Mondoñedo
Desde o 21 de xullo e ata o 18 de agosto, Mondoñedo acollerá sete diferentes concertos e eventos musicais de balde por diferentes localización do pobo. O festival está organizado polo Concello de Mondoñedo e conta co patrocinio da Xunta de Galicia.
O Merlín Fest arrinca o 21 de xullo cun concerto do Trío Somoza na Praza da Catedral ás 23 horas, que versionarán cancións dos anos 70, 80 e 90. Seguidamente, o domingo 23 será o concerto de Skadelos ás 13 horas na Praza do Concello, que amenizará a sesión vermú.
O martes, 25 de xullo, terá lugar a noite folk, cun concerto de Owl Light e Xógara ás 21.30 nos Muíños. Este grupo caracterizase por un estilo de música singular: o folk anglo-galés-galego. O 30 de xullo os asistentes poderán desfrutar de algo totalmente distinto: música urbana e trap da man de Amorodo. Este...
leer más
O barrio dos Muíños celebrará as festas do Santiago o 23, 24 e 25 de xullo. Están organizadas pola asociación Barrio dos Muíños e conta coa colaboración de A Taberna do Valeco. A festa dará comezo o domingo 23 cunha sesión vermú á 13.30 horas e unha verbena ás 21.30 horas, ambas actuacións da man do Dúo Belinda.
Posteriormente, o luns 24 ás 22.30 horas continuará a festa coa verbena a cargo do Trío Zafiro seguida da discomóvil Eventec. Finalmente, o 25 de xullo comezará cunha misa solemne e unha procesión na honra de Santiago. O broche que pecha as festas será unha sesión vermú co DÚO EPO-K.
O Concello de Mondoñedo arranca a terceira edición do programa As TIC Na casa, iniciativa que se empezou a desenvolver en todas as parroquias despois do confinamento, para achegar aos maiores o uso das novas tecnoloxías. Nesta edición levarase a cabo en Mondoñedo centro, Oirán, Sasdónigas e Viloalle. O programa comeza agora e durará ata finais de setembro.
O envellecemento da poboación é unha das maiores preocupacións dos galegos. Para abordar a relación das persoas maiores coas TIC, o programa As TIC na Casa emprega dúas perspectivas: como usuarios activos que as usan para realizar tarefas de todo tipo (lecer, formación, xestión administrativa etcétera), ou como usuarios perceptores de servizos de apoio á súa vida diaria, cunha necesidade de interacción mínima coa tecnoloxía ou mesmo sen interacción algunha. Por outro lado, apoia á...
leer másA Xunta colabora coas 16ª Xornadas do peregrino Abrindo Camiño, que se desenvolverán os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo en varios escenarios de Mondoñedo e na escola habanera de Santaballa (Vilalba). O delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto co presidente da entidade organizadora -Abrindo Camiño -, Luis Fernández Ansedes, así como representantes do Concello de Mondoñedo e doutras entidades implicadas.
Esta edición leva por título Camiño de Santiago e emigración; e enxalzará a figura da mestra emigrada a Cuba Andrea López Chao, nacida en Mondoñedo en 1874. Así, recoñecerase e divulgarase o labor que desenvolveu no país caribeño no eido educativo, sociosanitario e na defensa dos dereitos das mulleres.
Javier Arias explicou que a...
leer másDesde la Fundación Celta señalan que “a partir del lunes 26 de junio podrás disfrutar de una nueva edición de los Campus de verano Fundación Celta by Cabreiroá 2023 que, durante seis semanas sin interrupción, se llevarán a cabo por diferentes sedes repartidas por toda la geografía gallega”.
El club anima “a disfrutar de tu deporte favorito entrenando con los técnicos de la cantera del RC Celta, equipo de fútbol más representativo de nuestra comunidad y con una gran reputación en la formación de jóvenes jugadores tanto a nivel nacional como internacional.Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizajes referentes a la educación integral y de un entorno de entrenamiento donde la diversión está asegurada”.
Los campus están destinados para niños y niñas de 4 a 16 años.
Las...
leer másDesde a AC O Pasatempo sinalan: “sumámonos este domingo, 14 maio, á celebración do Día das Letras Galegas no noso veciño concello de Lourenzá, cunha actividade que recorda ó homenaxeado Francisco Fernández Del Riego e a súa amizade co escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro”.
A actividade comeza ás 10 horas diante da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, na Praza da Catedral, cunha andaina popular ata a Casa de Fernández Del Riego en Vilanova de Lourenzá, percorrendo os arredor de 9 quilómetros de distancia que hai polo Camiño de Santiago.
Desde O Pasatempo indican: “coa chegada prevista ás 12:30 horas, leremos unha das cartas que se recollen no libro Cartas ao meu amigo e que o escritor mindoniense enviaba desde a súa casa da Praza da Catedral ó seu gran amigo laurentino,quén xa se atopaba en Vigo. Posteriormente á lectura...
leer másXa está listo o programa das Quendas 2023, que terán lugar en Mondoñedo do 28 de abril ao 1 de maio.
O pregón será o 28 de abril ás 21.00 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga. Correrá a cargo de D. Valentín Insua Palacios, Guía, Guarda, Sacristán e Campaneiro da S.I. Catedral Basílica de la Asunción de Mondoñedo e Ministro da VOT. E como remate terá lugar a actuación do Coro Mestre Pacheco da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
O 29 de abril celebrarase o I Encontro de Bandas de Escolas de Música da Mariña, no auditorio municipal a partir das oito da tarde. E pola noite na Alameda verbena coa orquestra Paréntesis e concerto, con entrada de balde, de Quinkillada.
O 30 de abril a verbena estará amenizada polas orquestras Mar D’Arousa e Waykas. E o 1 de maio...
leer másA vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro mantivo unha reunión coa comisión organizadora das xornadas homenaxe á mestra mindoniense na emigración Andrea López Chao.
Os representantes da comisión - Jose Luis Fernández Ansedes, da Asociciación Abrindo Camiño, o escritor e cronista oficial de Mondoñedo Antonio Reigosa, o antropólogo e investigador da USC Daniel Vázquez e o concelleiro mindoniense Eloi Cabanas - expuxeron as liñas xerais do proxecto, que pretende visibilizar e divulgar a súa vida e obra na docencia, na labor societaria e na defensa dos dereitos das mulleres, con diferentes actividades, a desenvolver entre La Habana, Mondoñedo e Vilalba desde o vindeiro 29 de marzo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará na documentacion e difusión das xornadas que se celebren no marco deste...
leer másA partir das 12:00 da mañá na Área Recreativa da Fervenza de Viloalle en Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades coa creación dun Mural do día da Árbore a cargo dos Veciños de Viloalle e con xogos infantís a cargo da Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo con Raúl á fronte.
Xa antes, e previa anotación no teléfono 605790091, haberá unha Andaina con saída ás 11h dende a Praza da Catedral e ata a Fervenza, con paso e parado na antiga Electricista Mindoninese.
Arredor das 12:45h plantaranse árbores frutaisnaÁrea Recreativa, momento no que se entregarán os premios aos carteis gañadores no XI Concurso de debuxo da Árbore. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación e con acompañamento musical.Ademais, durante toda a xornada...
leer másA Xunta de Galicia impulsa a posta en marcha do festival Mil primaveras, unha proposta arredor do universo creativo e o escenario vital do escritor Álvaro Cunqueiro, que se celebrará o sábado 11 de marzo en Mondoñedo. Trátase, ademais, dunha das 14 iniciativas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través do programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas.
A presentación tivo lugar hoxe na Delegación Territorial de Lugo e contou coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Lugo, Ana Mel; o concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García; e Irene Sineiro e Xosé Aldea en representación de Ouvirmos.
A...
leer más












