Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o VI Concurso de Fotografía "O Mellor Recuncho de Mondoñedo" baixo o lema "Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta" que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2022 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.
O prazo de presentación de traballos remata o 30 de novembro.
Accede ás bases: https://bit.ly/3EqZClN
A Praza do Concello de Mondoñedo acollerá un magosto tradicional o 6 de novembro, sábado.
As actividades empezarán ás 17:00 horas con merenda e decoración terrorífica, ás 19:00 horas haberá pasarrúas de Samaín acompañados da AC Os Foles. E ás 20:00 horas celebrarase un magosto tradicional coa música de AC Os Foles, Souto Xímaro e Os Carricantos.
Este evento está organizado pola Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación cultural O Pasatempo en colaboración co Concello de Mondoñedo e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O auditorio municipal Pascual Veiga acollerá este sábado, ás 12:00 horas, a presentación lo libro Mondoñedo, 1550-1800. Arquitectura e urbanismo de una sede episcopal e cuxo autor é o historiador de arte Javier Gómez Darriba.
A publicación está baseada na tese de doutoramento do creador e coa que acadou a máxima cualificación de Cum Laude. O acceso ao evento será gratuíto ata completar o aforo.
O volume, xa á venda nas librarías. Foi editado por Trea, sendo o Concello de Mondoñedo o encargado de financiar a súa publicación. Nas súas pouco máis de 400 páxinas descríbese a evolución urbana e arquitectónica que experimentou esta capital do Reino de Galicia ao longo dos tres séculos que conforman a Idade Moderna. Logo renovou a súa imaxe de sé episcopal grazas ao patrocinio de varios bispos, o Capítulo Catedralicio...
leer másCo pregón que pronunciará Sonia Villapol arrincarán As San Lucas 2021 o vindeiro venres, 15 de outubro, en Mondoñedo.
Sábado 16. As 12.00 horas a Gran Final da XX Copa Galicia P.R.G. do Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega. Ás 13.00 horas celebrarase unha exhibición de doma de Alta Escola dos Cabalos de Pura Raza Galega. Ás 17.30 horas terá lugar o encontro folclórico nesta ocasión coas bandas de gaitas La Reina del Truebano e El Enxambre de asturianas, o Ardo da Vella de San Miguel; e Toxos e Froles de Ferrol. Pola noite, ás 21.00 horas será o concerto de Roi Casal e tamén a actuación ás 22:15 horas, na Alameda, de Tania Veiras Grupo, quen estará tamén o domingo ao mediodía no mesmo recinto.
Domingo 17. Haberá varios actos culturais e literarios, con homenaxes ante ao mauselo de Manuel...
leer másO colectivo Gaita Escola de Mondoñedo ofrece clases de música tradicional impartidas polo profesor Roberto Salas desde o 7 de outubro. Serán no local veciñal de Masma todos os xoves a partir das 19:30 horas.
Haberá aula infantil e de adultos para os seguintes instrumentos: gaita, percusión, pandeireta e canto, requinta, frauta traveseira, clarinete, guitarra e bodhram.
Os interesados poden contactar con Gaita Escola de Mondoñedo a través do teléfono 605.07.47.17 ou do correo gaitaescola@gmail.com.
O alcalde de Mondoñedo, Manuel Angel Otero, o xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia, Manolo Otero, e o concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, presentaron unha nova edición da Carreira Mondoñedo Monumental, que se celebrará o 25 de setembro e que terá unha oferta deportiva para todas as idades e niveis.
Serán 5 competicións ao longo da tarde desde as 17:15 horas:
• 17:15 200m Cativos mixto (nados en 2014 e posteriores)
• 17:20 800m Sub10 mixto (nados en 2012 e 2013)
• 17:30 1600m Sub12 mixto (2010 e 2011)
• 17:40 2400m Sub14 y Sub16 mixto (2006 a 2009)
• Absoluta 5km (2005 e anteriores)
As persoas interesadas en participar dispoñen de toda a información en
www.ccnorte.com e na web oficial...
Entre os días 10 e 13 de setembro desenvólvese en Mondoñedo a programación cultural dos Remedios.
O venres, de setembro, ás 20:30 horas, celébrase a VII edición do festival Mamá quero cantar. Terá lugar no auditorio municipal Pascual Veiga e as reservas fanse na Escola de Música.
O sábado 11 ás 17:15 horas no Centro de Interpretación do Camiño Norte, representarase o espectáculo de improvisación teatral A familia Trivilorio. Ás 20:30 horas Os 6 gaiteiros de Riotorto percorrerán as rúas da vila tras saír da Alameda dos Remedios. Ás 22:00 horas celebrarase A gran gala do circo, maxia e humor, presentado polo Neto de Gayoso. Será na Alameda dos Remedios. Ás 23:00 horas actuará o grupo Principal; e tamén ás 23:00 horas na praza do Concello terá lugar o Merlín Fest co concerto de Superglú.
O...
leer másAventeira Cooperativa de Educación e Lecer desenvolve este sábado, 11 de setembro, en Mondoñedo unha xornada sobre a diabetes.
As actividades darán comezo ás 17:15 horas co espectáculo de improvisación teatral La familia Trivilorio. Despois terá lugar unha charla sobre a diabetes e o coidado do pé, que correrá a cargo de Damián García, enfermeiro e persoa con diabetes, e Noelia Castro, enfermeira e podóloga.
Os actos terán lugar no Centro de Interpretación do Camiño do Norte, na rúa Alcántara, s/n. A entrada é de balde ata completar aforo.
Colabora na organización deste evento: Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.
Espazo Leiras e o Grupo de Investigación en Ciencias Sociales y Tecnología (GICSOT) Udima organizan o I Seminario Internacional Mindoniense que, baixo o título Relacións históricas entre Galicia e Portugal, se celebrará os días 16, 17 e 18 de setembro.
Os directores deste seminario son: Dra. Manuel MendoÇa, presidenta da Academia Portuguesa da Historia, e Dr. Felipe Debasa, profesor de Mundo Actual de la Universidad Rey Juan Carlos e director da cátedra Nueva ruta de la seda CEF-UDIMA. Ademais o presidente do comité científico é o Dr. Emilio de Diego, académico de número da Real Academia de Doutores de España e académico de mérito da Academia Portuguesa da Historia. A secretaría académica corre a cargo de Roberto Reigosa, paleógrafo, historiador da arte e comisario da mostra temporal Espazo Leiras.
As inscricións...
leer másA vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou na presentación do Cumio Interautonómico dos Camiños do Norte “Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño”, que se celebrarán en Mondoñedo, Lugo e Santiago de Compostela do 24 ao 26 de setembro.
O proxecto, impulsado pola Asociación Abrindo Camiño de Mondoñedo como parte da Agrupación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago do Norte, preséntase como un conxunto de mesas de traballo e reflexión onde se conxugan as experiencias e perspectivas do tecido asociativo e das administracións autonómicas e locais, nun diálogo aberto para situar o Camiño como un revulsivo económico, social e cultural que conte coa colaboración e cooperación imprescindible de todas as partes implicadas.
Coa implicación de 27 asociacións de Euskadi, Cantabria, Asturias e...
leer más












