Foz
Este sábado, 17 de outubro, ás doce da mañá estarán na Librería Bahía As Maimiñas, nun concerto presentación do seu libro-disco "Unha viaxe polo mundo". Esta actividade está dentro do programa "Os venres nas librerías", que desenvolven a Federación de Libreiros e a Asociación Galega de Editores e apoia a Xunta de Galicia e na que participa Librería Bahía. A actividade é aberta.
Un novo grupo teatral vai nacer no concello de Foz. En concreto, na parroquia de San Martiño. Trátase do Grupo O Centiño, que o vindeiro 24 de outubro vai estrear a súa primeira obra, titulada "O caldeiro máxico". A estrea terá lugar no local que a veciñanza de San Martiño ten en Ferreiravella. Logo o grupo actuará, dentro do programa Buxiganga, nos concellos de Alfoz, Begonte e Ferreira de Pantón.