Lourenzá

Etiquetas:
09/08/2019

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “neste certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro afeccionado que superen un proceso de selección. O prazo para inscribirse rematará o 30 de setembro. Todas as obras seleccionadas recibirán unha axuda de 300 euros en concepto de participación, desprazamento, etcétera”.

Manuel Arango engade que “nas bases, que están publicadas na páxina web do Concello, establécese un premio de 750 euros á mellor representación. Así mesmo haberá trofeos para os mellores actor e actriz, actor e actriz de reparto, posta en escena e un premio concedido polo público asistente ás representacións. As obras representaranse durante o mes de novembro e no mes de decembro haberá unha gala especial de entrega de premios”.

A obra premiada como mellor representación...

leer más
Etiquetas:
31/07/2019

O grupo Astarot actuará en Lourenzá o día 5 de outubro, sábado, dentro do programa da vixésimo novena edición da Festa da Faba.

O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, anunciou hoxe que “o grupo de rock galego Astarot actuará o sábado 5 de outubro en Lourenzá con motivo da celebración da XXIX Festa da Faba. Astarot interpreta en versión rock temas tan coñecidos da música galega como Sementeira, Meu amor é mariñeiro, Lela, Negra Sombra, O tren, etcétera”.

Manuel Arango destaca que “este concerto, coma todos os que teñen lugar durante a Festa da Faba, será con entrada gratuíta”.

 

Etiquetas:
12/06/2019

O Concello de Lourenzá e o Centro de Formación e Ocio Kativ@s organizan para os meses de xullo e agosto o Campamento Súper Chef. Está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “nesta actividade preténdense contar coa colaboración do comercio local e de profesionais da hostalería. O Concello subvenciona o 50 por cento do prezo da actividade, sendo o custo final para as familias de 55 euros por nen@ e mes, cun desconto do 20 por cento a partir do segundo irmán. O prazo de inscrición remata o 26 de xuño e pode realizarse nas oficinas municipais ou na biblioteca do Concello”.

Manuel Arango engade que “tal é como aparecía no programa electoral dos socialistas de Lourenzá, as Escolas de Verán e de Nadal son unha das...

leer más
Etiquetas:
15/05/2019

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial, organiza una serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas este venres, 17 de maio.

O grupo de gaitas Cántigas e Frores, de Lugo, percorrerá as rúas e os bares de Vilanova a partir das 12 do mediodía. E ás 19:30 horas, no salón de exposicións do Concello, lembrarase a figura e a obra do escritor homenaxeado nesta ocasión, Antón Fraguas.

Rematarán os actos cun recital poético a cargo da poetisa laurentina Marina Oural, con poemas de Juana de Ibarbourou, escritora uruguaia con raíces en Lourenzá.

 

Etiquetas:
29/04/2019

Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 1, o desfile do Maio e un espectáculo de clown e circo, que terá lugar no Cantón.

Ás 16:30 horas saíra o Maio do mercado comarcal para percorrer as rúas de Vilanova, acompañados polo grupo de música da asociación Osorio Gutiérrez. A continuación no Cantón haberá desfile d@s participantes no concurso de sombreiros, entrega de premios do concurso de postais para as nais, organizado pola ACIAL, e entrega de premios dos concursos de decoración de vivendas e comercios e de sombreiros do Maio.

As actividades rematarán cun espectáculo de clown e circo titulado MeRe-cidamente, da compañía Moc Moc.

En caso de choiva as actividades do Cantón trasladaranse ao mercado comarcal gandeiro.

 

Etiquetas:
23/04/2019

O Concello de Lourenzá convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio, que terá lugar o vindeiro día 1, mércores. Nun dos certames premiaranse as fiestras, balcóns, portais ou escaparates mellor decorados das rúas polas que pasa o percorrido tradicional do Maio. O outro concurso agasallará aos sombreiros mellor adornados que acompañen ao Maio no desfile, que sairá do mercado gandeiro ás 16:30 horas.

O concelleiro Manuel Arango anuncia que “o Concello de Lourenzá, a través da área de Cultura, convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio do próximo mércores día 1”.

O edil explica que “o primeiro concurso consiste en premiar as fiestras, balcóns, portais ou escaparates comerciais mellor decorados daqueles edificios por onde o Maio ten o seu percorrido tradicional. Haberá dous...

leer más
16/04/2019

A orquestra Panorama ofrecerá en Lourenzá a súa primeira actuación na provincia de Lugo co seu novo espectáculo para esta tempada, denominado Number One Tour. Será este xoves, día 18, a partir das 00:30 horas no recinto feiral, que estará cuberto con carpa.

A actuación da orquestra Panorama en Lourenzá é o prato forte do festival Vilou Spring Fest, que organiza a asociación Conde Santo e que inclúe tamén sesión vermú a cargo de Decibelios Eventos e de DJ Billy.

Para este espectáculo da xira 2019 a orquestra Panorama conta con novo escenario, son e iluminación diferentes e tamén novos compoñentes.

Ademais do Vilou Spring Fest o Xoves Santo en Lourenzá celebrarase a cuarta reunión de Amigos da Vespa&Faba e Clásicos e a primeira xornada do torneo internacional de baloncesto feminino...

leer más
12/04/2019

O Concello de Lourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa o torneo internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, a 4ª reunión de Amigos de Vespa&Faba e Clásicos, e tamén o Vilou Spring Fest, que se celebrará o xoves 18 e que inclúe a actuación da orquestra Panorama. Todos estes eventos foron presentados conxuntamente por representantes dos colectivos organizadores coa alcaldesa laurentina, Rocío López.

A rexedora municipal explicou: “temos preparado para esta Semana Santa, concretamente os día 18, 19 e 20 de abril, un amplo programa de actividades que combina a 14ª edición do Lourenzá en Xogo, que é o torneo de basket feminino que se celebrará neses tres días. Tamén teremos a colaboración, como noutras ocasións, de Vespa&Faba Clásicos de Lourenzá que realizará unha gimkana e distintas actividades máis. E o xoves durante...

leer más
Etiquetas:
10/04/2019
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto coa Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, presentaron este mércores, no pavillón municipal de Lourenzá a XIV edición do torneo bianual internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que se celebrará os días 18, 19, e 20 de abril nesta infraestrutura deportiva do concello mariñán.
 
No torneo competirán un total de 29 equipos, procedentes de España e Portugal, divididos nas categorías sénior, júnior, cadete e infantil. Unhas 350 rapazas que competirán e pasarán tres días no Concello de Lourenzá, onde estarán aloxadas no colexio e na casa da Xuventude, e onde desfrutaran dunha noite lúdica de recibimento, cunha festa celta.
 
Rivera Capón explicou que “é necesario apoiar o deporte...
leer más
02/04/2019

Lourenzá acollerá unha concentración de scooters, motos e coches clásicos o día 18 de este mes, Xoves Santo. Esta actividade está organizada pola asociación VespaFaba&Clásicos Lourenzá e colabora o Concello.

O presidente do colectivo organizador da Reunión Amigos de VespaFaba&Clásicos, Fran Rivas Dasilva, explica que “este é o cuarto ano que se fai en Xoves Santo e nesta ocasión coincide co torneo de baloncesto, ao que virá xente de diferentes puntos da Península, e vai ser un aliciente moi bo mesturar o terreo do deporte cos clásicos. Encima a asociación Conde Santo tamén se implica e fai unha sesión vermú e verbena á noite, na que actuará incluso a orquestra Panorama. Entón eu creo que vai ser un día moi interesante, a ver se nos acompaña o tempo e creo que imos pasalo moi ben. Xa temos xente que vai vir de diferentes puntos de...

leer más