Mondoñedo
A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo organiza as clases de ximnasias de mantemento que se iniciarán en outubro.
Os grupos son os seguintes:
- Ximnasia de mantemento terceira idade:
Martes e venres no centro de Servizos Sociais de 10 a 11 horas. da mañá.
- Ximnasia de mantemento grupo adestramento deportivo:
Martes e xoves no Polideportivo Municipal de Mondoñedo de 20:30 a 21:30 horas.
As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao seguinte número de teléfono: 605 790 091
O Concello de Mondoñedo e a ACIAM, na súa labor a prol do comercio local, ben de rematar un traballo de varios meses de recollida de datos para a creación dunha Guía do Comercio Local.
Tras varias comunicacións á cidadanía solicitando a súa colaboración ao longo deste tempo, chegáronse a recoller máis de 300 negocios que agora van a saír á luz nunha guía de man.
Neste momento, os datos recollidos, antes da edición, pasan a exposición pública ata o día 15 de setembro (incluído) para correccións de erros da mesma por parte dos interesados.
Esta exposición pública está nas oficinas centrais do Concello de Mondoñedo e na Oficina de Turismo, onde haberá unha copia impresa para que os interesados a poidan revisar, corrixir ou aumentar as referencias da mesma.
Mondoñedo conta dende hoxe mesmo con talleres de realidade virtual e de experiencias inmersivas. Estes desenvólvense na Oficina de Turismo, en horario de 12:00 horas pola mañá, e ás 18:00 horas, pola tarde.
Deste xeito, con esta iniciativa, impulsada pola entidade local, preténdese ofrecer máis alternativas lúdicas a veciños e visitantes que durante estes días acoden á cidade mariñá. A alcaldesa, Elena Candia, quen xa supervisou o funcionamento da actividade, anima á participación, pois “é unha boa opción para desfrutar do noso Mondoñedo dunha forma diferente”.
Os talleres pretenden facer máis doado e accesible a todos as novas tecnoloxías; unha iniciativa, explican a rexedora e o edil de Cultura -Alberto García-, “para loitar contra a brecha dixital, que sempre foi o noso reto”.
O xoves día 22 terá lugar a actividade Bicicleta en familia, con saída na Praza da Catedral ás 20:00 horas. Media hora despois haberá ruada polas tabernas da cidade mindoniense co grupo Xaramolo, ás 21:00 comezará un espectáculo musical a cargo do dúo Aroma é para as 22:00 horas está programada unha observación astronómica pública O Camiño das Estrelas na Praza do Concello. Para participar nesta última actividade hai que inscribirse nos Servizos Sociais do Concello.
E o día 29 para ás 20:00 horas está programado o Festivaliño on the road, que é cine itinerante de curtas infantís. E ás nove e media da noite empezará un concerto a cargo do grupo Plan B. Estas actividades terán lugar na praza do Concello mindoniense.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, pon en valor que o Conxunto Etnográfico do Vilar, inaugurado esta mañá, contribúe a desenvolver a oferta turística do Concello e a identificar a cidade como un destino con actividades da natureza “sumamente atractivo”.
A rexedora precisa que este proxecto integral, que inclúe un albergue da natureza, unha aula da natureza e un centro de recepción BTT que se porá en funcionamento proximamente, supón unha “aposta pola natureza como valor seguro que sempre debemos coidar e protexer”.A rehabilitación do conxunto etnográfico deu comezo o 5 de novembro do ano 2003.
O acto de inauguración contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, membros da Corporación mindoniense e outros representantes das administracións; ademais de propietarios dos terreos...
leer másO presidente da Asociación organizadora das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto, adiantou esta mañá que Mondoñedo celebrará este ano 2019 as feiras máis antigas de Galicia entre os días 17 e 20 de outubro.
Ademais de dar a coñecer os días da celebración das San Lucas 2019, Souto presentou o cartel anunciador dunha nova edición das feiras, que un ano máis é obra do autor mindoniense e Fillo Predilecto da cidade, Xosé Vizoso.
Souto quere agradecer de novo a implicación do mestre Xosé Vizoso. O cartel deste 2019é “unha nova obra de arte”, considera, que nesta edición representa a entrada dos cabalos na praza da Catedral e músicos tocando diferentes instrumentos sobre a balaustrada do monumento, moitos deles dos usados na interpretación da música celta como son a gaita, a arpa ou o violín.
... leer másFoz celebrará o Día de Mondoñedo o 18 de agosto, domingo, con varios actos organizados por Son´s Varadero, que conta coa colaboración dos concellos de Foz e de Mondoñedo e de comerciantes da zona.
No salón de actos do hotel Isla Nova ás 20:00 horas haberá unha charla coloquio que será moderada por Pepe Rivera e na que participarán o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, e o historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios.
E ás 22:00 horas no barrio de Illa Nova empezará a verbena, que estará amenizada por Son´s Varadero.
Xacarandaina actuará en Mondoñedo o 27 de xullo no marco da Feira de Artesanía do barrio dos Muíños.
A Consellería de Cultura e Turismo achega a través do programa “Cultura no Camiño” novas actuacións que complementan a axenda cultural desta fin de semana nos concellos de Mondoñedo, Fonsagrada e Pantón.
A iniciativa da administración autonómica financia cunha achega de 2.500 euros, para cada acto, obras de teatro, danza, música, novo circo ou maxia, escollidas polos concellos situados nalgunha das rutas xacobeas, como é o caso dos tres citados. Todas as actuacións son de acceso libre e gratuíto.
En Mondoñedo a cita será o sábado 27, ás 12.30 horas no barrio dos Muíños, onde terá lugar a actuación do grupo de música e baile tradicional Xacarandaina. Será no marco da feira de artesanía que se celebra neste singular barrio mindoniense e na que contarán, como actuación previa, co pregón do actor e humorista Xosé...
leer másO Concello de Mondoñedo organiza para este sábado día 20 unha xornada de pilotaxe de drons. A actividade, de entrada libre, desenvolverase na Alameda de Mondoñedo a partir das 10:30 horas.
Beatriz Meilán, concelleira de Igualdade, Conciliación e Xuventude do Goberno local, precisa que “nunha época na que as tecnoloxías gañan peso desde o Concello de Mondoñedo queremos achegar á xente a oportunidade de coñecer e manexar os drons, polo que os convidamos a participar na xornada do sábado”.
Para todos os públicos
A xornada interxeracional de coñecemento do patrimonio con drons está subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e está dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos e tamén a persoas maiores que queiran descubrir o mundo dos vehículos aéreos non tripulados.
O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o IV Concurso de decoración de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’. A novidade na edición deste ano é unha categoría só para o rural, con dous premios e outra para o casco urbano, baixo a que se concederán catro premios.
O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. Oconcelleiro de Educación, Cultura e Novas Tecnoloxías,Alberto García,explica que grazas a este tipode iniciativas, xunto a outras moitas, Mondoñedo resultou gañadora do Premio Parabéns desta edición, concedido pola Xunta.
Precisa que se trata dun concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos...
leer más












