Lourenzá

Etiquetas:
23/11/2017

Este próximo fin de semana rematan as representacións que entran a concurso no primeiro Certame de Teatro Concello de Lourenzá.

O sábado, día 25 A Adala, de Fazouro, porá en escena a obra Sen seu amor. E o domingo 26 pechará o concurso Ollomao, de Barreiros, con Enciclopedia Álvarez. Estas dúas representacións serán no salón de actos do Concello ás 19:30 horas.

A gala de entrega de premios do certame terá lugar o domingo 3 de decembro ás 19:00 horas e contará coa presenza do actor Cándido Pazó, que escenificará a obra Que comerá o rei?.

 

Etiquetas:
23/11/2017

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “o Concello de Lourenzá sumase á campaña En negro contra as violencias, na que participan este ano 73 concellos galegos e a Deputación Provincial de Lugo. Dende a Concellería de Servizos Sociais e a través da asociación de comerciantes enviouse unha carta a todos os establecementos comerciais e de restauración, oficinas e negocios para tinguir de negro o noso concello do 23 ao 26 de novembro, como denuncia e mobilización contra as violencias machistas. Con esta acción invitamos a vestir os escaparates e locais comerciais de negro, así como a roupa de traballo, para transmitir así a mensaxe de denuncia e solidariedade coas vítimas da violencia de xénero. O Concello agradece a colaboración da asociación de comerciantes ACIAL, que participa distribuíndo entre todos os comercios o material desta campaña, e tamén a de todos os...

leer más
16/11/2017

Este fin de semana haberá outras dúas representacións dentro da primeira edición do certame de teatro afeccionado organizado polo Concello de Lourenzá. Pero nesta ocasión serán venres e sábado.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “debido a que o próximo domingo se celebra en Lourenzá a terceira edición do Vilou Fashion, adiántase ao venres 17 a actuación do grupo local Os Trangalleiros coa obra A taberna de Suso. Será ás 21 horas.

E o sábado 18 ás 20:30 horas tócalle o turno ao grupo de teatro da asociación cultural Juan Manuel Méndez, de La Caridad (El Franco), que porá en escena El picadero de mi abuelo. As representacións teñen lugar no salón de actos do Concello e o prezo das entradas é de 3 euros”.

 

Etiquetas:
02/11/2017

Este sábado, 4 de novembro, ás 19:30 horas terá lugar a primeira representación do I Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra que abrirá este concurso leva por título A miña muller volveu e será representada pola Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz. E o domingo, 5 de novembro, tamén ás 19:30 horas, tócalle o turno á Asociación de Teatro Airiños de Rianxo (A Coruña) coa obra Mass co-medias.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “será un xurado formado por sete persoas o encargado de valorar a calidade das obras presentadas a concurso, a actuación dos distintos actores e actrices e a mellor montaxe (decorados, luz, son, vestiario, etcétera). O prezo das entradas para cada unha das actuacións será de 3 euros”.

 

Etiquetas:
30/10/2017

O Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acollía este mediodía a presentación da Ruta da Faba. Trátase dunha ruta que xira arredor dos principais tesouros desta terra, arte, gastronomía e o cultivo da recoñecida leguminosa. Inclúe visitas guiadas ao Mosteiro e á Igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro, ao Pazo de Tovar, ao Centro de Interpretación da Faba, a área recreativa do Muíño do Pereiro e ao Miradoiro da Valiña, ademais de degustación de faba de Lourenzá e outros produtos típicos desta comarca como a merluza de Celeiro ou o bonito de Burela. Nesta iniciativa participan a Mancomunidade de Municipios da Mariña, o Concello de Lourenzá e a Xunta de Galicia.

O presidente da Sociedade Cooperativa Terras da Mariña, Jose Cuadrado, explicou na presentación que “o proxecto xurde dunha idea da Cooperativa Terras da Mariña xunto co...

leer más
Etiquetas:
25/10/2017

O vindeiro luns, 30 de outubro, terá lugar a presentación da Ruta da faba de Lourenzá, un proxecto da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, do Concello de Lourenzá, de Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega e do Pazo e Forno de Tovar.

O acto desenvolverase no Centro de Interpretación da Faba a partir das 12 da mañá. En el intervirán varias autoridades locais, provinciais e autonómicas. Unha vez rematada esta presentación haberá unha visita ao Mosteiro da Igrexa de San Salvador e ao Pazo de Tovar, onde finalizará a inauguración desta ruta cunha pequena degustación gastronómica. 

A Ruta da faba  xira arredor dos principais tesouros desa zona mariñana: arte, natureza, gastronomía e o cultivo da faba. A proxecto inclúe visitas guiadas polo patrimonio artístico de Lourenzá ao Mosteiro e á Igrexa de San...

leer más
Etiquetas:
23/10/2017

Oito obras foron seleccionadas para participar no primeiro certame de teatro Concello de Lourenzá. Representaranse os catro fins de semana do vindeiro mes de novembro.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “as obras e grupos teatrais seleccionadas para participar no I Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá son as seguintes por orde de actuación:
4 de novembro.- A miña muller volveu, da Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz.
5 de novembro.- Mass co-medias, da Asociación Teatro Airiños, de Rianxo.
11 de novembro.- Las entretenidas, de Andanzas, de Viveiro.
12 de novembro.- Menciñeiro á forza, da Asociación de Veciños de Lagoa (Alfoz).
17 de novembro.- A taberna de Suso, de Os Trangalleiros, de Lourenzá.
18 de novembro.- El picadero de mi abuelo, da Asociación Cultural...

leer más
18/10/2017

O salón de actos municipal de Lourenzá acollerá este sábado, día 21, ás 20:00 horas unha representación teatral a cargo do grupo Lume Escénico, de A Pontenova, que ofrecerá a obra A horta das cerdeiras.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do programa teatral Buxiganga.

 

17/10/2017

Este sábado, día 21, inaugurarase no Pazo de Tovar un espazo lúdico e exposición permanente de xoguetes tradicionais.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “na próxima fin de semana, o sábado 21 de outubro, ás 13 horas, terá lugar a inauguración oficial do espazo lúdico e exposición permanente O recuncho das argalladas no Pazo de Tovar, en Canedo de San Tomé de Lourenzá. Trátase dun espazo, composto por dúas salas, na que conviven harmonicamente unhas cento cincuenta pezas de xoguetes tradicionais, realizadas polos investigadores laurentinos José Manuel García e Xosé López, autores, como é sabido, dos libros Os xoguetes esquecidos e os máis recentes Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros.  Están divididos ou organizados en función dos materiais, movemento, da natureza, de refugallo, de terra ou de mar..., acompañados de...

leer más
Etiquetas:
16/10/2017

Este xoves, dá 19 de outubro, terá lugar unha merenda solidaria no Centro Social Torreón dos Frades ás 18:00 horas  con motivo do Día mundial contra o cancro de mama. Está organizada pola Concellería de Servizos Sociais.

Na merenda solidaria haberá mantecadas e chocolate para todos os asistentes e os donativos serán entregados a Asociación Española Contra o Cancro. O Concello de Lourenzá agradece a colaboración de Pastelería Cabaleiros, que contribúe aportando as mantecadas para a merenda.
 
A alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, fan un chamamento a todos os veciños e veciñas de Lourenzá para que participen “neste acto solidario, en apoio a todas aquelas persoas que padecen e loitan por superar esta enfermidade. Por segundo ano consecutivo decidimos organizar esta cita, dada a boa...

leer más