Lourenzá
23/12/2016
O Concello de Lourenzá instalou un belén no antigo quiosco da música, situado na Praza do Conde Santo.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o Concello de Lourenzá preparou para estas datas de Nadal un belén de figuriñas, que está instalado no antigo quiosco da música, sito na Praza do Conde Santo. Está composto por pezas de madeira que representan as escenas do nacemento de Xesús e que se iluminan de noite xunto co alumeado de Nadal que loce nas rúas da localidade”.
A rexedora móstrase “contenta desta iniciativa, xa que son moitas as persoas que ó longo desta semana se acercaron a visitar o Belén e a facerse fotos a carón das figuras. Non deixa de ser un atractivo turístico máis para o noso concello que sen dúbida contribuirá a...
leer más 19/12/2016
O Concello de Lourenzá organiza unha festa infantil de Nadal este venres, día 23, nas naves do mercado comarcal gandeiro a partir das catro da tarde. O evento rematará coa visita de Papá Noel, que tamén irá ao centro de día para maiores.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “esta actividade é organizada polo Concello de Lourenzá, a través da Delegación de Cultura, e subvencionada pola Deputación de Lugo. Haberá pintacaras, globoflexia e inchables para que todos os nenos e nenas poidan gozar desta festa. Ó longo da tarde terá lugar tamén a tradicional visita de Papá Noel, que este ano se acercará ata o mercado comarcal gandeiro para repartir caramelos entre todos os nen@s asistentes. Ademais Papá Noel tamén se achegará ao Centro de Día de...
leer más 28/11/2016
A Asociación Pasada das Cabras de Burela xunto con Terras de Lourenzá e Amigos do Patrimonio de Castroverde, organizan unha xuntanza na Fonsagrada o 4 de decembro. Durante esa xornada farán unha pequena ruta de dez quilómetros de dificultade baixa.
O prezo para os socios é de 25 euros e 30 euros para os que non o son, inclúe autobús, xantar a base de cocido con butelo típico da Fonsagrada e máis o seguro. Para participar é imprecindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504 antes do venres 2 de decembro ás 14:00 horas.
A saída dende Burela será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses.
22/11/2016
O Concello organiza a primeira edición da Gala do Deporte de Lourenzá, na que serán premiados clubs e deportistas do municipio este venres día 25.
O evento terá lugar no salón de actos da Casa do Concello a partir das 20:00 horas. A alcaldesa, Rocío López, será a encargada de abrir o acto cun discurso de benvida e agradecemento. O acto estará conducido por dous presentadores xoves: Marcos Candia e Claudia Pena. No transcurso da gala iranse proxectando vídeos sobre os deportistas e clubs deportivos galardoados e terá lugar a entrega de premios da man da alcaldesa e do concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva.
O edil de Deportes explica que se trata “dun recoñecemento que fai o...
leer más 15/11/2016
A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a segunda edición do concurso infantil para o cartel anunciador da cabalgata dos Reis Magos 2017 e o tradicional certame de poesía de Nadal que organiza a biblioteca pública municipal.
O concurso para o cartel da cabalgata dos Reis Magos “vai dirixido ós escolares de educación Infantil e Primaria do municipio. Os traballos deben ser pintados ou decorados con motivos fagan referencia á festividade dos Reis Magos nunha cartolina tamaño folio A-4 e é recomendable que a cor da cartolina non sexa moi escura. No reverso teñen que figurar os datos do participante: nome e apelidos, enderezo e teléfono. Empregarase a lingua galega”, segundo se explica nas bases.
... leer más 09/11/2016
A Casa da Xuventude de Lourenzá acollerá un curso de cestería de reciclaxe. Esta actividade, que está destinada a persoas adultas, desenvolverase os luns de catro a sete e media da tarde desde o día 14 deste mes de novembro ata o 19 de decembro. A inscrición e gratuíta e o prazo remata este venres, día 11.
Os interesados en participar deben apuntarse nas oficinas da Casa do Concello de Lourenzá ou chamando ao teléfono 982.12.10.06. Para que se celebre o curso é necesario que haxa un mínimo de once persoas inscritas.
Este curso está organizado polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo, a través do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad).
07/11/2016
A asociación Pasada das Cabras de Burela xunto coa de Terras de Lourenzá realizarán a 11ª e penúltima etapa do Camiño Norte de Santiago entre Arzúa e O Pedrouzo, o sábado 12 de novembro.
A etapa ten unha lonxitude de 19 quilómetros e a saída ás 7:30 horas é da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 euros para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro.
Para poder participar nesta etapa é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504 antes do 10 de novembro ás 20:00 horas.
24/10/2016
O Concello de Lourenzá organiza un ciclo de teatro con tres representacións durante o vindeiro mes de novembro. Esta iniciativa foi presentada hoxe.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou que “o ciclo de teatro arrancará o sábado día 5 de novembro coa representación da obra Xubilando a cargo do grupo O Bordelo, de Cervo. O domingo 13 será o grupo A Rabela Teatro de Baralla o encargado de poñer o toque de humor coa obra Balbina a adiviña. E xa para rematar, o domingo día 20 terá lugar a representación da obra Concerto Bucólico, da man do grupo Yázabro. Todas as actuacións serán no salón de actos do Concello ás 20:00 horas”.
A rexedora municipal rematou comentando que “están actuacións...
leer más 21/10/2016
A biblioteca municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, acollerá o vindeiro luns, día 24, un obradoiro a cargo de Caxoto Contacontos, que presentará a iniciativa A Trastenda dos Contos. Esta actividade, que se celebra para conmemorar o Día da Biblioteca, leva por título A miña biblo mola!
A alcaldesa laurentina, Rocío López, anunciou hoxe que “esta iniciativa ten como obxectivo que os usuarios e usuarias habituais poidan presumir de biblioteca. Haberá un obradoiro de A Trastenda dos Contos, a cargo de Caxoto Contacontos, da Coruña, que finalizará cun videoclip lúdico. Terá lugar nas instalacións da biblioteca municipal o luns 24 de outubro de 11 a 13 horas e nel van participar os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Juan Rey, de Lourenzá”.
17/10/2016
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza a ruta do mes de outubro polo Azúmara o domingo 23.
Un percorrido de 9 quilómetros e dificultade baixa que dará comezo no Castro de Viladonga onde os participantes antes de comezar a camiñar poderán gozar dun dos tesouros arqueolóxicos da provincia, o conxunto formado polo xacemento do Castro e o Museo. Unha vez rematada a visita disporanse a facer a ruta que irá dende o castro ata Castro de Rei, onde xantarán nun restaurante da localidade.
A saída para esta andaina o 23 de outubro será desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá ás 9:30 horas. O prezo é de 20 euros para socios e de 25 euros para non socios, inclúe o transporte en autobús e a comida. O prazo para anotarse remata o xoves...
leer más