Ourol

Etiquetas:
29/07/2022

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora na mellora da sinalización turística do legado indiano en Ourol a través de placas con códigos QR e un folleto para ampliar información sobre 17 edificacións. A información estará dispoñible na web de Turismo da Mancomunidade e a publicación na Casa do Concello ourolesa e tamén nas oficinas de turismo da comarca. A iniciativa, que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística, ten por obxectivo revalorizar o patrimonio e a historial local. 

No día de hoxe o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Francisco Cajoto, acompañado do alcalde do Concello de Ourol, José Luis Pajón, de Pilar García Porto, en representación da Deputación de Lugo, Paloma Vázquez por parte da Xunta de Galicia e Isabel Rodríguez, subdelegada  do Goberno en Lugo, visitaron o concello ourolense...

leer más
Etiquetas:
19/06/2022

O Concello de Ourol organiza, un ano máis, a Ludoteca de Verán para nenos e nenas empadroados/as en Ourol con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos (cumpridos ó longo deste ano). Esta actividade terá lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 e realizarase en horario de 10:30 a 13:30 de luns a venres.

O prazo de inscrición comezou o día 15 de xuño e rematará o día 23 do mesmo mes. No caso de quedar prazas vacantes abrirase un prazo de 1 día (27 de xuño) para persoas non empadroadas. As solicitudes realizaranse no Concello (Rexistro/Departamento de Servizos Sociais) a partir das 9:00 horas do día 15 de xuño segundo modelo normalizado. Tamén serán admitidas as solicitudes presentadas por correo electrónico no modelo normalizado (que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello) na seguinte dirección:...

leer más
Etiquetas:
05/06/2022

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou na presentación do Festival Aturuxo de Bravos, que se celebrará os vindeiros días 29 e 30 de xullo, unha cita gratuíta coa que colabora a Deputación cunha achega económica de preto de 20.500€.No acto, que tivo lugar no local social desta parroquia do concello de Ourol, participou tamén o Alcalde do municipio mariñán, JoséLuisPajón, e a responsable da asociación Aturuxo de Bravos, María del CarmenRivera Vidal.

García Pernas destacou que “dende a Deputación colaboramos con esta festa dende hai uns anos, pero nesta edición quixemos facer unha colaboración especial, acorde ao cartel e á programación organizada”. Neste sentido,o Deputado sinalou que a institución subiu a achega económica, canalizada a través dun convenio de colaboración co Concello de Ourol, ata os 20.450...

leer más
Etiquetas:
18/05/2022

Desde a organización explican que “coa intención de coñecer e recuperar a ruta do antigo Camiño Real que levaba ata Compostela, organízase este roteiro para o vindeiro 21 de maio. O recorrido é o seguinte:

Ourol, saída ás 9 horas cara a Loibán, pasando por Sabucedo e subindo por Sebrán ata o Foxo, seguindo pola Gañidoira, Bestemuz e baixanado ata Muras”. 

E engaden que “rematará a xornada cun xantar (previa anotación) no restaurante Santi en Muras. Si estás interesado en participar podes chamar ao teléfono do concello 982 559109”.

E lembran que “e preciso traer calzado axeitado e moitas ganas de gozar dun día en plena natureza”.

Na organización participan a asociación Camiño Real, a asociación cultural Roteiros da Carba e tamén os Concellos de Ourol, Muras e...

leer más
22/04/2022

O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de Primeiros Auxilios co obxectivo de adquirir coñecementos e habilidades sobre o manexo de situacións que requiran actuacións de primeiros auxilios básicos (asistencia ante feridas e hemorraxias, dificultades respiratorias, dor torácica, convulsións, queimaduras, síncopes, picaduras ou mordeduras, reanimación cardiopulmonar básica, atragoamento...etc).

Será o 3 de maio ás 16:30 horas no edificio multiusos. 

As persoas interesadas en asistir poden reservar praza a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais ou chamando ós teléfonos 982 55 91 09 / 67 7489 457.

Etiquetas:
05/04/2022

O Concello de Ourol abre o prazo para anotarse no obradoiro A horta en macetas, que se impartirá o vindeiro 21 de abril. 

Trátase dun obradoiro de carácter teórico-práctico co obxectivo de aprender a importancia de elixir ben as macetas, os abonos, de cómo regar e cando facelo, os invernadoiros, os transplantes...

O obradoiro será impartido o 21 de abril de catro a oito da tarde no edificio multiusos de Ourol. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse nos teléfonos:  982 55 90 19 ou 608 694 051 (WhatsApp) ata o 19 de abril. As prazas son limitadas. 

 

Etiquetas:
15/03/2022

A terceira edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Ourol e primeiro Rally do Concello de Ourol celebrarase o 2 de abril, sábado. Están organizados polo Club Clásicos Viveiro, que explica que “ambos eventos teñen as prazas limitadas. E podedes ir aos dous xa que non se solapan”.

Entre as actividades programadas hai un paseo turístico a partir das 11:00 horas, despois sesión vermú a cargo de Verónica Cambón e ás 14:00 horas terá lugar a comida, para as prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 27 de marzo. Desde as 17:00 horas haberá xogos e competicións e rematarán as actividades cunha pancetada a partir das 20:00 horas.

Etiquetas:
14/03/2022

O 18 de marzo Trémola Teatro visita Ourol co contacontos "Dúas nenas moi valentes".

Dúas nenas que durante unha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de fascinantes historias con mulleres como protagonistas. Está destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos. A cita dará comezo ás 18:30 horas no edificio multiusos.  

E o vindeiro domingo, 20 de marzo, Trémola Teatro representará a obra "Se pechas os ollos" unha historia sobre como un amor de xuventude pode cambiarche a vida. Será ás 17 horas no edificio multiusos con entrada gratuíta. 

 

Etiquetas:
05/03/2022

O edificio multiusos de Ourol acollerá a celebración dun curso sobre o manexo do estrés e da ansiedade, que se celebrará o día 5 de abril ás 16:30 horas.

A actividade será impartida pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns coa docente Jenifer Souto Pérez, enfermeira, educadora e psicóloga.

A reserva de prazas pódese facer nos números de teléfono 982 55 91 09 e 677 489 457.

Etiquetas:
01/03/2022

O Concello de Ourol organiza unha sesión de autocine o 12 de marzo ás 21:00 horas na explanada do edificio multiusos, onde se proxectará a película Sicixia, de Ignacio Vilar.

Esta cinta obtivo o galardón ao mellor filme estranxeiro no Festival de Houston en 2017 e á mellor actriz para Marta Lado no Festival Cinespaña de Tolosa en 2016. O reparto está encabezado pola propia Marta Lado e Monti Castiñeiras.

Para asistir é necesario reservar entrada en www.autocine.gal ou chamando ao teléfono 982 55 91 09. A entrada é gratuíta.

A apertura do recinto será ás 20:00 horas e a entrada é por coche sen importar o número de usuarios. O aforo está limitado a corenta vehículos.