Lourenzá

Etiquetas:
19/09/2015
Presentado o cartel da XXV Festa da Faba, que se celebrará en Lourenzá do 2 ao 4 de outubro. É obra do artista alfocense Hipólito Xeada.
 
O cartel da XXV edición da Festa da Faba de Lourenzá, obra do artista alfocense Hipólixo Xeada, foi presentado hoxe pola alcaldesa, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o edil de Festas, Francisco Dasilva Rivas. O festexo, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro, será pregoado polos laurentinos Xosé López González e José María García Fernández. Ademais o goberno local anunciou hoxe que o primeiro mercado semanal de venta de fabas desta tempada desenvolverase o vindeiro domingo, día 27.
Sobre o autor do cartel, Hipólito Xeada, os responsables municipais explicaron que se trata “dun pintor de recoñecido prestixio, profeta na súa terra, un alfocense que pode presumir de contar cunha exposición permanente e ser o artífice da escultura que adorna o...
leer más
Etiquetas:
15/09/2015
Terras de Lourenzá organiza unha ruta ao San Cosme da Montaña. Será o 27 de setembro.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o próximo 27 de setembro unha ruta ao San Cosme da Montaña, que levará  aos participantes ata a tan afamada romaría. A saída é ás 9 da mañá do domingo, 27 de setembro, do Cantón de Vilanova. Está previsto que os anotados se distribúan nos coches, para completar as prazas e así evitar levalos medio baleiros. Dende este punto desprazaranse ata diante da Catedral de Mondoñedo, onde está previsto o inicio da ruta, arredor das 9:30 horas.
Despois de 12 kms. de dificultade media, chegarán ó entorno do San Cosme, onde poderán desfrutar da xornada de romaría e festa. A comida será por libre, polo que cada un pode optar por levala da casa, ou ben xantar nos postos que están situados para a festa (polbo, churrasco…).
... leer más
Etiquetas:
27/08/2015
As festas do Conde Santo, en Lourenzá, celébranse do 28 ao 31 de agosto. Un dos platos fortes será o concerto de Revólver.
 
As festas patronais de Lourenzá, o Conde Santo, botan a andar este venres, 28 de agosto, e durarán ata o luns 31.  Durante eses días desenvolveranse numerosas actividades festivas, entre elas o II Concurso de Cantos de Taberna.
O día 28 ás 13 horas soarán as bombas de palenque para anunciar o inicio das festas e ese mesma xornada pola tarde, para conmemorar o Día da Bicicleta, está programado un percorrido ata a Cazolga, para o que é necesario inscribirse na praza do Conde Santo dende unha hora antes.  Dende as 21 horas haberá unha gran pulpada a cargo de A Rochela e, a partir das once da noite,  actuará o grupo Superglú no Campo dos Bolos seguido do concerto gratuíto de Revólver e remate da festa coa discoteca móbil de Dani Rego.
Ao...
leer más
Etiquetas:
20/08/2015
Coa convocatoria do 19º Concurso Fotográfico Festa da Faba comezan as actividades previas ao festexo, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro.
 
O Concello de Lourenzá convocou a 19ª edición do concurso fotográfico Festa da Faba. Deste xeito comezan as actividades previas ao festexo, que se celebrará os días 2,3 e 4 de outubro.
O certame de fotografía ten un tema libre, coa única condición de ser imaxes representativas e recoñecibles da zona de produción da Faba de Lourenzá. O premio para a mellor serie de fotos é de 500 euros. Cada concursante poderá presentar un máximo de 6 imaxes e un mínimo de 4. O prazo de presentación remata o día 21 de setembro. As bases poden consultarse na páxina web do Concello: www.concellodelourenza.es.
O certame foi presentado hoxe pola alcaldesa, Rocío López, e os concelleiros de Festexos e de...
leer más
Etiquetas:
17/08/2015
Terras de Lourenzá organiza unha camiñata por Somiedo. Será a fin de semana do 19 e do 20 de setembro.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá ten previsto realizar, coma o ano pasado, unha fin de semana de camiñatas. Este ano as dúas rutas preparadas serán en Somiedo (Asturias), polo que a fin de semana do19 e 20 de setembro se desprazarán a esta localidade asturiana. 
 
O sábado, 19, realizarán a "Ruta dos Lagos" que os levará dende o Alto de la Farrapona ata o Valle de Lago, pasando polos Lagos de Salienza. Esta primeira andaina ten unha distancia de 14 quilómetros e dificultade media. No punto de destino será onde pasen a tarde. Tamén alí cearán e disporán do aloxamento desa xornada, así como o almorzo do domingo. A comida será en ruta, polo que cada participante terá que levar a súa, así como auga e bastóns. A tarde será...
leer más
16/08/2015
A sexta edición da carreira Val das Fabas, de Lourenzá, terá lugar o 3 de outubro. Os participantes na categoría absoluta elixirán si corren na Verdina ou na Galaica.
 
Faltan 54 días para que volva a ver a luz unha das carreiras con máis sabor popular de Galicia, formando parte do programa da tradicional Festa da Faba. Será o 3 de Outubro de 2015, sábado, cando ás 16:30 arrancará a proba para categorías menores e ás 17:30 fará o propio na Carreira Verdina e na Carreira Galaica: "Dous desafíos nunha carreira".
Ésta é a principal novidade coa que se presenta esta edición, a sexta xa da Popular Val das Fabas 2015.
Todos os atletas participantes na categoría absoluta poderán escoller se participan na Carreira Verdina (7 kms) ou na Carreira Galaica (14 kms.) A verdina consta de 1 volta e a Galaica de 2 voltas ao circuíto Val das Fabas.
Ademáis haberá premios con...
leer más
30/07/2015
O Pazo de Tovar será escenario este domingo, 2 de agosto, da presentación da novela histórica "Catalina de Santisso", que desenvolve parte da súa trama nas Terras de Lourenzá.
 
O pazo de Tovar, en San Tomé de Lourenzá, será este próximo domingo, 2 de agosto o escenario da presentación da obra titulada Catalina de Santisso, unha novela histórica de Aurora García Rivas. A cita será ás 19:30 horas e o lugar escollido non é casual, xa que parte da acción da novela transcorre no propio Pazo de Tovar no século XVI. 
O personaxe histórico recreado na obra foi a dona da torre de San Paio de Narla e protagonista de numerosas lendas por mor da súa vida tráxica e as humillacións sufridas no seu matrimonio co señor Vasco de Seixas, dono da fortaleza de Xiá, que a asasinou acusándoa de adulterio.
Na presentación da novela intervirán José Ventoso, propietario do Pazo de Tovar, e Marián Suárez García, ademais da  autora...
leer más
Etiquetas:
28/07/2015
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, percorrerá os 12 quilómetros da Ruta do Masma en Lourenzá o 2 de agosto.
 
A asociación Pasada das Cabras ten prevista unha ruta polas terras do Masma, en Lourenzá, o domingo 2 de agosto. Son 12 quilómetros de dificultade baixa e a participación na actividade custará 10 euros para os socios do colectivo e 15 para os que non o son. A saída será ás 8:30 horas na estación de autobuses de Burela. Ao remate do camiño os participantes poderán gozar dunha churrascada na área recreativa da Cazolga (Lourenzá), invitados por Pasada das Cabras.
Os que desexan anotarse poden facelo en Gráficas Arfe ou no teléfono 982.58.05.04 antes deste mércores, 29 de xullo, ás 20 horas. 
 
Etiquetas:
21/07/2015
Lourenzá acollerá cursos de Eso para maiores de 18 anos a partir do mes de setembro, segundo informa o Concello.
 
O Concello de Lourenzá vai acoller dende o mes de setembro clases de ESO para maiores de 18 anos, especialmente pensadas para todos aqueles que desexen sacar o título oficial nun ano. 
As clases están organizadas polo Espacio Garabatos e na súa posta en marcha colabora o Concello de Lourenzá, o que permite uns custes máis económicos para os alumnos.
Os interesados poden atopar máis información dirixíndose á Biblioteca Municipal de luns a venres en horario de 17 a 20 horas durante este mes de xullo, pois en agosto estará pechada. Outras opcións son o correo electrónico formación@espaciogarabatos.com e o teléfono 693.06.53.74.
 
Etiquetas:
21/07/2015
A praza do Conde Santo de Vilanova de Lourenzá acollerá a proxección do documental "A última viaxe do afiador". Será este venres, 24 de xullo.
 
O documental A última viaxe do afiador , de Aitor Rei, proxectarase na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, este venres, 24 de xullo, ás 20:30 horas. É unha cita organizada pola asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) do colexio Juan Rey e patrocinada pola Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Lourenzá.
O documental, que foi finalista da XII edición dos Premios Mestre Mateo, retrata un oficio tradicional case desaparecido nos pobos de Galicia: o do afiador. A proxección forma parte do proxecto Achega. Cinema en Movemento, para dar a coñecer o patrimonio cultural e etnográfico a través de asociacións, concellos ou centros de ensinanza.
En caso de choiva a proxección trasladarase ás instalacións do mercado...
leer más