Nenos
A área de Deportes do Concello de Burela vén de anunciar as actividades para este verán, do 6 de xullo ao 26 de agosto. Haberá distintas opcións como xogos na praia, rutas de sendeirismo, happy dance e rutas en bicicleta.
O prazo de inscrición será do 27 ao 29 de xuño, debendo cubrir a ficha de inscrición que se facilitará na Casa da Xuventude, no Concello ou descargándoa da web municipal, e entregándoa na Casa da Xuventude xunto coa fotocopia do DNI do pai/nai e fotocopia do libro de familia. Poderán participar nas actividades todas as nenas e nenos nados entre os anos 2025 e 2009.
As cotas de inscrición teñen un custo de 8 euros por mes e actividade, é dicir, abonaranse 16 euros por actividade. En todas haberá un número máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos, así como un número mínimo...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Burela anuncia que celebrará o Día do Neno o próximo 3 de xullo despois de dous anos sen poder realizarse. Nesta ocasión, non será no marco das festas patronais senón que a data trasládase ao inicio do verán.
Habilitaranse distintos xogos, inchables e obradoiros na praza da Mariña e na praza do Concello para goce do público infantil, ao que a área de Cultura quixo dar o seu espazo celebrando este día dirixido aos máis pequenos e pequenas das familias de Burela.
Segundo afirmou o edil de Cultura, Jose Díaz, “retomamos este día porque sabemos que durante as festas patronais non se puido facer, houbo que priorizar e por cuestións orzamentarias quedou pendente, polo que desde o concello ofreceremos o Día do Neno igualmente, nesta ocasión no primeiro domingo de xullo”. Díaz amosou...
leer másTrinta e dous equipos participarán os días 11 e 12 de xuño no XVII Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías de benxamín e prebenxamín. Os encontros disputaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do Ceip Gregorio Sanz.
Galicia, Asturias, Castela-León, Cantabria e Portugal son os lugares de procedencia destes xoves xogadores e das súas familias. En total arredor de 600 xogadores se darán cita esta fin de semana en Ribadeo. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, subliña que “entre xogadores e acompañantes estamos a falar de que recibiremos en Ribadeo a preto de dúas mil persoas esta fin de semana co que iso suporá para a economía local, sobre todo para hoteis, bares, restaurantes e tamén para o comercio”. E engadiu que “as fins de semana nas que se celebran torneos deportivos deste calibre son moi importantes para...
leer másO Concello de Cervo programa unha nova edición de “Cervo Concilia”, unha iniciativa municipal máis que consolidada que pretende ser “esa ferramenta de axuda á conciliación das familias, en épocas nas que pode resultar complicado como é o verán”.
O programa está dirixido ás crianzas do municipio de entre 3 e 12 anos e desenvolverase desde o 27 de xuño ata o 7 de setembro “traballamos para buscar a fórmula que nos permitise cubrir o total das vacacións escolares, para beneficiar ao máximo ás familias e axudarlles na difícil tarefa de conciliar”, tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares.
Pola súa banda a edil de Educación, Dolores García Caramés, que coordina o programa, apuntou que xa está aberto o prazo de inscrición “que se poderá formalizar ata o 25 de xuño na Casa do Concello o una Casa da Cultura”.
... leer másO domingo, 24 de abril, ás 12:00 da mañá estará na Libraría Bahía, de Ribadeo, o autor e ilustrador asturiano Alex Meléndez para presentar a súa obra dedicada ao público máis pequeno e editada por La Maleta Ediciones.
Segundo explican desde Libraría Bahía “poderemos escoitar as súas historias e mostrará á cativada a súa arte como ilustrador, dando vida cos debuxos aos personaxes e situacións dos seus libros”.
E engaden: “trátase dunha magnífica oportunidade para que a xente máis pequena da casa escoite e coñeza de primeira man a un autor deses libros que fan as súas delicias”.
O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos á infancia entre 4 e 12 anos. En total, realizaranse tres talleres, co obxectivo de ofrecer unha proposta de lecer durante as vacacións escolares e facilitar a conciliación familiar.
O primeiro obradoiro será o luns 11 de abril sobre papiroflexia, xogos e baile. O martes, 12 de abril, os cativos e cativas gozarán de malabares, xogos e happy ioga. Por último, o mércores, 13 de abril, os participantes terán unha ginkana, xogos e retos de lóxica.
Nas tres xornadas o horario será de 10:30 a 13:30. Para participar nas actividades, cómpre realizar a inscrición por WhatsApp no teléfono 654208333.
O Centro de Día Aloumiños convoca o 2º Concurso Nenos e Maiores, que patrocinan AciaFozCCA e o Concello de Foz. O Certame foi presentado por José Ramón Rodríguez, coordinador de Aloumiños, Inés López Couto, concelleira de Cultura e José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA.
A organización establece dúas categorías. A individual, para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos, que poderán presentar un debuxo ou un relato a elixir. A temática será E ti de pequeño… que facías?. Para obter esa resposta os participantes deberán facerlle esa pregunta a unha persoa maior da familia ou dos veciños e veciñas. E a especial para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos xunto a unha persoa maior de 65 anos. O traballo a realizar, con temática libre, pode ser unha manualidade feita polos dous (nen@ e maior).
José Ramón Rodríguez lembrou...
leer másA Pontenova acollerá un obradoiro de pesca en río para nen@s de todas as idades. Será impartido polo campión do mundo de pesca David Arcay.
Será este sábado, día 2 de outubro, de 11:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30 horas. O prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves, 30 de setembro, e os interesados deben contactar con Javier Méndez no teléfono 699.41.93.22
A programación cultural de outono do Concello de Foz inclúe unha nova cita para as/os máis pequenas/os, este sábado, 25 de setembro, con Tres por Catro e os seus Musicreques: contacontos musicais. Será ás 18:30 horas na biblioteca pública Salgado Toimil.
Este espectáculo, para público de 3 a 12 anos, consiste en música ao piano acompañada de rimas, cantos e monicreques.
As entradas son gratuítas e poden reservarse no teléfono 982.140.027 - Extensión 3.