Foz
Chega a fin de semana sen IVE a máis dunha trintena de establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. Os días 22 e 23 de xuño, venres e sábado, aquelas persoas que fagan as súas compras nos locais participantes nesta campaña obterán descontos especiais.
Desde o Centro Comercial Aberto recomendan consultar as promocións en cada establecemento. “Chega o verán e é un bo momento para aproveitar esta campaña e así facerse con aquelas prendas de tempada a prezos máis económicos nos comercios do noso pobo”, explican desde ACIA/CCA de Foz e insisten en que “o comercio fai pobo e niso debemos seguir pensando sempre, en todas as épocas do ano”.
Esta campaña chega uns días antes da 5ª Festa Vintage, que se celebrará a finais deste mes de xuño. O Centro Comercial Aberto de Foz está a ultimar os...
leer másO Espazo Caritel, situado na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, anuncia a súa apertura co novo horario de verán.
O Espazo Caritel estará aberto de 11:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. O horario dos festivos é de 11:30 a 14:00 horas, e os luns permanecerá pechado.
O proxecto segue apostando polas interferencias que se establecen entre a Arte Contemporánea e a Botánica, tratando de incidir no desenvolvemento sostible da contorna.
Tanto a sala de exposicións como o xardín incorporan novos elementos e novidades que enriquecen o percorrido.
A visita segue a ser guiada e pretende achegar, a todo tipo de público, estes dous aspectos tan necesarios para o ser humano: Arte e Natureza.
As tarifas son 3 euros para adultos, e...
leer másA Delegación de Xuventude do Concello de Foz organiza a XI edición do Campus de Patinaxe Artística que terá lugar dos días 25 ao 29 deste mes de xuño. Na presentación, que tivo lugar hoxe na Casa da Xuventude, estiveron o alcalde focense, Javier Castiñeira; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero Méndez; o presidente da asociación Escolas do Deporte, Ibán García; e a directora do Campus, Rebeca García.
O campus celebrarase, unha vez máis , nas instalacións do CEIP O Cantel, onde os nenos e nenas gozarán da patinaxe artística e de actividades complementarias en horario de 10:30 a 19:30 horas. Entre outras actividades complementarias haberá paseos en kaiaks, excursións, xogos tradicionais, inchables e xogos na praia.
Este campus está dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos de...
leer másA Delegación de Medio Rural do Concello de Foz organiza para este domingo, 17 de xuño, a feira anual de gando cabalar e vacún de A Espiñeira, na parroquia de Vilaronte. Haberá carreiras de cabalos con novidades nos premios e xuíces titulados, actuacións de grupos folclóricos e sesión vermú.
O concelleiro de Medio Rural en Foz, Pedro Fernández Manín, anuncia que “o vindeiro domingo, 17 de xuño, celébrase a tradicional feira anual de gando cabalar e vacún no barrio de A Espiñeira, na parroquia de Vilaronte”.
Fernández Manín lembra que “esta feira foi recuperada no ano 1998 por parte dos veciños e despois de vinte anos segue o Concello organizando esta feira. É un evento emblemático polo punto onde se celebra e é unha feira de toda a vida. Desde o Concello queremos apoiar a todos aqueles que nos acompañan este día....
leer másFoz acollerá unha concentración de vehículos clásicos o vindeiro sábado, 16 de xuño, coa que colabora o Centro Comercial Aberto.
O programa de actividades dará comezo ás 9:30 horas coa inscrición dos vehículos participantes, que terá lugar na praia da Rapadoira. Ás 12:30 horas haberá unha degustación en locais da rúa Illa Nova e ás 13:30 horas iniciarán unha ruta por Ribadeo.
A xornada continuará co xantar que se celebrará no Parador de Ribadeo ás 14:30 horas. Os asistentes a esta concentración de Vehículos Clásicos realizarán unha ruta por Castropol, e a partires das 16:30 horas farán unha visita guiada pola localidade asturiana.
Ás 17:30 horas haberá un paseo en barco pola ría e ás 20:00 horas percorrerán o porto de Foz. O programa rematará ás 20:30 horas coa degustación duns pinchos...
leer másO Concello de Foz presentou actividades que o Ministerio de Defensa vai desenvolver na vila focense durante a vindeira semana. Haberá unha exposición no Cenima a partir do luns 18 de xuño, unha conferencia esa mesma xornada, sobre as misións no exterior das Forzas Armadas; e o día 22 terá lugar outra charla, neste caso sobre a muller nas Forzas Armadas. A exposición, que permanecerá ata o 25 de xuño, titúlase Misión Atalanta. Loita contra a piratería no Indico. A presentación, que tivo lugar este mediodía no Cenima, correu a cargo do alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e do Coronel de Infantería e Suddelegado de Defensa en Lugo, Carlos Boado Quijano.
O rexedor quixo “darlle a benvida ao coronel Boado, organizador desta exposición que presentamos hoxe. Estamos no Cenima, o lugar onde se vai facer esa mostra que organiza o Ministerio de...
leer másO alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asinou un convenio con Afundación, a obra social de Abanca, para expoñer no CENIMA unha mostra de obras do fotógrafo galego Manuel Valcárcel. Titúlase Auga. O sangue da terra e estará aberta ao público na vila focense do 4 ao 29 de xullo.
No acto para a firma do convenio, celebrado na Casa do Concello focense, estiveron a coordinadora da Área de Relacións Institucionais de Afundación, María Verónica Rego López; e o coordinador institucional de Abanca para Lugo e Ourense, Alberto López Sánchez.
A Delegación de Xuventude do Concello de Foz presenta o programa Aberto x Vacacións, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
A Concellería de Xuventude de Foz desenvolve un verán máis este programa que ofrecerá diversas actividades nas mañás de xullo e agosto, de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas.
O programa Aberto X Vacacións está dirixido a nenos/as con idades de 3 a 12 anos, nados entre 2006 e 2014, no caso dos nados en 2014 que fosen ao colexio.
O prazo de inscrición vai do 25 ao 29 de xuño e do 26 ao 31 de xullo, no caso de quedar vacantes para o mes de agosto. As prazas son limitadas, por orde de inscrición e rango de idade.
As persoas interesadas poden obter máis información na Casa...
leer másOs Sendeiros de Foz organiza unha ruta de encontro en Burela o 23 de xuño.
A saída será ás 9:30 horas da Praza de Galicia.
Para participar é necesario anotarse, o prazo remata o 20 de xuño. As inscricións poden facerse no e-mail ossendeiros@yahoo.es pode obterse máis información nos números de teléfono: 606 718 482 e 670 369 017.
O prezo é 10 euros para os socios federados, 15 euros para os socios non federados e 20 euros para os non socios. O ingreso debe facerse en conta bancaria.
A ruta ten un nivel de dificultade medio e a organización recomenda levar roupa de sendeirismo.
Colabora o Concello de Foz.
Mañá, 12 de xuño, ás 18:00 horas no CENIMA de Foz, terá lugar a inauguración da exposición dos centros escolares da Mariña que participaron no I Premio Juan Puchades Quilis, patrocinado polo Concello de Mondoñedo.
Esta exposición é a terceira das actividades programadas pola asociación Tá en Artes en homenaxe ao escultor mindoniense. Máis de 720 alumnos/as e 31 profesores/as levan traballando todo o curso partindo da idea da Escultura como referencia, e o patrimonio como resultado, a partires da figura de Juan Puchades Quilis.
Esta mostra presenta máis de 72 esculturas dos once centros escolares da Mariña. Permanecerá no CENIMA de Foz ata o 17 de xuño, e poderá visitarse en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 21:00 h.
Na clausura da exposición entregaranse os premios do 1º Certame...
leer más












