Lourenzá
13/05/2015
A asociación cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, organiza un obradoiro de baile tradicional, impartido por Luis Prego Fernández.
Este obradoiro terá lugar o 7 de xuño, no pavillón municipal de Lourenzá. Está dirixido a todas as persoas que queiran asistir a partir de 10 anos de idade. E desenvolverase de 10 a 13:30 horas e de 16 a 19:30 horas.
O prezo será de 20 euros para os socios (25 euros si inclúe comida) e para os non socios será de 25 euros (30 euros si inclúe comida).
Os interesados poden anotarse antes do 22 de maio no seguinte número de teléfono: 616 63 63 20. As prazas serán limitadas.
12/05/2015
A biblioteca pública municipal de Lourenzá acollerá este venres, día 15, ás 18:30 horas o espectáculo Cóntoche un traxe, a cargo de Montserrat Rivera, para conmemorar o Día das Letras Galegas.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, anunciou que “dende o Concello de Lourenzá vimos de presentar a actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas nesta edición de 2015. Vai ser este venres, 15 de maio, ás seis e media da tarde na biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou. É unha actividade para tódolos públicos, con acceso libre e trátase do espectáculo Cóntoche un traxe, que correrá a cargo de Monsterrat Rivera, unha das integrantes do grupo Leilía. Esta actividade chega ao noso concello a través do circuíto Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia...
leer más 29/04/2015
A Festa do Maio organizada polo Concello de Lourenzá para este venres, día 1, contará nesta ocasión cun espectáculo infantil de maxia, xogos e teatro, que terá lugar na praza do Conde Santo despois do tradicional desfile.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, explicou que “o Maio, como é tradicional cada ano, desfilará polas principais rúas da vila na tarde do 1 de maio, que neste caso é o vindeiro venres. Sairemos do mercado gandeiro arredor das 4 e media da tarde e todo o percorrido irá acompañado polos alumnos da Escola Municipal de Música e Danza Osorio Gutiérrez. Finalmente temos prevista unha actuación na praza do Conde Santo, da compañía A Illa dos Nenos, que presentará o espectáculo Ledicias: unha combinación de maxia, xogos e teatro para os máis pequenos...
leer más 28/04/2015
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará no vindeiro mes de maio unha nova camiñata. Nesta ocasión, e baixo o lema Ruta dos barrios, farán un percorrido de 12 quilómetros e dificultade baixa, por distintos recunchos da vila, para desfrutar dos encantos que se aprecian coa ollada de camiñante e que soen pasan desapercibidos na vida diaria.
O punto de partida será no entorno da Capela da Santa Cruz, ás 10 da mañá, do 10 de maio. Despois de realizar o trazado circular, confluirán novamente no mesmo lugar, para desfrutar dunha comida campestre conxunta, aproveitando a celebración da Romaría da Santa Cruz, que ten lugar durante esa fin de semana.
Anotan ata o xoves, 7 de maio; e o prezo é de 15 euros para costear o xantar...
leer más 21/04/2015
A concelleira de Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez, tamén deu a coñecer que “o domingo, 26 de abril, vamos ter á compañía Trípode, composta por Alberto Niñe, Pepe Peinó e Cachín, co espectáculo Apedreando. Será ás oito e media da tarde no salón de actos cun prezo de 2 euros a entrada. Sabemos que as representacións teatrais teñen moito éxito aquí, en Lourenzá, polo que convidamos a todos os nosos veciños a asistir a esta que organizamos para despedir o mes de abril”.
21/04/2015
O salón de actos da Casa do Concello acollerá o venres a proxección dunha película de Pepe Peinó e o domingo haberá unha representación teatral a cargo da compañía Trípode. Son actos organizados pola Concellería de Cultura.
A concelleira Lupe Flórez Seivane explicou que “queremos despedir este mes de abril o vindeiro fin de semana cunha programación que inclúe unha proxección de cine e unha obra teatral. Trátase da proxección da película Tristeza na herba, dirixida e con guión de Pepe Peinó, que é unha persoa moi coñecida no mundo cultural da Mariña e que soe colaborar con nós cada vez que se lle pide. De maneira altruísta tamén nos trae a proxección da súa película recentemente estreada. Será este venres, 24 de abril, ás nove da noite no salón de actos con entrada...
leer más 16/04/2015
O Concello convoca un concurso para elixir á Madalena deste 2015, unha das protagonistas do desfile do maio. A concelleira de Cultura, Lupe Flórez, dixo que “a mellor forma de manter viva unha tradición é involucrar ás rapazas desde a súa infancia para que se impliquen na mesma”. As mozas de 10 a 17 anos, de Lourenzá, teñen ata o 27 de abril para anotarse e participar no sorteo que haberá o día 28 e do que sairá elixida a Madalena.
A edil popular explicou que “desde o Concello de Lourenzá, por segundo ano consecutivo, vimos de convocar un concurso para que as rapazas entre 10 e 17 anos do noso concello poidan converterse en protagonistas do desfile do maio, que cada 1º de maio se celebra en Lourenzá. Trátase dunha tradición popular que queremos manter viva e pensamos que...
leer más 16/04/2015
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá realizará a Ruta do Deza, este sábado, 18 de abril.
Trátase dun percorrido de 13 quilómetros, de dificultade media, entre os concellos de Silleda e Vila de Cruces, que lles permitirá aos asistentes ver o Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa.
Ao remate os participantes disfrutarán dun xantar no restaurante O Refuxio en Vila de Cruces. O prezo para os socios é de 25 euros e para os non socios de 30 euros.
A saída desde o Cantón de Lourenzá será ás 7:30 horas.
01/04/2015
O Concello de Lourenzá organiza unha charla sobre a venta directa de produtos primarios para o día 9 deste mes, xoves, ás 20 horas no salón de actos municipal. Correrá a cargo da directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, Patricia Ulloa, e será un paso máis cara a recuperación do Mercado das Prazas, que se celebraba en Vilanova de Lourenzá os domingos e que deixou de facerse hai catro décadas.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “seguindo co ciclo de charlas que facemos mensualmente o vindeiro día 9, xoves, ás oito da tarde celebraremos a do mes de abril. O tema é o decreto da venta directa de produtos agrícolas, que é o 125/2014 de 4 de setembro e regula en Galicia a venta directa dos produtos primarios desde as explotacións aos consumidores....
leer más 31/03/2015
O pavillón municipal de Lourenzá acollerá o día 19 do vindeiro mes de abril, domingo, ás 18:30 horas un festival folclórico infantil organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.
Ademais do grupo anfitrión, pertencente ao colectivo organizador do evento, participarán O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, e Saíñas, de Xove.
A entrada para asistir a este festival folclórico infantil será gratuíta.












