Foz

Etiquetas:
22/03/2016
Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe a Cudillero o 10 de abril. A inscrición está aberta.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á localidade asturiana de Cudillero para o vindeiro 10 de abril.
 
Os asistentes participarán no Encontro Astur-Galaico que se celebra alí en Cudillero. A saída será ás oito da mañá das inmediacións do Concello e o derradeiro día para anotarse é o 30 de marzo. As solicitudes poden facerse no local da asociación ou na dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 25 euros para socios e 30 euros para non socios e para máis información se pode chamar aos teléfonos 676-561 594 ou 670-369 017.
 
Recoméndase levar equipo de sendeirismo.
Etiquetas:
21/03/2016
Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe a Las Arribes del Duero, en Salamanca, do 14 ao 18 de maio.
 
A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á ruta Las Arribes del Duero en Salamanca do 14 ao 17 de maio.
 
Os interesados poderán facer as súas reservas ata o 23 de marzo nos teléfonos 676 561 594 ou 670 369 017, ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
 
A saída está prevista para ás oito da mañá do día 14 das inmediacións do Concello e o prezo para os socios é de 250 euros e 300 euros para os non socios cun suplemento por habitación individual de 90 euros. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A viaxe inclúe un cruceiro fluvial. 
 
18/03/2016
Foz acollerá do 24 ao 26 de marzo a XIII Ruta das Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto. Dezasete locais participan na cita.
 
Do 24 ao 26 de marzo celébrase en Foz a décimo terceira edición da Ruta de Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto.
 
As saborosas propostas da hostalaría local poderán degustarse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo das tapas será de 1,50 euros. 
 
Os locais participantes son: A Funcional, Bar 78, Express, Happy Days, Mayros, Anduriña, Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock, Buda, Namarinos, O Lar de Bustos, O Muelle, Costumes do Mar, Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. 
Na páxina de facebook de Acia/CCA de Foz os que acudan á Ruta das Tapas poderán escoller a que consideren que teña a mellor...
leer más
Etiquetas:
14/03/2016
Os Sendeiros de Foz organizan dúas andainas durante a vindeira Semana Santa. Unha á cascada de San Estebo e outra á ruta do Masma.
 
A primeira delas será o venres, día 25, á cascada de San Estebo en Barreiros. E  segunda o sábado, día 26, á ruta do Masma.
 
A saída está prevista para as nove da mañá de diante do Concello e a volta para xantar en Foz sobre as dúas da tarde. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e a dificultade de ambas rutas é media. 
 
As persoas que estean interesadas poden chamar aos teléfonos 676 561 594 (Nelli) ou 670 369 017 (Morís). 
 
13/03/2016
Comezan os actos da Semana Santa na parroquia de Santiago de Foz, que se prolongarán ata o 27 de marzo.
 
Este sábado, día 12, comezaron na parroquia de Santiago de Foz os actos da Semana Santa. Na igrexa parroquial tivo lugar o inicio de Setenario das Dores.
 
Os actos continuarán o día 18, ás sete e media da tarde na igrexa parroquial coa celebración do Venres das Dores. O día 20, Domingo de Ramos, ás once da mañá será a bendición e a eucaristía na capela do asilo. Ás doce menos cuarto terá lugar a bendición no patio do colexio Martínez Otero e a eucaristía na igrexa parroquial. Tamén ás sete e media da tarde haberá celebración eucarística na igrexa parroquial. O día 21, Luns Santo, terá lugar a celebración penitencial da Coresma ás sete e media da tarde; o día 22, martes, haberá eucaristía ás sete e media da tarde; e o día 23 non...
leer más
Etiquetas:
13/03/2016
Foz homenaxea o 18 de marzo ao poeta Manuel María cun acto organizado polo Concello e a asociación A Pomba do Arco. Na Casa da Cultura haberá palabra, música e teatro.
 
Foz homenaxeará o vindeiro 18 de marzo, venres, ao poeta Manuel María nun acto organizado polo Concello e a Asociación A Pomba do Arco.
 
A concelleira de Cultura focense, Silvia Blach, anunciou hoxe que “este venres 18 de marzo ás oito e media da tarde na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz terá lugar o acto Compañeiro de ronseis floridos. Palabra, música, teatro para Manuel María. Intervirán nesta homenaxe Suso Fernández, cronista oficial de Foz; Alberte Ansede e Saleta Goi, xerente e presidenta da Fundación Manuel María, respectivamente”.
 
Silvia Blach engade que “a actuación musical correrá a cargo de Arcadio e imos ter unha representación...
leer más
Etiquetas:
08/03/2016
A Sala Bahía, de Foz, acollerá o 12 de marzo unha representación de teatro infantil organizada pola Delegación Municipal de Cultura.
 
A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, día 12, ás catro e media da tarde unha representación de teatro infantil organizada pola Delegación de Cultura do Concello focense.
 
A compañía Eme2 ofrecerá a obra teatral con monicreques titulada Jim e a Illa do Tesouro. Está dirixida ao público infantil a partir de 5 anos e ten unha duración de 60 minutos. Os prezos das entradas son de 1,5 euros para os nenos e nenas e de 2,5 euros para os adultos.
 
Etiquetas:
07/03/2016
A Semana Santa de San Martiño, en Foz, iniciará os seus actos o vindeiro 19 de marzo co pregón que pronunciará Antonio Rodríguez Basanta, administrador da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.
 
Os actos da Semana Santa de San Martiño, de Foz, que se presentaron o pasado sábado, principiarán o próximo 19 deste mes. Ese día, Sábado de Paixón, ás oito menos cuarto da tarde, terá lugar no Centro Social do Caritel a recepción na honra das autoridades, confrades, convidados e veciños. Ás oito na Basílica de San Martiño dará lectura ao Pregón da Semana Santa Antonio Rodríguez Basanta, administrador da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. A continuación terá lugar a apertura dunha nova edición da Semana de Música Xosé Alonso a cargo do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e seguidamente ofrecerá un concerto a Coral Polifónica de Foz. Nese acto farase entrega dos pergamiños de confrades de honra da Confraría do Desencravo a María Mónica Irimia Labrada, José Ramón Vila Otero e Ramón Sánchez Martínez. Posteriormente terá...
leer más
Etiquetas:
07/03/2016
O Concello de Foz convoca o concurso "O que nunca che dixen", con motivo da celebración do Día da Muller.
 
Con este concurso organizado pola Delegación de Muller, que dirixe a concelleira Mercedes Alonso, preténdese expresar a unha muller (nai, avoa, moza,…) o que nunca se lle dixo. Un agradecemento que deberá plasmarse nunha frase, debuxo ou fotografía cun texto que reflicta un sentimento cara a unha muller. Poderán enviarse as obras a través das redes sociais do Concello de Foz (twitter, facebook ou instagram) ou ben ao enderezo electrónico muller@concellodefoz.es.
 
Neste certame colabora CCA-ACIA Foz doando o premio dun vale por un importe de 100 euros.
As bases do concurso recollen que poderán participar todas as persoas que o desexen sen  límite de...
leer más
Etiquetas:
23/02/2016
A Librería Bahía de Foz será escenario este venres, 26 de febreiro, da presentación do libro "Caboverdianas en Burela", de Luzia Oca.
 
Este venres, 26 de febreiro, ás oito e media da tarde na Librería Bahía preséntase o libro “Caboverdianas en Burela”, de Luzia Oca editado por Sotelo Blanco. Acompañará á autora na súa presentación Catalina Sanchez, gran coñecedora da realidade Caboverdiana.
 
O libro é froito da tese do mesmo título que a súa autora defendeu na Universidade de Santiago de Compostela e que foi avaliada con sobresaliente cum laude. A obra foi merecente do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais na edición do 2015. 
 
Ao longo de quince anos de traballo Luzia Oca González analizou a vida das mulleres caboverdianas que están asentadas en Burela dende o ano 1978. A...
leer más