costas, Antonio García Teijeiro, Anxos Sumai, María Lado, Victor Freixanes, Francisco Castro, Paula Carballeira, Marta Somoza e Carlos Meixide. Todos eles autores de primeira liña da literatura galega infantil e tamén de adultos.
Os textos complementan as letras das cancións e danlle unha dimensión literaria importante a este traballo de Magín Blanco.
A décimo primeira edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, que organiza cada ano o Instituto de Educación Secundaria (IES de Foz) celebrarase nesta ocasión do 21 ao 23 de febreiro. Este evento será presentado en Lugo o vindeiro martes, día 30 deste mes, e na vila focense o 8 de febreiro.
O director do IES focense, Nicolás Asensio, anunciou hoxe que a presentación na capital da provincia desenvolverase no edificio administrativo da Xunta de Galicia o vindeiro martes, día 30, ás doce do mediodía e incluirá unha demostración barista e degustación de cafés, actividades que tamén haberá no acto que se celebrará en Foz o 8 de febreiro, xoves.
Para a organización do décimo primeiro Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería o IES focense conta coa colaboración da...
leer másA biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca a décimo sétima edición do certame de poemas de amor. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto.
As bases son as seguintes:
1) Poderán participar todas as persoas que o desexen en tres modalidades: Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de 13 a 18 anos) e Adultos (de 19 anos en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberá acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá: nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas...
A empresa Canguro Express acaba de abrir as súas portas en Foz, concretamente nas galerías comerciais Naray, que están na Avenida da Mariña, número 27, e na web www.canguroexpress.es. Trátase dun buscador de emprego para o fogar, que ofrece os servizos de coidado de nenos e maiores, limpeza e tarefas do fogar e coidado de mascotas.
O propietario e xerente desta empresa, Daniel Villarino Pena, di que “Canguro Express é unha axencia de traballo temporal especializada no fogar”.
Daniel Villarino detalla que “ten catro categorías: coidado de nenos, coidado de persoas adultas dependentes, tarefas do fogar e mascotas”.
O responsable de Canguro Express explica que “basicamente o que facemos é enlazar xente que quere traballar nese sector con aqueles...
leer másO alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo hoxe un balance moi positivo da Festa do Chícaro, que se celebrou este pasado fin de semana, e anuncia que o Concello xa está en modo Entroido. Este sábado, día 27, terá lugar a cea de coroación á que asistirán máis de 750 persoas. Esta afluencia de público obrigou a ampliar a carpa, que contará con seguridade nas tres portas de acceso á mesma, e os asistentes disporán ademais dunha pulseira identificativa para evitar a entrada de persoas alleas ao evento. Outra das novidades será a edición dun vaso exclusivo do Entroido, que se porá á venda ao prezo de 1 euro.
O rexedor municipal manifestou: “estamos moi contentos de como está indo o mes de xaneiro no noso concello. Unha vez rematada a Festa do Chícaro o balance é moi positivo, esgotáronse as existencias que tiña previstas a organización e...
leer másA Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega”, no que tomará a palabra o autor do volume Xosé Ramón Veiga Alonso.
“A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega” é unha investigación histórica sobre as décadas finais da antiga provincia de Mondoñedo, concretamente entre 1780 e 1833, reparando nos feitos históricos de máis relevo, como poden ser a guerra do francés, o trienio liberal ou os anos finais do goberno de Fernando VII.
O volume achega nova e descoñecida información sobre as localidades da comarca nese período, sendo o seu autor, o investigador focego Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor da USC, é un dos mais destacados investigadores do...
leer másA Festa do Chícaro, que se celebrará este fin de semana, foi presentada en Foz cun acto no que participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro do Mar, Pedro Fernández Manín; e o pregoeiro do festexo, o escritor e poeta focense Paco Rivas.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro delegado de Mar, Pedro Fernández Manín, destacou que este evento “está considerado como a primeira festa gastronómica do ano en Galicia” e explicou que “a programación comezou con charlas e proxeccións nos colexios de Primaria de Foz a cargo de Suso de Breogán, unha persoa que ten fotografías e coñece como era Foz nos anos 50 e o que é na actualidade. Ademais hoxe, xoves, no salón de actos da Casa da Cultura houbo unha charla sobre o marisqueo e a acuicultura en Galicia impartida por Susana Novo Vázquez e Justa Ojea Martínez, doutoras en Bioloxía...
leer más