Lourenzá
15/03/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha viaxe para este domingo, día 20, a Sober coincidindo coa celebración da Feira do Viño.
Os participantes realizarán a Ruta Aba Sacra cun percorrido de 6,3 quilómetros e dificultade baixa dende Doade ata Amandi. O percorrido discorre na súa totalidade entre os característicos bancais de viñedo da zona e paralelos ao canón do río Sil. Ao rematar desprazaranse ata Sober onde gozarán da xornada festiva que supón a celebración da tradicional Feira do Viño.
Esta andaina será este domingo, día 20, e a saída de Lourenzá está prevista para as 8:00 horas. O prezo de 10 euros para socios e 15 euros para...
leer más 14/03/2016
A Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá abre o prazo para anotarse nos diferentes cursos que organizará nas vindeiras semanas.
O primeiro deles comezará despois da Semana Santa e será de bordado. Terá lugar os mércores de 16 a 19 horas, durará trinta horas e o seu custe será de 30 euros. Estará impartido por Marina Abad.
No mes de abril haberá dous cursos, un de bolillos e outro de restauración de mobles. O de bolillos que impartirá Mari Luz Balea, durará trinta horas e custará 20 euros. O de restauración de mobles, que impartirá Esther de La Herencia, durará tamén trinta horas e o seu custe será de 50 euros.
... leer más 07/03/2016
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá este vindeiro domingo, día 13, ás oito da tarde unha representación teatral organizada pola Concellería de Cultura. O grupo Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada "De vello gaiteiro".
02/03/2016
A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle dende hoxe, mércores, ata o 18 deste mes, unha mostra de imaxes do Camiño Norte de Santiago.
A exposición consta de 18 paneis nos que amosan as principais manifestacións artísticas, históricas e naturais desta ruta xacobea na que Lourenzá ocupa un lugar importante. A información que recollen os paneis ofrece ao visitante unha visión de todo o patrimonio artístico e histórico existente nos distintos lugares polos que discorre o Camiño.
A alcaldesa, Rocío López, di que “dende o Concello invitamos a todos os veciños e veciñas así como aos visitantes a ver esta exposición que é, sen dúbida, unha...
leer más 29/02/2016
O Concello de Lourenzá programa actos para conmemorar o Día da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo, martes. Un deles é unha homenaxe á veciña de San Adriano Felicitas Valiña Andía. As actividades foron presentadas hoxe pola alcaldesa, Rocío López, e pola concelleira de Benestar Social, Mercedes Dengra.
O programa para o día 8 de marzo en Lourenzá arrancará ás 15:00 horas no salón de actos do Concello cun espectáculo titulado Maxia pola Igualdade a cargo da ilusionista Fani Triana, que está destinado ao público infantil. As 17:30 horas, tamén no salón de actos municipal, terá lugar unha entrevista seguida dunha homenaxe á laurentina Felicitas Valiña Andía, natural da parroquia de San Adriano, que rexentou ó longo de varios...
leer más 19/02/2016
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre o infarto de miocardio a cargo do cardiólogo Ramón Ríos Vázquez, que exerce no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), de Lugo. Será o día 25 deste mes, xoves, ás oito e media da tarde.
A alcaldesa, Rocío López García, anunciou hoxe que este acto “organízao o Concello de Lourenzá en colaboración coa Federación Veciñal Lucus Augusti. A charla terá como tema principal o infarto de miocardio e será impartida polo doutor Ramón Ríos Vázquez, cardiólogo do HULA e membro do equipo do doutor Carlos Juanatey”.
A rexedora municipal engadiu que na charla “abordaranse cuestións moi...
leer más 15/02/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para este sábado, día 20, unha andaina pola Ruta dos Cortíos en Santa Eulalia de Oscos.
Os participantes sairán ás oito e media de mañá do Cantón de Vilanova en Lourenzá. A etapa ten unha distancia de once quilómetros e unha dificultade media-baixa. Os organizadores recomendan levar botas e bastóns e a comida terá lugar en Casa Pedro cun cocido típico destas datas.
As inscricións deberán facerse antes das dúas da tarde deste mércores, día 17, por correo electrónico en terrasdelourenza@gmail.com ou nos teléfonos 647 06 70 54 (Javier) e 686 77 11 13 (...
leer más 05/02/2016
A alcaldesa, Rocío López, ven de asinar un bando cos cambios que se producirán no tráfico en Lourenzá o vindeiro 14 de febreiro con motivo da celebración do desfile do Entroido.
O domingo de piñata permanecerán cortadas ata o tráfico desde as 16:30 e ata que remate o desfile as seguintes rúas: Ponte das Cuñas desde a saída do Mercado Comarcal Gandeiro, Avenida do Val, Doctor Rubiños, Campo da Feira, Praza Linares Rivas, Avelino Montero Villegas, Travesía da Mariña, Francisco Fernández del Riego, Muíño do Frade, Secretario Luis Iglesias e As Plazas.
A Alcaldía tamén comunica neste bando que se prohibe aparcar desde as 9 da mañá nas mencionadas rúas,...
leer más 05/02/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara a segunda etapa do Camiño Norte que celebrará o vindeiro día 13 deste mes de febrerio.
Nesa xornada os participantes percorrerán o tramo entre Villamartín Pequeno e o lugar de Arroxo en Lourenzá que ten unha distancia de quince quilómetros e cun grado de dificultade baixo.
A saída será ás oito e media da mañá do Cantón de Vilanova en Lourenzá e ao remate da ruta haberá un xantar no recinto do Mercado de Lourenzá xunto á Asociación Pasada das Cabras.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes das...
leer más 27/01/2016
A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a tarde do día 10 de febreiro, mércores, unha xornada de xogos de mesa onde os nenos e nenas a partir de 5 anos de idade poderán gozar dende as 17 horas con parchís, oca, futbolín, etcétera. Así mesmo levarase a cabo un orixinal xogo de bingo con premios moi interesantes.
Esta actividade está dirixida ós nenos e nenas a partir dos 5 anos e preténdese que os participantes pasen unha tarde das vacacións de Entroido entretida .
As inscricións poden facerse na biblioteca municipal ata o venres 5 de febreiro en horario de 5 a 8 da tarde ou ben no teléfono 982.12.10.06.
Esta actividade é totalmente gratuíta para os asistentes.












