Mondoñedo
A asociación Mariña Patrimonio organiza a presentación dun libro do xeólogo e ensaísta asturiano Jaime Izquierdo Vallina que ten como título ‘De función pública. ¿Cómo va el mundo?’, ilustrado polo artista mariñán Xosé Blanco e editado por Krk Ediciones. O acto terá lugar no Pazo de Santomé (Mondoñedo) ás 19:30 horas do día 6 de outubro, venres, e nel intervirán o autor Jaime Izquierdo mailo ilustrador Xosé Blanco.
Mariña Patrimonio explica que “nesta obra, unha recompilación de artigos publicados polo autor en distintos medios de prensa ao longo dos últimos anos, abórdase a situación de abandono que sofre o medio rural, patrimonio natural e cultural imprescindible para garantir o futuro da nosa sociedade. Desde unha perspectiva, tanto científica coma humanista, o autor ofrece as claves que permiten comprender este fenómeno e as posibles...
leer másA asociación xuvenil Xoldrá organiza unha cea popular en Mondoñedo o venres 29 de setembro. Será na Praza do Concello desde as 20:00 horas e haberá carpa, comida, bebida, música e sorteos.
Para reservar hai que contactar co teléfono 680.78.34.35. O prezo é de 10 euros para adultxs e de 5 euros para os pícarxs.
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a presentación da 867 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros.
No acto interviron a deputada de Cultura Iria Castro, o deputado de Medio Rural Daniel García, o presidente de As San Lucas, Miguel Paz, e o concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García, e contou coa presenza de representantes da corporación municipal e da Xunta de Galicia.
Iria Castro salientou “a raíz gandeira e popular das San Lucas, que se ven celebrando desde 1156 e que recolle o pouso cultural e social de séculos de relaciónco cabalo e co medio natural” e fixo fincapé na “espectacularidade coa que esa tradición se reflexa na tradicional baixada cos cabalos, que abre as festas”....
leer másCamiño Escena Norte, o proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías teatro, danza e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega esta fin de semana a dúas novas localidades galegas. Concretamente, na xornada do domingo 24, CEN ofertará, no marco da súa programación, a posibilidade de gozar de dous espectáculos dixiridos a públicos de todas as idades, especialmente o familiar.
Por unha banda, ás 13:00 horas, a compañía de Navarra Cia. Levelibular presentará en Mondoñedo Portamundos, unha proposta de novo circo que fará sorrir e soñar a todos os membros da familia coas súas acrobacias e humor. En horario de tarde, ás 18:00 horas, a asturiana Luz de Gas Teatro presentará en Arzúa o seu espectáculo Luna, no que pon o foco, desde o escenario, sobre as diversidades a través...
leer másA asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado, 9 de setembro, a “XI Xuntanza de Cantos de Taberna”.
O encontro terá lugar ás 20:00h, onde 13 grupos de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos bares e tabernas da vila. Nesta edición propoñen iniciar a xornada cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional que se impartirá ás 17:30h na Praza do Concello.
É unha actividade aberta a todos os públicos e de balde, onde se poñerán en práctica os principais puntos de muiñeira e xota. Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do Concello a partir das 00:00h onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar coa música tradicional.
A organización quere agradecer á hostelería mindoniense a súa participación: A Cova,...
leer másMondoñedo acollerá un programa de formación para a dixitalización de mulleres desde o 26 deste mes ata o 9 de novembro.
Esta actividade de formación gratuíta, que inclúe un ordenador portátil de regalo e título acreditativo, é para mulleres de Mondoñedo e desenvolverase no Pazo de Santo Tomé en horario de 09:00 a 14:00 horas ou de 16:00 a 21:00 horas.
As interesadas poden contactar cos organizadores a través do teléfono 698.19.75.18, do correo electrónico lugo@galegasdixitais.es ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo (teléfono 982.52.40.03)
As festas patronais de Mondoñedo, na honra da Virxe dos Remedios, celebraranse do 8 ao 11 de setembro.
O venres 8 ás 23:00 horas actuará Roi Casal na Alameda dos Remedios e o sábado 9 a partir das 20:00 horas celebrarase a XI Xuntanza de Cantos de Taberna e na festa verbena actuarán Grupo Beatriz, Discomóbil Onda Norte e Os Charangos de Neda.
A tradicional ofrenda á Virxe dos Remedios, que este ano correrá a cargo do alcalde de Ferrol, será o domingo 10, xornada na que as actuacións musicais correrán a cargo de Ritmo Joven e KJ Peaboy.
E os festexos rematarán o luns 11, día no que se celebrará a misa de cofrades e haberá a actuación de Tania Veiras.
Mondoñedo (Lugo), terra natal do pai de Juana de Vega, é a próxima parada da exposición conmemorativa "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século" promovida pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do seu pasamento.
A inauguración será este venres, 1 de setembro, ás 12.30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Está prevista a asistencia do alcalde, Manuel Otero Legide; de Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega; e de Xosé Ramón Veiga, autor da última biografía sobre a mecenas e filántropa, que leva o mesmo título ca esta exposición. Este último será o encargado de presentar o vínculo de Juana de Vega con Mondoñedo a través da figura
do seu pai, que tivo unha grande influencia na educación, formación e traxectoria vital e política da súa filla, tal e como queda reflectido nos 20...
Onte, mércores, botan a andar os actos previstos na XXXI edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo. Un concerto do coro Mestre Pacheco e o Pequemedieval polas rúas da cidade servirán para ir abrindo boca cara ás xornadas principais da fin de semana.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do programa xunto co alcalde, Manuel Otero, e subliñou que se trata dunha festa de interese turístico que conta co apoio do Goberno galego.
Os postos do mercado abrirán o venres a partir das 20.00 horas, e o pregón será ás 12.00 horas do sábado, a cargo de representantes da asociación O Pasatempo.
Desde o 21 de xullo e ata o 18 de agosto, Mondoñedo acollerá sete diferentes concertos e eventos musicais de balde por diferentes localización do pobo. O festival está organizado polo Concello de Mondoñedo e conta co patrocinio da Xunta de Galicia.
O Merlín Fest arrinca o 21 de xullo cun concerto do Trío Somoza na Praza da Catedral ás 23 horas, que versionarán cancións dos anos 70, 80 e 90. Seguidamente, o domingo 23 será o concerto de Skadelos ás 13 horas na Praza do Concello, que amenizará a sesión vermú.
O martes, 25 de xullo, terá lugar a noite folk, cun concerto de Owl Light e Xógara ás 21.30 nos Muíños. Este grupo caracterizase por un estilo de música singular: o folk anglo-galés-galego. O 30 de xullo os asistentes poderán desfrutar de algo totalmente distinto: música urbana e trap da man de Amorodo. Este...
leer más












