Mondoñedo

Etiquetas:
20/04/2021

Este sábado, 24 de abril, en Mondoñedo celebrarase un taller de márketing dixital.

A actividade está dirixida a pequenos comercios e autónomos e será impartida por Fran Saura e Felipe Debasa. Dará comezo ás 19:30 horas e terá lugar no Pazo de Santomé, antigo centro comarcal, na rúa Julia Pardo.

As persoas interesadas pódense anotar no teléfono 982 50 71 77.

O taller está organizado pola Universidad Rey Juan Carlos, e colaboran o Concello de Mondoñedo e The Mondoñedo Valley. 

 

18/04/2021

O vindeiro venres, 23 de abril, ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da curtametraxe “Mondoñedo” na que participa xente do concello e que conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces. 

Para a asistir é preciso levar cascos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de luns, día 19, no telefono 982 52.40.03, xa que o acto ten prazas limitadas. A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.

A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo.

 

02/04/2021

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo inicia a partir do 10 de abril todos os sábados pola mañá roteiros de sendeirismo por Mondoñedo. Serán en grupos de seis persoas cun monitor que guiará as mesmas por distintos sitios do municipio.

O primeiro roteiro realizarase ao Mosteiro dos Picos e ao Castro de  Zoñán. 

Para apuntarse aos roteiros ou informarse as persoas interesadas poden chamar ao  teléfono 605.790.091 (Raúl).

 

01/04/2021

O Concello de Mondoñedo inmortaliza nun vídeo (https://youtu.be/aCnG5ZOUEb0) a Semana Santa do 2021 marcada pola situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19. A creación audiovisual da a coñecer as imaxes máis importantes da Semana Santa mindoniense, de interese turístico, que se concentran este ano no interior da Catedral de Mondoñedo.

“Trátase dunha exposición única, nunca vista, nun entorno tamén único como é a Catedral de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional en 1902 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2015”, segundo destacan dende o goberno local.

A peza audiovisual de pouco máis de 3 minutos e medio comeza ensinando as tres obras escultóricas de Raimundo Rubal que adornan a entrada da Catedral de Mondoñedo.

Xa no interior, o...

leer más
28/03/2021

Comeza a exposición no Cruceiro da Catedral que da acceso ao Claustro, con imaxes da Procesión do Santo Encontro: a Verónica, o San Xoán e O Nazareno.

Na Xirola da Catedral, na primeira capela, a de San Fracisco, estará a Reserva do Santísimo. Na Capela do Cristo da Boa Morte, a que atopamos a continuación, está o Cristo Xacente dentro da súa urna. Pertence á Procesión do santo Enterro.

Na terceira capela, na de de Santa Ana, atópase a Dolorosa da Procesión da Soidade e remata a xirola a capela do Ecce Homo no que se atopan as imaxes do Cristo da Columna e o Cristo de Medinaceli da Procesión do Prendemento.

Son pasos da Semana Santa dos séculos XVII e XVIII.

 

16/03/2021

Onte inaugurouse no Centro Comarcal de  Mondoñedo a exposición fotográfica “Amar a mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas” organizada polo IES San Rosendo en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo e co Concello de Mondoñedo. 

Ao acto acudiron Manuel Otero, alcalde da cidade mindoniense, Patricia Otero, concelleira de Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá, e Carmen Rey ,directora do  CIM. Ademais tomaron parte no acto a directora do instituto, María José  Cuesta, e representantes da comunidade educativa e do persoal laboral do centro.

A exposición permanecerá aberta de 9:00 a 15:00 de luns a venres ata o próximo 16 de abril.

A mostra recolle fotografías de caras e mans das avoas, fillas e mais que para a comunidade do instituto son merecentes dunha homenaxe sinxela,...

leer más
Etiquetas:
14/03/2021

A Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo veñen de presentar as primeiras versións do «Mondopoli», un xogo de mesa elaborado de forma conxunta e inspirado nas principais localizacións, eventos e personaxes da cidade. A iniciativa conta co apoio do Concello de Mondoñedo e pretende poñer en valor as distintas referencias artísticas, xeográficas e festivas da localidade mariñá. 

«Mondopoli», que é un proxecto sen fins lucrativos, veu a luz esta fin de semana despois de varios meses de esforzo e traballo por parte das dúas entidades. Tanto o taboleiro como as distintas pezas que integran o xogo procuran ser o máis sostibles posible e correron a cargo de comercios de proximidade. Ademais, as fichas e os billetes supoñen dous dos elementos máis distintivos do produto. Dende este sábado, o resultado final está...

leer más
04/03/2021

Este vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20:00 horas, no local da Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación da novela “A Solo no le gustaba su nombre", de Pepe Peinó. 

Ademais do autor, estará, como vén sendo habitual, o lingüista Bernardo Penabade. Contarase tamén coa amenización musical a cargo de Alejandro Barreira, que interpretará tres temas acompañado da súa guitarra. O acto lévase a cabo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.

 

Etiquetas:
03/03/2021

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro congratúlanse de comunicar que o Museo conta cunha nova vitrina grazas á colaboración de César Cunqueiro González-Seco, fillo de Álvaro Cunqueiro, que cedeu novo material que foi propiedade do escritor mindoniense a quen está adicada a Casa – Museo.

O novo material que xa está exposto consiste en:
-O anel de Álvaro Cunqueiro polo título “Doutor Honoris Causa” concedido pola USC (1980)
-A medalla da concesión do Pedrón de Ouro a Álvaro Cunqueiro (1980)
-Unha figura de trotador medieval con zanfona correspondente ao Premio da Crítica – Galicia 1979 de Creación Literaria.
-A petaca para puros de Álvaro Cunqueiro
-A carteira coas letras “A” e “C” entrelazadas na parte dianteira representando a súas iniciais de Álvaro Cunqueiro.
-O catador de viños de...

leer más
Etiquetas:
01/03/2021

Comeza unha nova campaña de visitas á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo.

Dende o vindeiro venres, 5 de marzo, haberá visitas á cova en horario de fin de semana, os venres, sábados e domingos ás 12 e ás 17 horas.

As visitas realizaranse seguindo os protocolos anti covid19

As persoas interesadas en obter máis información ou para facer as reservas poden dirixirse ao seguinte número de teléfono 982 50 71 77.