Foz
02/12/2015
A programación cultural para as vindeiras semanas en Foz ofrece unha actividade moi variada, dende teatro afeccionado a espectáculos benéficos pasando polos festivais de Nadal propios destas datas. A concelleira de Cultura focense, Silvia Blach, detallou esta mañá a axenda cultural do municipio ata o día 19 de decembro.
“O sábado, día 5 de decembro, temos coa organización de A Subela e o Concello de Foz un festival benéfico, de Anxo Moure, no que se vai falar dun tema para rapaces moi interesante: O Apalpador. É un concerto no que non cobramos entrada pero si pedimos que a xente traia un alimento non perecedoiro para colaborar co Banco de Alimentos de Foz”, explicou a concelleira. Será na Sala Bahía ás seis da tarde.
“O día 10 temos...
leer más 02/12/2015
O VII Trofeo Surf San Lorenzo celebrarse o vindeiro 5 de decembro na praia focense de Peizás, organizado polo Club Surfiños, entre as nove da mañá e as seis da tarde.
Haberá dúas categorías para os que desexen participar: unha aberta, a categoría Open, e outra Sub-16, para os menores de 16 anos. A inscrición custa 15 euros no primeiro caso e 5 no segundo. Os premios aos mellores surfistas entregaranse ás 20 horas no bar Namarinos de Foz e durante a xornada haberá sorteos e actividades musicais na praia.
Os que desexen máis información poden consultar a páxina de Facebook do Club Surfiños ou dirixirse ao teléfono 679214615.
26/11/2015
Este venres, 27 de novembro, ás oito e media da tarde, preséntase na Librería Bahía, en Foz, a novela “O coitelo de pedra fundida”, de Francisco Antonio Vidal.
Segundo explican desde Bahía “trátase dunha historia de misterio ambientada na época celta, na que se mestura a intriga e a crítica ao poder relixioso. O autor é asiduo colaborador en distintos medios da prensa diaria. E autor de novelas coas que acadou varios premios, como o Avilés de Taramancos ou o premio Concello de Viveiro no ano 2003, e tamén ten publicados ensaios nomeadamente sobre a figura de Manuel Murguía”.
18/11/2015
A concelleira de Cultura de Foz, Silvia Blach, deu conta esta mañá das actividades culturais das que poden gozar os veciños e visitantes do municipio durante os próximos días. Inclúen propostas como teatro, exposicións, un certame de postais de Nadal e a continuación das charlas médicas iniciadas o pasado xoves.
“Mañá, día 19, seguimos coas charlas médicas, que xa comezamos o xoves da semana pasada. É as 20 horas na Casa da Cultura e falaremos dos coidados ao final da vida, os coidados paliativos. Para iso imos ter á doutora Belén Fra e á enfermeira Mar Pérez, que nos falarán do que hai que facer. Teremos unha quenda de preguntas para que a xente poida formularllas aos facultativos e lles expliquen todas as súas dúbidas”, comentou a concelleira Silvia Blach.
... leer más 18/11/2015
ACIA/Centro Comercial Aberto de Foz ofrecerá os vindeiros 20 e 21 de novembro descontos especiais no comercio asociado e, ademais, non cobrará o IVE durante eses dous días en 21 comercios da vila. Paralelamente, haberá actividades gratuítas para os máis pequenos durante as dúas xornadas no Centro de Ocio Infantil Oz, das que poderán beneficiares os clientes do Centro Comercial Aberto. O 20 de novembro as tendas abrirán ata as 21:30 horas.
Os dous días sen IVE serán nos comercios: 100P’S Zapatería y Complementos, 5 Lobiños, Alain Afflelou Centro Óptico, Arrullos, A Y N Moda Íntima, Catorce Cero Catro Sneaker Shop, Darlintonia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Home Secret, Lencería Esther, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Lencería y Baño, María...
leer más 16/11/2015
ACIA/CCA de Foz organiza os días 20 e 21 de novembro unha degustación de castañas e cogomelos en 25 locais de hostalaría da vila. A cita é unha boa ocasión de gozar de dous produtos típicos de temporada en bares e restaurantes locais en distintas receitas.
Na degustación participan os seguintes locais focenses: A Bolera, A Funcional, A Soalta, A Viela, Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Cafetería May Ross, Café-Pastelería Anduriña, Café-Restaurante Costumes do Mar, Café-Restaurante Dandy, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hostal O Norte, Hotel-Restaurante Leytón, Marexada, Mesón Pulpería O Paseo de Foz, Namarinos, O Muelle, O Náutico, O Tangarte Mariñeiro, O Tangarte Mesón, Pizzería Xoíña, Restaurante Fina e Xoyma.
O...
leer más 11/11/2015
Este venres, 13 de novembro, celébrase o Día das Librerías. “Con esta conmemoración as libreiras e libreiros queremos destacar o papel que xogan as pequenas librerías no desenvolvemento cultural e social da comunidade á que pertencen”, sinalan desde Bahía.
E engaden que “todas as librerías que nos acollemos á celebración abriremos as nosas portas ata as 10 da noite e faremos un desconto do 5% en tódolos libros durante todo o día”.
Desde a Librería Bahía subliñan que “ademais celebrarémolo cun concerto-presentación do libro disco infantil Un conto ao revés, do grupo Chuches a mil. Será o sábado, 14 de novembro, ás 12 da mañá”.
11/11/2015
O Concello de Foz ofrece unha axenda cultural chea de actividades para os vindeiros días. Silvia Blach, concelleira de Cultura, explicou hoxe as diversas propostas das que poderán gozar os veciños, nas que destaca o cine, a música, as conferencias médicas e o ocio infantil.
“Para este mes temos convocados varios concursos: o primeiro é o de postais de Nadal, para que todos os nenos participen debuxando algo sobre o Nadal e poden presentalo na Biblioteca ou na Casa da Cultura ata o 26 de novembro”, explicou a edil.
Outro dos certames en curso é o do Rei e Raíña do Entroido. Blach indicou que os interesados “teñen que presentar os seus datos, dúas ou máis fotos recentes e un pequeno escrito explicándonos o que queren facer cando sexan...
leer más 09/11/2015
A asociación Os Sendeiros, de Foz, ten previsto o seu próximo andareiro o vindeiro 6 de decembro polas Foces do Esva, en Valdés, Asturias. O grupo saíra ás 8 da mañá do Concello de Foz. Os interesados poden anotarse ata o 28 de novembro nos teléfonos 696 23 60 20 ou 670 36 90 17e tamén no mail ossendeiros@yahoo.es.
A ruta polas Foces do Esva, de gran fermosura e dificultade media, concluirá cunha comida que a organización promete “impresionante”. O prezo para participar é de 25 euros para socios e 30 para os non socios. Será tamén a despedida do ano para Os Sendeiros de Foz. Recoméndase aos participantes levar equipo de sendeirismo.
08/11/2015
O Concello de Foz, a través da Concellaría de Servizos Sociais, organiza outro ano máis cursos para adultos na vila e nas parroquias do municipio. A programación está deseñada tendo en conta as preferencias dos veciños, que poderán escoller actividades como o bordado, os bolillos, a zumba, a ximnasia ou o aeróbic. Cada curso ten unha duración de cinco meses e algúns deles xa comezaron.
A concelleira de Asuntos Sociais focense, Mercedes González Alonso, sinala que un ano máis se consultou aos veciños sobre os seus gustos á hora de facer a programación: “siempre seguimos la misma línea, ya que los cursos se realizan en base a las preferencias de los vecinos. Consideramos que no debemos ofertar cursos que no sean de interés para los focenses. Por cada parroquia pueden optar a...
leer más