Mondoñedo
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XIII Xornadas Abrindo Camiño que se celebran esta fin de semana en Mondoñedo para promocionar a ruta xacobea do Norte. Están organizadas pola asociación do mesmo nome (Abrindo Camiño), coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Mondoñedo. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias; Luís Fernández Ansedes, presidente da entidade organizadora, e a concelleira Patricia Otero.
O Goberno galego patrocina as xornadas, que serven para poñer de manifesto a riqueza cultural, patrimonial e gastronómica da ruta, mediante charlas, visitas guiadas, exposicións ou concertos.
A programación desenvolverase entre o venres 23 e o domingo 25 de outubro. Inclúe exposicións de fotografía, do Museo das Zocas e da artesanía do barrio dos...
leer másOs días 22, 23 e 24 de novembro de 2019 celebráronse en Mondoñedo as I Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina, organizadas polo Concello de Mondoñedo e a Asociación de Produtores de Faba Verdina de Galicia, con sede nesta cidade episcopal. A asociación foi creada en 2019 co fin de promover a faba verdina, un produto que acada nesta comarca excepcionais niveis de calidade. Un dos obxectivos das xornadas celebradas xa case hai un ano foi o de mostrar as posibilidades culinarias deste produto. Con patrocinio do Concello de Mondoñedo, elaborouse un libro de receitas, un receitario que recolle as propostas de catorce establecementos hostaleiros de Mondoñedo. Como poderán comprobar os que o lean, as preparacións e as combinacións da verdina son moi amplas, e van dende os guisos lentos de pucheiro ata os salpicóns ou as tortillas de ovos.
...
leer másO Concello de Mondoñedo presentou xunto con Manuel Fariña, presidente da Asociación Galega de Orquestras, e Mónica Barrreira, cantante da orquestra Principal, a programación alternativa de cultura e lecer para os vindeiros dous meses, que se desenvolverá durante todos os sábados, entre o 12 de setembro e o 17 de outubro, con todas as garantías sanitarias e sempre que o permita a evolución dos rebrotes.
Grazas á colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, promoverán o ciclo musical “Sons da Paula”, que pretende traer cada sábado un dúo musical, apostando por cantantes locais como Mónica Barreira e Silvia Campos, e tamén con artistas con tirón mediáticode orquestras como París de Noia ou FaniaBlancoShow, como é o caso de Diego Moreira ou Diego Barbazán, este último, concursante do programa da TVG “A Liga dos cantantes...
leer másEn agosto a Cova do Rei Cintolo tivo máis de 600 visitas. Consciente do interese que esperta este recurso natural e todo canto rodea á espeleoloxía, o goberno municipal de Mondoñedo, agora presidido por Manuel Otero, leva anos traballando para consolidar o municipio como destino turístico vinculado a esta modalidade. Esta mañá, o alcalde e a concelleira de Cultura, Elena Candia, mantiveron unha reunión co presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Francisco Martínez García, coa que o Concello mantén un convenio desde o 2016 polo que esta entidade se encarga das visitas guiadas á cova. No encontro de hoxe abordáronse novas iniciativas, entre as que destacan una nova opción dentro das visitas guiadas á Cova e o proxecto do Espeleoparque da Mariña Lucense que promove a Federación Galega de Espeleoloxía.
Os representantes do Concello...
leer másA Confederación de Espeleología y Cañones (C.E.C.) custodia, en colaboración co Concello de Mondoñedo e da Federación Galega de Espeleoloxía (F.G.E.), os fondos documentais da espeleoloxía española no Centro Español de Documentación Espeleológica (C.E.D.E.) situado no Pazo de Santo Tomé, en Mondoñedo. Con motivo do inicio dos traballos para catalogar e crear unha base de datos con todos os fondos que garda este centro, na mañá de hoxe visitaron as instalación do centro o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e a primeira tenente de alcalde, Elena Candia, deputada autonómica. No municipio da Cova do Rei Cintolo, a creación deste servizo consolida o carácter de Mondoñedo como destino turístico con interese espeleolóxico, en cuxa promoción traballa activamente o Concello.
O centro abriu as súas portas cun total aproximado de 3.000 volumes, aos...
leer másMondoñedo organiza o Merlín Fest, unha proposta musical alternativa en pequeno formato con grupos vencellados ao concello.
O festival conta con actuacións musicais simultáneas ao aire libre cada sábado dende as 20:30 ata as 22:30 horas. O vindeiro 1 de agosto a cidade mindoniense acollerá a Flashtop Cabaret na Praza do Concello, e a Charanga Aires do Padornelo, que desfilará polas rúas do casco histórico. Con esta proposta, o concello busca tamén reactivar pouco a pouco a vida nas rúas e na hostalería local.
O 8 de agosto Briacova actuará na praza da Catedral e o Grupo Xuventude na Fonte Vella.
O 15 de agosto Rafa Fernández ofrecerá un concerto na praza da Catedral. O 22 de agosto o protagonista será Hugo Eiroá, que actuará no cruce das rúas Bispo Sarmiento e Andrés Baamonde. E o 29 de...
leer másO Concello de Mondoñedo cancela a celebración do Mercado Medieval para este 2020 debido á situación sanitaria derivada da covid-19 e aposta por unha programación cultural e de lecer adaptada á actual situación sanitaria.
“Esta programación alternativa ten tamén como obxectivo contribuír a posicionar Mondoñedo como destino turístico seguro”, segundo sinala o concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías, Alberto García, quen afirma: “con esta proposta cultural buscamos a protección da saúde, a través de eventos en pequeno formato cos que dinamizamos e axudamos á economía local”.
Baixo o lema ‘ActivandoMondoñedo’, esta “programación alternativa de cultura e lecer no verán 2020” ofrecerá de xoves a domingo ata o final do verán diversas actividades distribuídas entre as distintas rúas e prazas mindoniensesque pretenden“...
leer másO Concello de Mondoñedo colabora coa segunda edición do Festival de Música de Cámara MindoMúsica que patrocina a Consellería de Cultura e que comezou este luns 29 de xuño cos ensaios que se estenderán toda a semana ata concluír con tres concertos entre o venres 3 e o domingo 5 de xullo.
Este ano, atendendo ás actuais circunstancias derivadas da emerxencia sanitaria da covid-19, o festival adáptase para ofrecer tres mini-concertos dunha duración aproximada de 30 ou 40 minutos cada un a cargo dun grupo moi reducido: un cuarteto de corda.
O desenvolvemento deste festival respectará as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas en relación á prevención do coronavirus. Así, o aforo será reducido e o público deberá asistir con mascarilla despois de retirar as invitacións que xa están dispoñibles na Oficina Municipal de...
leer másA cidade de Mondoñedo acolle o domingo 5 de xullo a décimo terceira edición das Xornadas do Peregrino ‘Abrindo Camiño’que, nesta ocasión, percorrerá un tramo do Camiño Cultural, entre a Basílica de San Martiño (Foz) e a Catedral de Mondoñedo, co obxectivo de promocionar e difundir esta ruta.
Ás nove e media da mañá está prevista a saída en autocar dende o cruce do seminario coa Avenida de Bos Aires ata o inicio da ruta. Un grupo reducido de persoas poderá participar, a partir das dez e media da mañá, nunha visita guiada ao Centro de Interpretación e ao interior da Basílica previa solicitude.
A ruta continuará en autobús ata a igrexa da Ermida dende onde comezará o camiño a pé ata o centro sociocultural de Oirán.Unha vez reagrupados os participantes con tempo para o descanso e o refrixerio, a viaxe continuará en...
leer másOs próximos días 12, martes, e 13, mércores, desenvolverase a segunda parte do Workshop Mondoñedo Virtual, dirixido por Felipe Debasa e Roberto Reigosa, enfocado a loitar contra o despoboamento nos tempos do coronavirus a partir dos bens culturais e o patrimonio, as smartcities, o entorno rural e a tecnoloxía. Estas videoconferencias efectuaranse por medio da plataforma Zoom e serán retransmitidas pola canle deYoutube de The Mondoñedo Valleye tamén a través da páxina de Facebook do Concello de Mondoñedo. Esta iniciativa enmárcase no proxecto Mondoñedo Valley Covid-19,para a loita contra o despoboamento, un proxecto encargado polo Concello de Mondoñedo á Universidad Rey Juan Carlos, dirixido polo profesor Felipe Debasa.
O martes, ás 12.00 horas está prevista a presentación na que participarán o alcalde, Manuel Otero; Alberto García...
leer más












