Mondoñedo
A escritora, profesora da Universidade de Vigo e estudosa especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, Rexina Rodríguez Vega (Rexina Vega), foi designada como Cunqueiriana de Honra de 2021. Así o decidiu este sábado 30 de xaneiro por maioría a comisión designada a tal efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, entidades promotoras da distinción, durante unha reunión telemática na que os membros deliberaron despois de que cada un presentara unha candidatura e a promovera de forma argumentada.
Entre os sobresaíntes méritos intelectuais que Rexina Vega atesoura como estudosa e investigadora da obra de Álvaro Cunqueiro, a comisión quixo destacar o gran número de publicacións que desde fai30 años a ensaísta viguesa deu a coñecer en torno á vida e obra do autor mindoniense. Así, referiu títulos coma a súa guía de lectura...
leer másO Concello de Mondoñedo pon en marcha un programa de dinamización TIC dirixido ás persoas maiores de 65 anos que se desenvolverá en tódolos núcleos do municipio.
A programación, organizada polos técnicos de Servizos Sociais xunto ao equipo do programa As Tic na Casa, achegará as tecnoloxías á vida diaria das persoas de idade avanzada. Este servizo ofrecerá unha asistencia descentralizada e gratuíta que acompañará aos primeiros participantes, chegando aos seus fogares.
A concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Rodríguez Rico, sinala que “a posta en marcha deste proxecto social ten como obxectivo favorecer o envellecemento activo”; xa que, nestes momentos, as restricións pola pandemia da covid-19 limitan o acceso ao club do xubilado ou aos locais das asociacións de mulleres nos que se desenvolvían múltiples...
leer másO Concello de Mondoñedo vén de acordar a constitución dunha comisión permanente que será a encargada de designar cada ano o Cunqueiriano ou Cunqueiriana de Honra.
Formarán parte desta comisión o Alcalde da cidade, Manuel Ángel Otero Legide (en calidade de presidente), o Concelleiro de Cultura da mesma, Alberto García Fernández (ou as persoas nas que estes deleguen), ambos os dous en representación do Concello de Mondoñedo, entidade promotora; o fillo do escritor, César Cunqueiro; o Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, Armando Requeixo (en calidade de secretario); o xornalista e cunqueiriólogo, Miguel Somovilla; o Técnico de Actividades Culturais e Turísticas do Concello de Mondoñedo, Abel Vigo García e mais o cunqueiriano ou cunqueiriana de honra do ano precedente, nesta ocasión Víctor F. Freixanes,...
leer másO Concello de Mondoñedo e a asociación de comerciantes presentaron este sábado o vídeo de promoción do comercio local #regalamondoñedo, con motivo da campaña de Nadal. Esta peza audiovisual creada para a súa difusión a través das redes sociais pretende potenciar o comercio de proximidade durante estas datas e contribuír a “concienciar de que se merque preto”.
O Concello apoia esta campaña e convida aos veciños e visitantes a mercar durante este Nadal nos comercios de Mondoñedo e consumir produtos de Mondoñedo. Insisten, dende o goberno local, “na importancia de coidar o noso, especialmente nun momento complicado coma o actual” debido á pandemia do coronavirus que afectou a todos en xeral e aos pequenos negocios, o comercio e a hostalería local en particular.
Por iso, “máis ca nunca, debemos apoiar aos nosos...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias presentou xunto ao presidente da asociación Abrindo Camiño, Luís Fernández Ansedes, o cartel anunciador do concerto que A Quenlla dará no auditorio municipal de Mondoñedo o vindeiro martes, 8 de decembro, ás 19.45 horas, e que conta co patrocinio íntegro da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
A través deste concerto didáctico, o grupo de música tradicional galega interpretará as dez cantigas de Martín de Padrozelos, que foron musicadas por membros deste grupo no marco do proxecto Trobador no camiño. Andares pola lírica de Martín de Padrozelos.
O delegado territorial subliñou que este tipo de eventos “axudan á dinamización social, cultural e económica das vilas e cidades e á difusión do fenómeno Xacobeo”. O Goberno galego, engadiu, “traballa co...
O Concello de Mondoñedo e a Asociación de Produtores de Faba Verdina
de Galicia presentaron nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello
de Mondoñedo a segunda edición das Xornadas Gastronómicas da Faba
Verdina.
Estas II Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina de Mondoñedo terán
lugar os días 20, 21 e 22 de novembro, e nelas participan un total de 11
locais de hostalería da localidade. A faba verdina voltará a ser a
protagonista das tapas servidas en Mondoñedo, de xeito que o público
poida desfrutar deste alimento “gourmet” e comprobar a súa
versatilidade na cociña.
Os locais participantes son: Bar Amencer, A Bodeguiña, Bar Castro,
Bodegón da Catedral, A Cova, Restaurante Padornelo, O Petisco, O
Porriño, O Rincón, Viñoteca Segundo (Centro Social) e A Tasca.
Este ano está resultando...
A Delegación de Mocidade do Concello de Mondoñedo organiza o I Concurso de Decoración Noite de Samaín.
Os participantes terán que decorar a fachada da súa casa, ventás, portas ou entradas visibles, coa temática propia do Samaín. Valorarase a fachada máis orixinal e a decoración realizada con materiais de refugallo e deberá permanecer decorada ata o día 1 de novembro.
Poderán participar todos aqueles particulares, propietarios ou inquilinos tanto da zona urbana como rural do concello mindoniense. As solicitudes terán que presentarse nas oficinas do Concello de Mondoñedo, no teléfono 982 524 003 ou na dirección de correo electrónico xuventudemondonedo@gmail.com. Deberán adxuntarse imaxes da decoración ás solicitudes e o prazo para presentalas remata o día 31 de...
leer másA Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XIII Xornadas Abrindo Camiño que se celebran esta fin de semana en Mondoñedo para promocionar a ruta xacobea do Norte. Están organizadas pola asociación do mesmo nome (Abrindo Camiño), coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Mondoñedo. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias; Luís Fernández Ansedes, presidente da entidade organizadora, e a concelleira Patricia Otero.
O Goberno galego patrocina as xornadas, que serven para poñer de manifesto a riqueza cultural, patrimonial e gastronómica da ruta, mediante charlas, visitas guiadas, exposicións ou concertos.
A programación desenvolverase entre o venres 23 e o domingo 25 de outubro. Inclúe exposicións de fotografía, do Museo das Zocas e da artesanía do barrio dos...
leer másOs días 22, 23 e 24 de novembro de 2019 celebráronse en Mondoñedo as I Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina, organizadas polo Concello de Mondoñedo e a Asociación de Produtores de Faba Verdina de Galicia, con sede nesta cidade episcopal. A asociación foi creada en 2019 co fin de promover a faba verdina, un produto que acada nesta comarca excepcionais niveis de calidade. Un dos obxectivos das xornadas celebradas xa case hai un ano foi o de mostrar as posibilidades culinarias deste produto. Con patrocinio do Concello de Mondoñedo, elaborouse un libro de receitas, un receitario que recolle as propostas de catorce establecementos hostaleiros de Mondoñedo. Como poderán comprobar os que o lean, as preparacións e as combinacións da verdina son moi amplas, e van dende os guisos lentos de pucheiro ata os salpicóns ou as tortillas de ovos.
...
leer másO Concello de Mondoñedo presentou xunto con Manuel Fariña, presidente da Asociación Galega de Orquestras, e Mónica Barrreira, cantante da orquestra Principal, a programación alternativa de cultura e lecer para os vindeiros dous meses, que se desenvolverá durante todos os sábados, entre o 12 de setembro e o 17 de outubro, con todas as garantías sanitarias e sempre que o permita a evolución dos rebrotes.
Grazas á colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, promoverán o ciclo musical “Sons da Paula”, que pretende traer cada sábado un dúo musical, apostando por cantantes locais como Mónica Barreira e Silvia Campos, e tamén con artistas con tirón mediáticode orquestras como París de Noia ou FaniaBlancoShow, como é o caso de Diego Moreira ou Diego Barbazán, este último, concursante do programa da TVG “A Liga dos cantantes...
leer más