Mondoñedo
Mariña Patrimonio organiza unha visita guiada a Mondoñedo o día 16 xuño para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila. Para esta actividade, grazas á colaboración do Concello de Mondoñedo, “contaremos cunha guía que nos acompañará durante o percorrido”, explican os organizadores.
E engaden que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus, con traxecto Viveiro - Foz - Mondoñedo (con paradas intermedias). As persoas interesadas teñen de prazo límite para apuntarse ata o luns 11, para termos tempo de contratar o bus e de facermos a reserva do xantar. Farano a través do correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan. En caso de non haber suficiente xente...
leer másA Asociación Cultural O Pasatempo anuncia a presentación e proxección da pelicula "Dhogs", do director meirense Andrés Goteira, que foi galardoada con 13 estatuíñas nos recentes Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Será o domingo, 10 de xuño, ás 20 horas no Auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo. Posteriormente, haberá un coloquio para saber máis da rodaxe e outras curiosidades coa presenza do citado director Andrés Goteira e co produtor executivo Adrián Folgueira.
A Asociación O Pasatempo subliña que “é orgullosa mecenas do proxecto, xa que a película saíu adiante grazas ao micro mecenazgo a través de páxina web. Como curiosidade, xa no ano 2014 nas II Xornadas de Curtametraxes realizadas por esta asociación en Mondoñedo, o director estivera presente mostrando curtas súas e explicando o proxecto da película Dhogs".
A cidade de Mondoñedo celebrará o vindeiro día 3 de xuño o Corpus Christi.Un ano máis, un grupo de voluntarios atópase xa inmerso nos preparativos para elaborar as alfombras florais, que se farán dende o sábado pola tarde.
O cartel, autoría de Irma Loureiro, foi presentado nun acto na Catedral no que participaron os propios voluntarios das alfombras florais, xunto á alcaldesa e ao bispo de Mondoñedo, D. LuisÁngel de Las Heras. A artista Irma Loureiro tamén é a encargada de deseñar as plantillas dos debuxos que adornarán as rúas da nosa cidade, nun día no que a beleza de Mondoñedo se incrementa, coas flores dos balcóns, as bandeiras e o colorido das alfombras florais.
Este ano a temática das alfombras será unha homenaxe ás antigas cidades e vilas da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, que cada ano se turnan para realizar...
leer másO 31 de maio dará comezo un obradoiro de vento madeira, para todos os rapaces e rapazas de ESO e BAC que queiran aprender e desfruten desa actividade. Terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música e participar dos obradoiros ofertados de balde.
O vindeiro xoves, 31 de maio, de cinco a seis da tarde será o primeiro encontro deste obradoiro no local da Escola Municipal de Música. Os alumnos interesados serán organizados en distintos grupos ao longo da tarde, no horario que mellor de axuste ás súas necesidades.
O obradoiro é gratuíto e celebrarase todos os xoves ata o 28 de xuño.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia a posta en marcha dunha campaña de promoción dos mercados dos xoves na localidade coa que se pretende incentivar tamén o comercio local.
A través de distintos soportes, como os medios de comunicación ou as redes sociais, o Goberno local destinará esta acción a poñer en valor as alternativas para mercar, así como as de ocio que ten Mondoñedo. Trátase, segundo explica a rexedora, de facer unha campaña “que conciencie da importancia de mercar no comercio local e capaz de atraer visitantes, nomeadamente para potenciar os mercados dos xoves”.
Desde o Concello destacan a importante variedade de produtos que se poñen á venda neses mercados, todos de primeira calidade. Á froita, produtos da horta, roupa, entre outros, vén de engadirse hai un ano un servizo de pulpeiro,...
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o III Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’.
O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías,Alberto García, explica que este ano“gustaríanos repetir a alta participación das dúas primeiras edicións e, a ser posible, superala pero sabemos que non será doado xa que este concurso tivo moi boa acollida desde o principio, ademais porque Mondoñedo prestase a este tipo de propostas pola beleza do seu casco histórico”. “Un concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos fermosos balcóns e ventás, senón tamén...
leer másO Concello de Mondoñedo súmase á celebración do día de Europa a través da música. Con tal motivo terá lugar un concerto este mércores, 9 de maio, ás 12:00 horas, na Praza do Concello de Mondoñedo.
A Escola Municipal de Música de Mondoñedo xunto ao CEIP Álvaro Cunqueiro, o IES San Rosendo e o Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro, interpretarán o himno de Europa, o himno da Alegría, un dos catro símbolos oficiais da Unión Europea.
O 28 de abril darán comezo As Quendas de Mondoñedo coa lectura do pregón a cargo de Ruth Chao, directora e produtora audiovisual premio Mestre Mateo. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.
O 29 de abril celebrarase a I Xuntanza de Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas. Haberá ademais unha exhibición hípica, con concurso de saltos, na Granxa, e ás 19:30 horas, no auditorio, actuará o grupo Daboapipa, a entrada será de balde. Tamén actuarán as orquestras PK2 e La Fórmula.
O 30 de abril ás 21:00 horas Xosé A. Touriñán presentará o seu Monólogo. Será no auditorio e o prezo da entrada a 5 euros. A música desa xornada correrá a cargo das orquestras Palladium e Claxxon.
O 1 de maio terá lugar a Feira de Gando e o Mercado de Produtos do campo galego. Ademais celebrarase a XXXV Festa da...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro participou na presentación do campionato provincial escolar de duatlón “Cidade de Mondoñedo” que se celebrará esta fin de semana na Cidade Episcopal e no que se agarda contar con ata 120 participantes. A cita terá lugar este sábado, a partir das 16.00 horas con percorrido entre as rúas Vilalba e Viñas da Veiga.
Durante a presentación do campionato, estivo presente a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o concelleiro de Deportes, Manolo Tapia, o xefe provincial do servizo de Deportes, Manuel Otero, entre outros, acompañados do delegado territorial da Xunta.
Programa xogade
Esta iniciativa forma parte do programa Xogade, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coas federacións deportivas...