Lourenzá
Lourenzá acollerá unha concentración de scooters, motos e coches clásicos o día 18 de este mes, Xoves Santo. Esta actividade está organizada pola asociación VespaFaba&Clásicos Lourenzá e colabora o Concello.
O presidente do colectivo organizador da Reunión Amigos de VespaFaba&Clásicos, Fran Rivas Dasilva, explica que “este é o cuarto ano que se fai en Xoves Santo e nesta ocasión coincide co torneo de baloncesto, ao que virá xente de diferentes puntos da Península, e vai ser un aliciente moi bo mesturar o terreo do deporte cos clásicos. Encima a asociación Conde Santo tamén se implica e fai unha sesión vermú e verbena á noite, na que actuará incluso a orquestra Panorama. Entón eu creo que vai ser un día moi interesante, a ver se nos acompaña o tempo e creo que imos pasalo moi ben. Xa temos xente que vai vir de diferentes puntos de...
leer másACIAL e o Concello de Lourenzá organizan o Domingo de Piñata, que se celebrará o 10 de marzo. Contan coa colaboración do CEIP Juan Rey e de Hermida. Haberá pulpo e churrasco no recinto feiral.
Ás 16:30 horas terá lugar a saída do desfile, amenizado coa actuación de Dúo Musical.
Os premios na categoría Infantil serán: Individual con 65€ ao 1º, 55€ ao 2º, 45€ ao 3º, 40€ ao 4º e 30€ ao5º; Parellas con 125€ ao 1º, 100€ ao 2º, 75€ ao 3º e 50€ ao 4º; e Grupos con 250€ ao 1º, 200€ ao 2º, 150€ ao 3º e 100€ ao 4º. Na categoría Adultos os premios serán: Individual con 150€ ao 1º, 100 € ao 2º e 75€ ao 3º; Parellas con 200€ ao 1º, 150€ ao 2º e 100 € ao 3º; Grupos de 3 a 10 persoas con 250€ ao 1º, 200€ ao 2º e 150€ ao 3º; e Grupos de máis de 10 persoas con 300€ ao 1º, 250€ ao 2º e 200€ ao 3º.
Tamén...
leer másO luns de Entroido, 4 de marzo, celebrarase unha festa infantil no recinto feiral de Lourenzá. Será desde as 17:00 ata as 20:00 horas con entrada gratuíta. Haberá actuacións de Galimatías Os cómicos da rúa, chocolatada e actuación do Dj Billy.
Tamén ese luns, pero a partir das 23:00 horas terá lugar un baile de carnaval. O prezo da entrada será de 7 euros (con 1 consumición). Actuará o Grupo Fénix e Dj Billy. Ás 1:30 horas celebrarase o desfile e haberá premios en Individual de 50€ para o 1º, 35€ ao 2º e 25€ ao 3º; Parella con 80€ para o 1º, 60€ ao 2º e 30€ ao 3º; e para Grupos con 120€ para o 1º, 80€ ao 2º e 60€ ao 3º.
Organiza a ACIAL coa colaboración do Concello de Lourenzá.
A alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, presentaron as III Xornadas de Historia Local de Lourenzá, que se celebrarán os días 15 e 16 de febreiro.
Os responsables municipais anunciaron que “o venres 15 ás 19:00 horas proxectarase o documental Os días afogados, que foi Premio Mestre Mateo 2016. E rematará a primeira xornada coa conferencia Historia, mito e lenda do Conde Santo Osorio Gutiérrez, a cargo do historiador Carlos Andrés González Paz, que é doutor en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolve o seu labor investigador no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento”.
Tamén deron a coñecer que “o sábado 16 ás 19:30 horas será o laurentino Manuel Román Ramos o encargado da conferencia, que tratará sobre O Catastro da Ensenada no concello de Lourenzá...
leer másO Concello de Lourenzá organiza un programa de dinamización das parroquias, que se desenvolverá desde febreiro ata maio. Haberá actividades de novas tecnoloxías, ximnasia de mantemento, pilates, manualidades e artes decorativas. O prazo de inscrición abriuse hoxe e rematará o 8 de febreiro.
Este programa está dirixido ao desenvolvemento de accións nas parroquias do Concello de Lourenzá co obxectivo de dotar aos seus e ás súas habitantes dunha maior e mellor oferta de actividades de formación, ocio e tempo libre. Realizaranse dous tipos de accións: oferta de actividades de lecer e formación e unha xuntanza con todas as persoas que participen no programa. O obxectivo é mellorar as relacións sociais das persoas do rural de Lourenzá como base para a súa participación social e o fortalecemento da comunidade.
O programa...
leer másO Concello de Lourenzá organiza a primeira edición dun campionato de chinchón.
Os interesados en participar deben inscribirse na biblioteca municipal. O prazo remata o día 31 deste mes.
A nena Nathalia Cabanas Jiménez, de 11 anos de idade, foi a gañadora do concurso de carteis da Cabalgata de Reis 2019, que organiza o Concello de Lourenzá. Recibirá como premio un lote de material didáctico no transcurso da Cabalgata, que se celebrará o sábado 5 de xaneiro.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a Cabalgata sairá ás 17:30 horas do recinto feiral de Vilanova para percorrer as parroquias de San Xorxe, Santo Tomé e San Adriano. Ás 19:30 horas chegará a Vilanova, percorrerá as rúas e chegará á carpa situada no Campo dos Bolos, onde os Reis Magos recibirán a todos os nenos e nenas que ata alí se acheguen”.
Dentro da programación de Nadal do Concello de Lourenzá tamén haberá cine infantil. O mércores 2 de xaneiro proxectarase a película Richard, la cigüeña e o xoves 3, El reino de las...
leer másA carpa instalada no Campo do Mosteiro de San Salvador acollerá a actividade denominada Planetario Ciencia Kids o vindeiro mércores, día 26 de decembro. É unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Lugo.
Esta actividade está destinada a todos os públicos e desenvolverase en tres sesións dunha hora de duración: ás 16:30, as 17:30 e ás 18:30 horas.
A programación de Nadal organizada polo Concello de Lourenzá comezará este domingo, día 16, cun obradoiro e espectáculo de maxia. E rematará coa cabalgata dos Reis Magos o 5 de xaneiro.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “este próximo domingo, 16 de decembro, a partir das cinco da tarde, Hermanager Producións trae á carpa situada no Campo dos Bolos o espectáculo Apren-Deimi e un obradoiro de maxia. Desta maneira o Concello de Lourenzá colabora coa celebración do Mercado de Nadal que organiza a ACIAL durante a fin de semana”.
Manuel Arango engade que “o venres 21 de decembro o grupo Trípode porá en escena a obra Cousas de vellos. Será na escola de San Adriano ás 19:30 horas. O domingo 23 de decembro ás 17 horas Fran Rei presenta o espectáculo cómico O conto de Barriga Verde. Será na carpa situada...
leer más












