Ourol

Etiquetas:
21/10/2017

O 29 de outubro terá lugar en Ourol un encontro da terceira idade cunha comida-baile.

Os destinatarios son persoas maiores de 55 anos, empadroados no concello de Ourol. 
Esta festa celebrarase no edificio multiusos a partires das 14:00 horas.

As anotacións poden facerse no departamento de Servicios Sociais do Concello, no número de teléfono 982 55 91 09, antes do xoves 26 de outubro.

O evento está organizado polo Concello de Ourol. 

 

Etiquetas:
20/10/2017

Biotecnólogos na Biblioteca será o obradoiro que Efervesciencia impartirá na Biblioteca Municipal de Ourol, este sábado, 21 de outubro, a partires das 12:00 horas.

Dirixido a rapaces/as de 6 a 12 anos mostrará, a través de experimentos curiosos e sinxelos, a parte máis divertida da ciencia coa que os asistentes aprenderán o que é a biotecnoloxía.

A inscrición é ata o día 20 de outubro e pode facerse no teléfono 982 55 90 19 ou entregando a documentación na Casa da Cultura.

 

Etiquetas:
13/07/2017

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e a Vicepresidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Sabela Ramil Rivera, presentaron no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o VI Festival Aturuxo, que terá lugar os días 28 e 29 de xullo na parroquia de Santiago de Bravos, no municipio mariñán. A cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, conta coa colaboración do Goberno da Deputación, a través do Musiqueando, coa actuación do grupo A.C.M. Arume de Burela, e cunha achega económica de 2.000 euros do Concello de Ourol.

García Porto destacou que “colaboramos con esta cita cultural e musical para dinamizar e dar a coñecer un Concello como o de Ourol, con pouca poboación e moi envellecida, ao tempo que impulsamos a economía e o turismo neste...

leer más
Etiquetas:
27/04/2017

O Concello de Ourol organiza obradoiros de robótica para rapaces co obxectivo principal de que se inicien no mundo da programación de forma sinxela e amena. Haberá dos grupos, un para os que teñen entre 8 e 12 anos e o outro para os de 13 a 18 anos.

Os obradoiros desenvolveranse os días 6, 20 e 27 de maio e 3 de xuño na Casa da Cultura de Ourol. O prazo de inscrición remata o 5 de maio e pode facerse chamando ao teléfono 982.55.90.19. 

 

Etiquetas:
17/04/2017

A Biblioteca Municipal de Ourol organiza o obradoiro titulado A ciencia é divertida o dia 22 de abril.

Esta actividade, dirixida a nen@s de 3 a 7 anos, consiste nun obradoiro de contos e experimentos. Os seus organizadores aseguran que nos primeiros anos da nosa vida movémonos pola curiosidade, e por iso é importante que os máis pequenos experimenten e gocen descubrindo.

O obradoiro dará comezo ás 11:00 horas do sábado 22 de abril, e terá lugar na Casa da Cultura-Biblioteca Municipal.

A inscrición pode facerse no número de teléfono 982 55 90 19, antes do venres 21 de abril.
Esta actividade inclúese no programa Ler conta moito.

 

Etiquetas:
04/04/2017

A asociación Chao de Castro Altair de Burela organiza un ano máis un campamento de primavera os días 8, 9 e 10 de abril. Terá lugar no centro social de Xerdiz en Ourol e está dirixido a nen@s de 7 a 14 anos.

O programa que se desenvolverá vai desde lecer ao aire libre, música, cociña, sendeirismo, xogos e actividades sobre animais e natureza. O prezo é 38 euros para socias/os e 56€ para non socias/os. Inclúe o transporte ao campamento, comidas, tendas de campaña, material de actividades, seguro e cota do mes de abril para as persoas que non sexan socias e queiran seguir participando nas actividades semanais en Burela, os domingos entre as 17:00 e as 20:00 horas.

O prazo para anotarse remata o venres 7 de abril, e as inscrición pode facerse no sitio web da asociación...

leer más
Etiquetas:
13/03/2017

A Concellería de Cultura, Xuventude e Deporte de Ourol e a Biblioteca Municipal organizan un obradoiro de Creatividade Artística, que terá lugar o 21 de marzo.

Neste obradoiro realizarase unha técnica de debuxo que consiste en trazar patróns repetitivos para crear imaxes. Utilizarase ademais un método para fomentar a tranquilidade e a concentración desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística. Non é necesario ter coñecementos previos de debuxo xa que se trata de relaxarse realizando sinxelos debuxos e mellorar a concentración e o benestar persoal. Será impartido pola profesora Elisabet Hillerud.

Este obradoiro de Zentagle será o 21 de marzo na Casa da Cultura de Ourol, ás 11:00 horas. As inscricións poden facerse chamando ao número de teléfono 982 55 90 19.

 

Etiquetas:
03/03/2017

O Concello de Ourol, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza varios actos para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo.

O sábado, 11 de marzo, haberá unha xuntanza de mulleres cunha charla de sensibilización e comida-baile.

Dará comezo ás 13:30 horas no edificio multiusos do Concello de Ourol . O custe da comida é 10 euros e o prazo para anotarse remata o mércores 8 de marzo. O abono é previo a retirada de entradas no departamento de Servizos Sociais.

 

Etiquetas:
28/02/2017

A Casa da Cultura de Ourol acolle o xoves, 2 de marzo, unha charla sobre nutrición infantil.

Organizada polo Concello de Ourol, a Biblioteca Municipal e o Centro de Fisioterapia, dará comezo ás 17:30 horas e está dirixida a pais, nais e profesionais que traballen con alimentos e nenos/as. O teléfono de inscrición é o 982 55 90 19.

Os obxectivos desta charla son: informar sobre o exceso de peso e a obesidade de nenos/as, detectar se a alimentación é correcta para a súa idade, proporcionar hábitos e costumes para elixir os alimentos e tratar a ausencia de educación alimentaria nos colexios. 

 

Etiquetas:
28/11/2016
O 3 de decembro chegará a Ourol o obradoiro da Fundación TIC "O móbil e o banco de recordos".
 
O obradoiro "O móbil e o banco de recordos" estará en Ourol o 3 de decembro. Esta actividade está organizada pola Fundación TIC da Deputación Provincial de Lugo, que invita a participar ás persoas maiores de 55 anos. Os asistentes deberán levar as súas fotos máis apreciadas para que se lles ensine a dixitalizalas co seu móbil e realizar posteriormente un álbum moi especial.
 
Os interesados poden anotarse no número de teléfono 982 559019. A Fundación TIC fai un chamamento á participación para que a memoria dos nosos maiores perdure na rede.
 
Este obradoiro "O móbil e o banco de recordos" terá lugar o 3 de decembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Ourol.