Mondoñedo
Mondoñedo celebrará o seu tradicional desfile de Entroido o sábado 9 de marzo. A alcaldesa, Elena Candia, xunto ao edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García; e ao presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM), Ángel Marful, presentaron o cartel anunciador dos festexos deste ano, durante os que se repartirán 5.000 euros en premios.
Dende o Concello anualmente amósanse comprometidos coa celebración do Entroido co obxecto de dinamizar e impulsar o tradicional desfile da cidade, “ao que acoden participantes chegados de diferentes puntos da comarca e mesmo de fóra da Mariña”, explican.
O desfile celebrarase a partir das 17:30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíña do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento...
leer másBlas Cantó traerá a súa xira acústica 2019 a Galicia no mes de abril, concretamente, o coñecido artista murciano ofrecerá un concerto acústico dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que celebra anualmente a cidade de Mondoñedo. A actuación do que foi integrante vocalista do afamado grupo Auryn, terá lugar no auditorio Pascual Veiga, o vindeiro 30 de abril , ás 22:00 horas.
O presidente da Asociación As San Lucas, organizadora tamén das Feiras e Festas das Quendas en colaboración co Concello, Miguel Souto, deu a coñecer esta mañá a actuación do artista, quesuma numerosos éxitos. Primeiro, dende o ano 2011, co grupo Auryn, co que acadou todos os récords de vendas en España e co que logrou números un, os máis prestixiosos premios nacionais e internacionais, discos de platino e un gran éxito en latinoamérica. Cada concerto e...
leer másDesde a organización explican: Coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a Festa da Árbore con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 2 de febreiro en Mondoñedo. Pero este ano é un ano especial, por cumplirse 450 anos da primeira celebración, no ano 1569. Por eso, preparamos unha programación moi completa e convidamosvos a tod@s a participar con nós.
A partir das 10:30h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo inicianse as actividades cun Roteiro da Árbore a cargo de Francisco Piñeiro, mindoniense de pro, que nos levará por todos os recunchos da cidade recordando as zonas arboladas que existían e sumerxindonos no pasado cos ollos de hoxe. Ao remate, ás 12.00h e desde a Casa de Luis Luaces (ex-rexedor mindoniense a quén lle debemos esta celebración)...
leer másEste venres, 28 de decembro, presentarase en Mondoñedo, o libro de José María Rodríguez Díaz. O acto terá lugar na Casa da Xuventude, ás 20:30 horas.
Participarán: Elena Candia, Manolo Xanetos, José Isidro Fernández e Antonio Gregorio. Despois da presentación haberá unha mesa redonda.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, entregaron esta tarde os premios aos gañadores da terceira edición do concurso fotográfico "O meu recuncho de Mondoñedo”.
A fotografía gañadora é de Andrea Gacio mentres que o segundo e o terceiro premio foron para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente.
Ademais, de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13 instantáneas coas que dende o Concello elaboraron o calendario para o vindeiro ano 2019.
As fotografías estarán expostas na oficina de turismo durante todo o Nadal.
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Educación, programa para este domingo, 23 de decembro, un concerto conxunto da Banda Pascual Veiga de Mondoñedo e da Banda de Música de Foz. O recital dará comezo as 20:30 horas no Auditorio Pascual Veiga.
O edil de Educación, Alberto García, explica que o concerto ofrecido pola Banda Pascual Veiga en conxunto coa formación de Foz “pretende ser unha homenaxe aos tres directores xa falecidos que tivo a formación mindoniense, Eduardo Rodríguez, ArcadioMon e EnriqueTeijeiro. Arcadio tamén foi director durante moitos anos da Banda de Música de Foz”.
Alberto García invita a desfrutar deste concerto, “preparado con moito empeño por grandes artistas e profesionais, durante o que queremos ter presente aos tres directores da agrupación Pascual Veiga e a todos os que...
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa celebración dun curso de xadrez que se desenvolverá no Casino e que organiza a Asociación Sendeiriña coa axuda do Círculo de Recreo de Mondoñedo.
A actividade será impartida por Pascual Ares, que foi campión galego na categoría xuvenil. Desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 18:30 a 20:30 horas.
A inscrición é de balde e pode facerse no mesmo Casino. Non é necesario anotarse previamente.
O Concello de Mondoñedo agasalla aos visitantes que esta ponte se achegan á localidade, de maneira que os turistas que se aloxen en calquera establecemento local poderán desfrutar de balde das audioguíasficcionadas ‘Merlín e familia. Un paseo emocionante polo Mondoñedo de Cunqueiro.’
Estas audioguías, realizadas por la Compañía de Teatro Chévere e financiadas pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense e o Concello de Mondoñedo, teñen unha duración de 45 minutos e propoñen un percorrido da mesma duración desde a Oficina de Turismo de Mondoñedo ata o cemiterio Vello guiados por "Rula" que, xunto cos mindonienses, nos debuxan o escenario dunha cidade entrañable e máxica, o Mondoñedo de Cunqueiro.
As persoas aloxadas nos esteblecemento locais poden recoller as audioguías na Oficina de Turismo municipal. Os...
leer másUn xurado profesional vén de fallar o terceiro concurso de fotografía ‘O meu recuncho de Mondoñedo”, que anualmente convoca o Concello e que este ano suma xa a súa terceira edición. A fotografía gañadora é de Andrea Gacio, na que se reflexan os cabalos, de tanta relevancia en Mondoñedo, pastando nos montes da localidade.
O xurado, integrado por fotógrafos dos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, así como por estudantes de fotografía; fallaron o segundo e o terceiro premio para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente.
Ademais, de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13 instantáneas coas que se elaborará dende o Concello o calendario para o vindeiro ano 2019. Os autores das instantáneas que ilustrarán o calendario son os seguintes:
Xaneiro: Xián...
leer másO Concello de Mondoñedo continúa a promover distintivos que potencian aínda máis o atractivo turístico da cidade durante o Nadal. O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías, Alberto García, anuncia tanto a inauguración da iluminación de Nadal o próximo sábado 8 de decembro, como a convocatoria dun novo Concurso de Adornos de Nadal.
O edil, que asegura que o actual Goberno “segue a apostar por embelecer e engalanar a nosa cidade despois da súa inclusión na rede dos Pobos máis Bonitos de España”, destaca a implicación do Concello “por mellorar a iluminación de Nadal tanto nas prazas como nas rúas co obxecto de facela máis atractiva”. Neste senso, Alberto García informa que “de novo colocaremos unha árbore de Nadal na Praza da Catedral, pero de maior altura e noutras tonalidades, ademais de que as principais rúas contarán con...
leer más












