Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo inmortaliza nun vídeo (https://youtu.be/aCnG5ZOUEb0) a Semana Santa do 2021 marcada pola situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19. A creación audiovisual da a coñecer as imaxes máis importantes da Semana Santa mindoniense, de interese turístico, que se concentran este ano no interior da Catedral de Mondoñedo.
“Trátase dunha exposición única, nunca vista, nun entorno tamén único como é a Catedral de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional en 1902 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2015”, segundo destacan dende o goberno local.
A peza audiovisual de pouco máis de 3 minutos e medio comeza ensinando as tres obras escultóricas de Raimundo Rubal que adornan a entrada da Catedral de Mondoñedo.
Xa no interior, o...
leer másComeza a exposición no Cruceiro da Catedral que da acceso ao Claustro, con imaxes da Procesión do Santo Encontro: a Verónica, o San Xoán e O Nazareno.
Na Xirola da Catedral, na primeira capela, a de San Fracisco, estará a Reserva do Santísimo. Na Capela do Cristo da Boa Morte, a que atopamos a continuación, está o Cristo Xacente dentro da súa urna. Pertence á Procesión do santo Enterro.
Na terceira capela, na de de Santa Ana, atópase a Dolorosa da Procesión da Soidade e remata a xirola a capela do Ecce Homo no que se atopan as imaxes do Cristo da Columna e o Cristo de Medinaceli da Procesión do Prendemento.
Son pasos da Semana Santa dos séculos XVII e XVIII.
Onte inaugurouse no Centro Comarcal de Mondoñedo a exposición fotográfica “Amar a mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas” organizada polo IES San Rosendo en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo e co Concello de Mondoñedo.
Ao acto acudiron Manuel Otero, alcalde da cidade mindoniense, Patricia Otero, concelleira de Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá, e Carmen Rey ,directora do CIM. Ademais tomaron parte no acto a directora do instituto, María José Cuesta, e representantes da comunidade educativa e do persoal laboral do centro.
A exposición permanecerá aberta de 9:00 a 15:00 de luns a venres ata o próximo 16 de abril.
A mostra recolle fotografías de caras e mans das avoas, fillas e mais que para a comunidade do instituto son merecentes dunha homenaxe sinxela,...
leer másA Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo veñen de presentar as primeiras versións do «Mondopoli», un xogo de mesa elaborado de forma conxunta e inspirado nas principais localizacións, eventos e personaxes da cidade. A iniciativa conta co apoio do Concello de Mondoñedo e pretende poñer en valor as distintas referencias artísticas, xeográficas e festivas da localidade mariñá.
«Mondopoli», que é un proxecto sen fins lucrativos, veu a luz esta fin de semana despois de varios meses de esforzo e traballo por parte das dúas entidades. Tanto o taboleiro como as distintas pezas que integran o xogo procuran ser o máis sostibles posible e correron a cargo de comercios de proximidade. Ademais, as fichas e os billetes supoñen dous dos elementos máis distintivos do produto. Dende este sábado, o resultado final está...
leer másEste vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20:00 horas, no local da Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación da novela “A Solo no le gustaba su nombre", de Pepe Peinó.
Ademais do autor, estará, como vén sendo habitual, o lingüista Bernardo Penabade. Contarase tamén coa amenización musical a cargo de Alejandro Barreira, que interpretará tres temas acompañado da súa guitarra. O acto lévase a cabo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro congratúlanse de comunicar que o Museo conta cunha nova vitrina grazas á colaboración de César Cunqueiro González-Seco, fillo de Álvaro Cunqueiro, que cedeu novo material que foi propiedade do escritor mindoniense a quen está adicada a Casa – Museo.
O novo material que xa está exposto consiste en:
-O anel de Álvaro Cunqueiro polo título “Doutor Honoris Causa” concedido pola USC (1980)
-A medalla da concesión do Pedrón de Ouro a Álvaro Cunqueiro (1980)
-Unha figura de trotador medieval con zanfona correspondente ao Premio da Crítica – Galicia 1979 de Creación Literaria.
-A petaca para puros de Álvaro Cunqueiro
-A carteira coas letras “A” e “C” entrelazadas na parte dianteira representando a súas iniciais de Álvaro Cunqueiro.
-O catador de viños de...
Comeza unha nova campaña de visitas á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo.
Dende o vindeiro venres, 5 de marzo, haberá visitas á cova en horario de fin de semana, os venres, sábados e domingos ás 12 e ás 17 horas.
As visitas realizaranse seguindo os protocolos anti covid19
As persoas interesadas en obter máis información ou para facer as reservas poden dirixirse ao seguinte número de teléfono 982 50 71 77.
O Concello de Mondoñedo apoia á Federación Galega de Espeleoloxía na elaboración do Atlas de Cavidades de Galicia que recollerá información, entre outras, da Cova do Rei Cintolo, de cara á “poñer en valor a cavidade natural máis grande de Galicia e con maior percorrido horizontal” que “constitúe un dos reclamos naturais máis destacados do municipio”.
O consistorio mindoniense define como “ambicioso e pioneiro en España e incluso en Europa” este traballo de catalogación do mundo subterráneo e defende “a importancia deste tipo de material que divulgue coñecementos sobre as covas, así coma sobre a súa protección e conservación” debido a que son espazos naturais visitados tanto por espeleólogos e investigadores coma por turistas.
O Atlas de Cavidades de Galicia recollerá información, sobre localización, modelos...
leer másPor motivos de seguridade sanitaria o Concello de Mondoñedo non celebrará este ano o desfile de Entroido, como habitualmente acostuman a facer, pero para non deixar pasar estas datas de festexo e tradición sen realizar ningunha actividade organizarase o Atípico Entroido 2021 como concurso de disfraces de forma totalmente dixital para seguir poñendo en valor estas datas.
BASES:
1ª Obxecto
O concurso está formulado para poñer en valor e manter a tradición do Entroido, así como festexar estas datas importantes para o noso municipio.
2ª Participantes.
O concurso está aberto a todas as persoas físicas que desexen participar, diferenciando as seguintes categorías:
• Individual infantil e adulto
• Parellas convivintes infantil e adulto
• Grupos convivintes infantil e adulto
3ª Como participar
...