Lourenzá
19/09/2016
O Torreón de Vilanova de Lourenzá acollerá clases de ESO para adultos e tamén para preparar o exame de Competencias Clave N_2 da convocatoria do vindeiro ano 2017.
En canto ás clases de ESO destinadas a adultos no curso 2016-2017 para obter o título oficial da Xunta de Galicia, o horario será de tarde-noite para os que traballan e comezarán o 17 de outubro, luns.
E para a preparación do exame de Competencias Clave N_2 na convocatoria de 2017 as clases empezarán o 18 de outubro, martes.
Nos dous casos as inscricións poden facerse polas mañás na Casa do Concello de...
leer más 01/09/2016
O centro cívico de A Cazolga acollerá este sábado, 3 de setembro, e o domingo 4, un curso de iniciación de pesca á mosca.
Impartiranse temas como o atado de mosca e técnicas de lanzado e está organizado pola Asociación Pescadores Río Masma.
Os interesados poden recibir máis información e realizar a súas inscricións nos números de teléfono 608 185 187, 619 271 490 ou 673 290 300.
Colaboran na organización desta actividade os concellos de Mondoñedo, Barreiros, Lourenzá e Foz.
30/08/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para os días 17 e 18 de setembro unha ruta a Os Ancares.
O percorrido o sábado 17 é a subida ao Pico dos Tres Bispos cunha distancia de 14 quilómetros e dificultade alta.
O prazo de inscrición remata o 13 de setembro e pode facerse nos números de teléfono 647 06 70 54(Javier) e 686 77 11 13(Emilio). Os presos son de 70 euros para os socios federados, 75 euros para os socios non federados, 85 euros para os non socios federados e 90 euros para os non socios non federados. As prazas son limitadas e faranse por orden de inscrición.
27/08/2016
Hasta el 29 de agosto se celebran las fiestas del Conde Santo en Lourenzá. La verbena del 27 estará amenizada por Fénix y Nueva Fuerza, la del 28 por Matiné y Costa Oeste, y la del 29 (festivo local) por Caramelo.
Habrá durante estos días torneo de fútbol, cantos de taberna, mostra folclórica, juegos populares y exhibición de zumba, entre otras actividades.
27/07/2016
A Escola de Escritura Creativa, Expresiva e Literaria organiza un curso de Escritura Expresiva en Vilanova de Lourenzá os días 4, 5, 6 e 7 de agosto.
Este taller de escritura vai estar inspirado en Maragatacasa, unha casa burguesa construída en 1904. Os asistentes practicarán diversas formas nas que escritura, meditación e paisaxe poden entrelazarse. Presentaranse un abano de exercicios de escritura expresiva e os coñecementos básicos para poder continuar con esta práctica de xeito individual. Será impartido por Marisé Barreiro, filóloga que dende o ano 2009 imparte cursos regularmente en Galicia, Madrid e outras comunidades.
O horario do taller...
leer más 18/07/2016
A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a vindeira ponte festiva dúas actuacións musicais coa Banda Migallas e Zenith Cello Dúo. Estes concertos terán lugar o sábado 23 de xullo e o luns 25.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “seguindo coa programación cultural que temos para o verán desde a Consellería de Cultura de Lourenzá temos unhas actividades previstas para os próximos días”.
Manuel Arango detalla que “o sábado 23 de xullo ás 21:00 horas na Praza do Conde Santo temos á Banda Migallas co espectáculo Zaragallada. É unha actuación musical pensada para o público de todas as idades para que pasen unha tarde noite...
leer más 06/07/2016
Este venres e sábado haberá espectáculos de circo e teatro en Vilanova de Lourenzá. O venres actuará Circo Chosco e o sábado terá lugar a representación de Memorias das Memorias dun Neno Labrego a cargo de Cándido Pazó.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “este venres, día 8, ás oito e media da tarde na Praza do Conde Santo, temos a actuación de Circo Chosco co espectáculo Forzu2. É unha mestura de teatro, de circo, maxia e moito humor, dentro do programa Vive o Camiño, da Xunta de Galicia”.
Manuel Arango engade que “o sábado, día 9, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Concello, terá lugar a representación de Memorias das...
leer más 20/06/2016
O Mago Antón ofrecerá 5 actuacións este venres, día 24, no seu auditorio móbil, que estará instalado na Praza César Chavarría, de Vilanova de Lourenzá.
As funcións serán a estas horas: 13:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00. En cada sesión hai capacidade para unhas 70 persoas e a entrada é gratuíta.
Esta actividade encádrase dentro do programa Cultura no Camiño, que pon en marcha a Xunta de Galicia a través do AGADIC. A Concellería de Cultura laurentina anima a asistir a este espectáculo e a gozar dunha tarde de ocio e maxia da man do Mago Antón.
07/06/2016
A asociación Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan a sexta etapa do Camiño Norte, que terá lugar este sábado 11 de xuño.
O itinerario de 16 quilómetros cubre o percorrido entre Vilalba e Baamonde. A saída será as oito da mañá da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para os que non o son, inclúe autobús, comida e seguro. Para participar hai que anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504 antes do xoves día 9 de xuño ás 20:00 horas.
25/05/2016
O 23 de xuño celebrarase en Lourenzá A Queima do Xanciño. Ás 21:00 horas terá lugar a procesión do Xanciño polas rúas da vila e despois no recinto feiral haberá sardiñada, churrasco e chourizos a prezos populares.
Estas actividades para a noite de San Xoán están organizadas pola Asociación Conde Santo e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos ACIAL de Lourenzá. Colabora o Concello de Lourenzá.












