Mondoñedo
O humorista, actor e presentador Xosé Antonio Touriñán será o pregoeiro da Feira da Artesanía dos Muíños que se vai celebrar en Mondoñedo o sábado 27 de xullo. A alcaldesa en funcións, a popular ElenaCandia, agradece a boa disposición do humorista, que xa se ten convertido “nun embaixador da nosa cidade”.
O recoñecido cómico xa estivo en Mondoñedo noutras ocasións, concretamente participou nun percorrido que organizou o Goberno local para celebrar a declaración do Camiño Norte como Patrimonio Mundial. Na visita, Touriñán coñeceu da man da alcaldesa, ElenaCandia, os principais reclamos da cidade, con parada obrigada na Catedral e excursión ás Covas do Rei Cintolo.
O actor estivo tamén en Mondoñedo para ofrecer o seu monólogo, un espectáculo que resultou un éxito.
A Asociación de Artesanía...
leer másO vindeiro 12 de maio ás 20:00 horas presentase no Auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo, a Mariña Jazz Band, unha formación integrada por estudantes de música das escolas de Mondoñedo, Foz, Burela, Xove e Ribadeo, e coa colaboracións doutros músicos entusiastas deste estilo musical, todos eles baixo a dirección de José Rodríguez García porfesor superior da especialidade de Jazz polo conservatorio superior de A Coruña.
José Rodríguez García forma parte da primeira promoción de titulados en Jazz de Galicia, músico de grande experiencia e traxectoria ten feito traballos para a TVG coma a Gala Saudade de Ti, a serie televisiva Los Atlánticos, ou programas coma Land Rover ou Tourilandia. Participou en diferentes Master Class con Steve Brown (New York), Aruan Ortiz (New York), Rosario Giuliani (Roma), Randal Hall, (Philadelphia), Jorrit...
leer másO ‘FalaRedes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fará parada en Mondoñedo esta Semana Santa coa actividade ‘Canta, miña pedra, canta’ en colaboración co Concello de Mondoñedo. O sábado, 20 de abril, Xoán Curiel e Charo Pita emprazan ás familias mindonienses na Casa da Xuventude ás 18:30 horas.
‘Canta, miña pedra, canta’ é a nova actividade que ten en carteleira esta primavera o 'FalaRedes 2019'. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita son os encargados de achegarlle ás familias a obra de Antonio Fraguas, autor ao que este ano a RAG lle dedica o 17 de maio. O espectáculo combina narracións tradicionais antigas coas cantigas populares que Fraguas recolleu nun dos seus libros máis significativos: Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade. A obra...
leer másMondoñedo celebrará as súas tradicionais feiras e festas de As Quendas entre o 29 de abril e o 1 de maio, cun programa de actividades que se converte “tanto, por un lado, nun incentivo ao noso patrimonio cultural” como tamén, por outro lado, “nunha clara aposta polos produtos de proximidade e polas nosas razas de gando”, tal e como anunciou esta mañá o presidente da Asociación As San Lucas, entidade organizadora das festas, xunto ao Concello e Mondoñedo.
A feira, unha das de máis tradición de toda Galicia, que dá comezo á tempada de feiras e festas, arranca o luns 29 de abril co pregón que este ano pronunciará no auditorio Pascual Veiga, ás 20:30 horas, a violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Rebeca Maseda Longarela. Comezou os seus estudos na Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo, continuando a súa formación a nivel...
leer másA Confederación de Espeleología y Cañones (CEC) celebrará a súa asemblea xeral o vindeiro 4 de maio en Mondoñedo, data que aproveitarán para abrir as portas do Centro Español de Documentación Espeleolóxica, que vai estar emprazado no Pazo de Santo Tomé, Centro Comarcal, de titularidade municipal. No acto participarán os presidentes de todas as federacións autonómicas e das dúas asociacións presentes na CEC.
O Centro de documentación aglutinará no espazo cedido polo Goberno local a biblioteca da Federación Galega de Espeleoloxía, así como as memorias de todas as exploracións que se fixeron en España e a documentación da antiga Federación Española. Son, tal e como explica o presidente da Federación Galega e secretario da Confederación Española, Francisco Manuel Martínez García, preto de 3.000 volumes que serán organizados nunha primeira fase...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto a Venerable Orde Terceira de San Francisco, dan a coñecer o programa da Semana Santa da localidade, que un “ano máis ofrece un programa completo, que comeza o venres coa nova procesión das Dores, que se celebra por segundo ano na cidade, e remata coa misa do Domingo de Pascua, presidida polo Bispo”.
A Semana Santa de Mondoñedo está organizada pola Fraternidade Local da Venerable Orde Terceira de San Francisco, fundada en Mondoñedo, o 24 de febreiro de 1734, coa que colaborano Concello, Protección Civil, entidades locais e os veciños e voluntarios.
A alcaldesa de Mondoñedo agradece un ano máis o compromiso dos veciños e voluntarios que se involucran “dun xeito moi especial” na organización da “nosa Semana Santa que reúne séculos de historia, tradición e recollemento...
leer másUnhas 40 orquestras actuarán de xeito gratuíto en Mondoñedo entre o 5 e o 7 de abril nun macro festival tributo á verbena, organizado pola Asociación Galega de Orquestras (AGO), que adoita celebrar cada ano a AGO e que serve de promoción ás formacións musicais de cara á tempada que comeza.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto ao edil de Educación e Xuventude, Alberto García,acompañaron esta mañá ao presidente da Asociación Galega de Orquestras, Manolo Fariña, na presentación do cartel deste evento.
Alberto García agradece ao presidente da Asociación Galega de Orquestras que escollesen Mondoñedo para levar a cabo “na nosa cidade este macro festival que traerá ata a cidade as actuacións gratuítas, sen custo para o Concello, de grandes orquestras galegas, que dinamizarán durante estes días a localidade”....
leer másA Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, anda esta temporada a retomar os ensaios do musical “O amor de Afonso Reimúndez”, estreada o 10 de agosto do ano pasado na Praza da Catedral con motivo do Mercado medieval mindoniense, será de novo representada o sábado, 23 de marzo, ás 21:00 horas no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo.
A obra, escrita polo escritor Xosé Peinó e musicada por Xan Carballal, presenta unha trama de carácter histórico onde o rei Afonso VII fai balance do súa vida por medio das relacións mais persoais con: Dª. Urraca, Dª. Berenguela, Dª. Rica e, como non, Gontrada o seu amor prohibido. Todo isto está apoiado por personaxes históricos e ficticios sen deixar de falar sobre a situación política e social do seu entorno. Deste xeito personaxes da vida civil e eclesiástica como: o alcalde, o bufón, o cego......
leer más












