Mondoñedo

29/12/2023

O Casino de Mondoñedo celebrará un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada do luns, 1 de xaneiro, e contará con ambientación musical.

Para asistir hai que retirar as tarxetas ata este sábado, 30 de decembro, pola mañá. O prezo, que inclúe consumicións ata fin de existencias, para os socios do colectivo organizador é de 20 euros e os que non o son deberán pagar 25 euros.

A reserva de tarxetas pode facerse a través dos teléfonos 686.39.03.19, 609.28.01.91 ou 657.35.88.69.

 

28/12/2023

A asociación xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, organiza a cuarta edición da Carreira Solidaria Findano, que se celebrará este domingo, 31 de decembro, ás 16:30 horas con saída desde a Praza do Concello mindoniense, onde se recollerán os dorsais a partir das 15:30 horas.

As inscricións para participar, que custan 7 euros, deben facerse a través da web galitiming.com e o prazo remata o 29 de decembro.

A organización explica que “como de costume, haberá premios e a totalidade dos beneficios serán doados á Fundación Eu Son”.

Para máis informacións as persoas interesadas poden contactar co teléfono 680.78.34.35.

 

21/12/2023

A catedral de Mondoñedo acollerá un concerto de Nadal, titulado Panxoliñas no Camiño, a cargo da Escola Municipal de Música O Pallarego o 26 de decembro, martes, ás 20:30 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Sendeiriña, que conta coa colaboración da Diocese Mondoñedo-Ferrol e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
20/12/2023

O Motoclub Ruta N-634 organiza a sexta edición da súa Papanoelada Moteira en Mondoñedo este sábado, 23 de decembro. Será a partir das 16:00 horas na Praza da Catedral e haberá sorteos, agasallos, inchables e chocolate. 

Este evento contará coa presenza de Adrián Méndez, mindoniense campión nacional de enduro na categoría de 65 centímetros cúbicos que presentará a súa nova moto, de 85 cc.

Etiquetas:
19/12/2023

O proxecto musical e literario Na Casa Deles presentarase en Mondoñedo cun concerto do cuarteto vocal Son de Corda este venres, 22 de decembro, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Será ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga, con entrada libre.

Son De Corda (Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando G. Jácome, tenor; e Antón Castro, baixo) interpretarán poemas de Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Luís Pimentel e Lorenzo Varela, e unha peza de literatura de tradición oral. Estarán acompañados por Raúl Rodríguez ao piano e Aldara Palmeiro co violín.

17/12/2023

A Asociación Cultural O Pasatempo organiza a visita a Mondoñedo da Apalpadora, cun contacontos musical infantil, que terá lugar no auditorio municipal o domingo 24 de decembro ás 17:00 horas.

A entrada a esta actividade é de balde. 

 

Etiquetas:
14/12/2023

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un Concerto de Nadal o día 21 de decembro, xoves. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.

Etiquetas:
14/12/2023

A ludoteca de Mondoñedo acollerá un campamento de Nadal desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e teñen preferencia os/as empadroados/as en no concello de Mondoñedo.

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de decembro e os interesados en máis información e para presentar as solicitudes deben dirixirse aos Servizos Sociais do Concello ou ao teléfono 982.52.40.03 - extensión 8.

Esta actividade será cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Etiquetas:
10/12/2023

El belén de la Catedral de Mondoñedo será inaugurado el 23 de diciembre, sábado, a las 17:00 horas.

El acto incluye un pregón a cargo del periodista y escritor Ramón Loureiro y la bendición del belén por parte del obispo de la Diócesis Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos. Participarán también los músicos Daniel Pérez y Carlos Fernández y el campanero catedralicio Valentín Ínsua.
 

01/12/2023

Veñen de presentarse as XXIII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía, que organiza o Concello de Mondoñedo e que terán lugar os vindeiros 15, 16 e 17 de decembro do 2023. A actividade combina charlas e visitas a puntos de interese. As conferencias terán lugar no Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro, e as visitas serán a diversos puntos da parroquia de Masma, en Mondoñedo.

O programa comezará o venres 15 ás 19:30 horas coa entrega de documentación e co acto inaugural para arrancar a actividade propia do curso, ás 20:00 horas, coa intervención de Abel Vigo García e José Otero Rejes para abordar o tema das caleiras e da produción tradicional do cal en Mondoñedo, como conmemoración dos 20 anos da recuperación etnográfica da obtención de cal nos fornos de Masma. Na mesma darase un repaso polo catálogo de caleiras que se conservan no...

leer más