Lourenzá
O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, presentaron este luns nos Xardíns do Pazo de San Marcos a I Milla Popular Urbana, unha cita lúdico deportiva que financia o Goberno Provincial cunha achega de 8.000 euros, que servirán ademais para colaborar con outros eventos como a Gala do Deporte ou o Día da Bici, entre outras.
Santos Ramos destacou que “colaboramos con este tipo de iniciativas porque dan visibilidade e poñen en valor o noso territorio, facendo fincapé na riqueza natural e paisaxística da que dispomos na nosa provincia”. O Deputado subliñou que “dende o Goberno da Deputación estamos convencidos do impacto que as actividades desta natureza teñen no turismo e na economía local. É por iso polo que, neste ano, destinamos uns 240.000 euros a financiar 78 citas...
leer másO salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha representación a cargo do grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, o día 30 deste mes, domingo, as oito da tarde. Anunciouno hoxe a Concellería de Cultura.
O Batán ofrecerá a obra titulada Bicos de vinagre, dentro do programa Buxiganga 2017, que ten en marcha a Deputación de Lugo para contribuír a difundir o teatro afeccionado da provincia.
A pista municipal de pádel de Lourenzá xa pode reservarse a través de internet. Anunciouno hoxe a Concellería de Deportes.
Segundo explica este departamento do Concello de Lourenzá, “a partir de agora solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado. Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, pódese reservar on line directamente dende calquera dispositivo. Na web lévase unha contabilidade persoal de cada usuario e poden reservar de media hora en media hora. A taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros, que se aboan directamente por TPV.
Unha vez reservada pódese imprimir un xustificante ou presentar a mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón, onde entregan a chave de acceso á...
leer másEste venres, día 23, a partires das 11 da mañá o CEIP Juan Rey, de Lourenzá, acollerá unha actuación do grupo Os Monifates. Está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá e inclúese dentro do programa Cultura no Camiño.
O edil de Cultura, Manuel Arango, explicou que “farán dous pases: o primeiro será de carácter didáctico e o segundo consistirá nunha actuación musical con instrumentos tradicionais acompañados de monicreques”.
O mercado comarcal gandeiro de Lourenzá acollerá un circuíto de educación viaria este venres, día 9, de seis a oito da tarde. Esta actividade gratuíta organizada polo Concello está dirixida a nenos, nenas, rapaces e rapazas de 3 a 16 anos de idade.
Os interesados en participar deben apuntarse na biblioteca municipal e o prazo remata mañá, xoves, día 8.
O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, destaca a importancia que teñen as actividades deste tipo e explica que “en circuítos deste tipo os nenos e nenas asumen o papel de peóns, de pasaxeiros e de condutores e aprenden normas de comportamento responsable relacionadas coa educación viaria. Non esquezamos que os nenos e nenas de hoxe serán os adultos de mañá e por tanto é fundamental promover comportamentos e actitudes responsables e cívicas dos máis pequenos...
leer másO Concello ribadense acolleu este mediodía a presentación da preestrea e estrea de Juana, unha perfomance multidisciplinar en homenaxe a Juana de Ibarbourou na que a poesía, a música e a danza serán as protagonistas. A preestrea desta creación será o venres, día 9, en Lourenzá, no salón de actos do Concello ás 20:00 horas, e a estrea o sábado, día 10, en Ribadeo, no Cine Teatro ás 21:00 horas. Os Concellos de Ribadeo e Lourenzá apostaron desde o primeiro momento por esta creación, algo que lles agradeceu a súa autora e directora, a laurentina Marina Oural. No acto desta mañá estiveron presentes tamén a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña.
O edil nacionalista manifestou nesta presentación que “sempre é un pracer asistir a un acto deste tipo neste salón de plenos do Concello de Ribadeo,...
leer másA terceira edición do evento Todos a Tovar, que será primeira xuntanza campesiña, celebrarase o día 3 de xuño, sábado, a partir das cinco da tarde. Foi presentado pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; concelleiros e representantes de asociacións do municipio.
A rexedora municipal agradece a colaboración de todas as asociacións e pide aos veciños que asistan caracterizados como os campesiños e campesiñas de tempos pasados.
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) vai organizar a segunda paella xigante para a cal se venderán os tickets anticipadamente na biblioteca publica municipal e en Lucía Valea Fotografía ata o 30 de maio. O prezo será de 12 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos.
Ademais haberá xogos e obradoiros, concursos, actividades...
leer másA Delegación Municipal de Deportes organiza a primeira Milla Popular Concello de Lourenzá, que se celebrará o día 29 de xullo, sábado.
Anunciouno hoxe o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, quen explicou: “contaremos coa colaboración das dúas entidades deportivas que temos na vila en materia de atletismo: o Club Atletismo Lourenzá e as Escolas Deportivas Lourenzá; así como de Protección Civil, para o bo desenvolvemento da proba”.
Francisco Dasilva destacou a importancia da celebración desta primeira milla “tanto pola súa novidade como pola repercusión que terá a nivel deportivo, xa que gozará de moita afluencia de atletas. Ademais estudarase a colaboración e patrocinio de varias entidades e da hostalería local, co fin de que o sábado 29 de xullo Lourenzá sexa unha festa deportiva”.
... leer másXa están a disposición dos interesados os tíckets para acudir á XXI Clausura Oficial Edición Das Escolas Deportivas,que será o vindeiro 27 de maio ás 22:00 horas cunha gran cea na Feira Nova.
Os nen@s estarán invitados (os tíckets distribuiranse nos adestramentos) e para as familias están á venda en Morrigan e Neli. Os tíckets de adulto terán un prezo simbólico de 10 euros e os nenos pequenos que non formen parte das Escolas 5 euros. O prazo para a retirada dos mesmos será o 25 de maio.
A biblioteca pública municipal de Lourenzá organiza un espectáculo de maxia e música destinado ao público infantil para festexar o Día das Letras Galegas. Será o vindeiro martes, día 16, ás doce do mediodía no salón de actos do Concello.
Esta actividade, a cargo de Álvaro Muras, leva por título Carlos Casares con maxia e música, e está incluída no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.