Lourenzá

Etiquetas:
13/05/2016
Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de andainas por Somiedo. Serán o 28 e o 29 de maio.
 
A Asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de andainas en Somiedo como xa fixera o pasado ano aínda que nesta ocasión realizará outro par de rutas diferentes. Será os días 28 e 29 deste mes.
 
O sábado 28 realizará a ruta de La Peral-Villar de Vildas cunha distancia de 13 quilómetros e dificultade media-alta. O domingo 29 a andaina será a ruta de subida ao Monte Rozu cun percorrido de 6 quilómetros e dificultade baixa.
 
Os prezos da actividade é de 80 euros para os socios federados, 85 euros para socios non federados, 95 euros para os non socios que están federados e 100 euros para os non socios non federados. A data límite para anotarse...
leer más
12/05/2016
O Concello de Lourenzá programa actos para conmemorar as Letras Galegas os días 16 e 17 de maio.
 
O Concello de Lourenzá conmemora o Día das Letras Galegas con actividades que se celebrarán o vindeiro luns en Vilanova e o martes no Pazo de Tovar.
 
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o Concello de Lourenzá programa, para conmemorar o Día das Letras Galegas, unha serie de actos cos que busca render homenaxe ás nosas letras e ó autor homenaxeado: Manuel María, o poeta da Terra Cha. Os actos comezarán o luns, día 16 de maio, con dúas actividades dirixidas especialmente ó público infantil: ás seis da tarde, dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia, levarase a cabo ás seis da tarde no salón de actos municipal o espectáculo titulado Babacontos con Manuel María. Da man da actriz Larraitz Urruzola os nenos e nenas...
leer más
Etiquetas:
29/04/2016
Vilanova acolle a tradicional Festa do Maio este domingo, día 1, con desfile polas rúas e diversas actividades na praza do Conde Santo.
 
Vilanova de Lourenzá acolle a tradicional Festa do Maio este domingo, día 1, que inclúe desfile polas rúas da localidade e diversas actividades na praza do Conde Santo.
 
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “este ano a programación presenta unhas cantas novidades con respecto a edicións anteriores. Mañá, sábado, día 30, terá lugar no mercado comarcal gandeiro a partir das cinco da tarde un obradoiro titulado Facendo un Maio. Está dirixido a tódolos nenos e nenas que queiran participar. Para poñer en marcha esta iniciativa o Concello púxose en contacto coa ANPA e o CEIP Juan Rey, que colaboran na programación deste taller. Co fin de coñecer a fondo unha das festas tradicionais que forman parte do noso contorno propoñemos que...
leer más
Etiquetas:
18/04/2016
A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza unha actuación do Coro de alumn@s do IES de Foz o 21 de abril. Será no salón de actos municipal.

 

A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá organiza unha actuación do coro formado por alumnos e alumnas do Instituto de Secundaria de Foz dirixido polo profesor de música Fernando Allén Fraga. Será o vindeiro xoves, día 21, ás 20 horas no salón de actos do Concello.

Etiquetas:
15/04/2016
O Concello laurentino programa actividades para celebrar o día do libro na Biblioteca Municipal e no centro de día para maiores o 22 de abril.
 
O Concello de Lourenzá programa diversas actividades para celebrar o Día do Libro na biblioteca municipal e no centro de día para maiores na xornada do 22 deste mes, venres.
 
Ás 12 do mediodía na biblioteca municipal haberá o espectáculo infantil Bibliocanta, a cargo de Chío Couto Rendo. Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
E ás catro e media da tarde no centro de día terán lugar lecturas musicadas da obra do escritor Manuel María.
 
Ademais ese día na biblioteca municipal os asistentes serán agasallados cuns marcadores.
 
Etiquetas:
15/04/2016
Acial e o Concello de Lourenzá organizan un concurso infantil de postais para celebrar o día da nai. O prazo de presentación remata o 25 de abril.
 
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) e o Concello organizan un concurso infantil de postais para celebrar o Día da Nai co lema Unha postal para mamá. O prazo de presentación dos traballos na Biblioteca Municipal remata o día 25 deste mes.
 
Nas bases do certame explícase que “poderán participar tódolos nenos e nenas ata os 14 anos de idade; establécense dúas categorías: ata os 8  anos e de 9 a 14; a temática das postais fará alusión ao Día da Nai, pois  consistirá nunha postal de felicitación por esa celebración; os traballos presentaranse como se fose unha postal (nun folio ou cartolina tamaño A4 dobrado pola metade), na parte de diante levará un debuxo, collage, …. e na parte interior poderá...
leer más
Etiquetas:
15/04/2016
Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Morrazo. Será o 23 de abril.
 
A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta para este mes de abril por Cangas do Morrazo.
 
Esta andaina será pola Ruta do Monte Facho cun percorrido de 12´5 quilómetros e dificultade media. Terá lugar o sábado, día 23 de abril, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7:30 horas. O prezo é de 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe o transporte en autobús e a comida nun restaurante da zona.
 
O prazo para anotarse remata o día 21 de abril e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 636 49 64 48 (Fe) ou 669 68 59 02 (Sandra).
04/04/2016
Pasada das Cabras e Terras de Lourenzá realizarán a cuarta etapa do Camiño Norte entre Lousada e Martiñán este sábado, 9 de abril.
 
Este sábado, día 9 de abril, as asociacións Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan a cuarta etapa do Camiño Norte de Santiago dende Lousada a Martiñán. A etapa ten un percorrido de dezaseis quilómetros.
 
A saída será de Burela ás oito da mañá da Estación de Autobuses. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 euros para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. As persoas que queiran participar deben anotarse en Gráficas Arfe de Burela ou no teléfono 982-580 504 antes do xoves día 7 ás 20:00 horas.
 
01/04/2016
O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá o 5 de abril unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia. Tamén se inaugurará unha exposición de ourivería do Museo Provincial de Lugo.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá o vindeiro martes, 5 de abril, unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García. Será ás seis da tarde e a continuación da charla inaugurarase unha exposición da colección de ourivería antiga do Museo Provincial, que estará aberta na sala de exposicións municipal ata o 2 de maio e poderá visitarse de luns a venres en horario de cinco a oito da tarde.
 
A alcaldesa, Rocío López, explicou que esta mostra “está organizada polo Museo Provincial e propón unha visión completa, a través dunha serie de paneis fotográficos e explicativos, da colección de obxectos de ourivería...
leer más
30/03/2016
Do 1 ao 24 de abril terá lugar en Lourenzá o Mes do Teatro. Haberá catro espectáculos, un deles para o público infantil.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá en abril o Mes do Teatro con catro espectáculos. O primeiro será este domingo 3 e o último está programado para o día 24. Todas as representacións empezarán ás oito da tarde. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López.
 
Este domingo, día 3, a compañía teatral do Colectivo Ollomao, de Barreiros, representará a obra titulada Oé, oé, oé. O sábado 9 o grupo infantil Os Faladores, de Lourenzá, ofrecerá A apidemia. O seguinte sábado, día 16, a compañía O Centiño, da parroquia focense de San Martiño, representará O caldeiro máxico. E o ciclo rematará o domingo 24 cun espectáculo de monólogos.
 
Esta...
leer más