Ourol

Etiquetas:
03/11/2023

A asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte, da parroquia de Bravos (Ourol) organiza un magosto para o 11 de novembro, sábado. Será no seu local social a partir das 21:00 horas. 

Haberá cachelos, torresmos, chourizos e castañas de balde. E baile amenizado polo dúo Samba.

 

Etiquetas:
26/10/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza un campionato de tute a partir do 5 de novembro e que se xogará o primeiro e terceiro domingo de cada mes a partir das 18:00 horas no local social de Bravos (Ourol).

Para inscribirse hai que enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número de teléfono 661.866.552. O prazo remata o 29 de outubro.

A organización explica que “o número de parellas participantes será de oito; así que non te demores”.

Etiquetas:
24/10/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos (Ourol) organiza a representación da obra titulada ‘Vaia pronóstico’, a cargo do grupo teatral deste colectivo. Será este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas no local social de Bravos, con entrada de balde.

Os organizadores anuncian que a obra é divertidísima e nela “as cousas non serán o que parecen. As risas están aseguradas”.

Etiquetas:
10/10/2023

O Concello de Ourol organiza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, un curso sobre a protección xurídica das persoas con demencia ou discapacidade. Será o 30 de outubro, luns, de 16:30 a 18:30 horas no edición multiusos do Concello de Ourol.

O obxectivo deste curso é proporcionar información e aclarar dúbidas con relación á nova regulación legal sobre a capacidade xurídica das persoas con demencia (medidas de apoio no ámbito persoal, patrimonial e económico). 

Os interesados poden anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57) ou a través da web https://escolasaude.sergas.es.

Etiquetas:
22/09/2023

O Concello de Ourol organiza unha actividade de ioga para maiores co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional. As clases terán lugar os mércores de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos, darán comezo o día 4 de outubro e desenvolveranse ata xuño.

O prazo de inscrición remata o 29 de setembro e debe facerse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457). Para participar hai que estar empadroado no concello de Ourol e esta actividade require formar un grupo mínimo de 10 persoas.

Etiquetas:
18/09/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), retoma as actividades coa organización dun obradoiro de elaboración de xabóns artesáns que se desenvolverá este sábado, 23 de setembro, ás 17:00 horas. Será no centro social de Bravos.

Este obradoiro inclúe teoría audiovisual, elaboración de dous xabóns, documentación impresa e mostras para levar.

O prezo para os socios do colectivo organizador é de 10 euros e os que non o sexan terán que pagar 2 euros máis. 

As prazas son limitadas e as inscricións deben facerse a través do teléfono 661.86.65.52, preferiblemente por WhatsApp.

 

Etiquetas:
09/08/2023

O Concello de Ourol presentou a exposición de cadros de José Manuel Hermida Blanco (Senel), que se poderá visitas os días 13 e 14 de agosto no edificio multiusos. A entrada será gratuíta e o Concello invita a todos a achegarse a visitala.

O horario será de 11 a 13 horas ambos días pola mañá. E pola tarde o domingo de 17 a 19 horas e o luns de 17 a 21 horas.

Etiquetas:
26/07/2023

O Concello de Ourol presenta a exposición “O soño cubano da emigración galega”, cedida polo Consello da Cultura Galega con motivo da Ruta Indiana durante os días 3, 4, 5 e 6 de agosto no edificio multiusos.

A exposición poderá visitarse o 3 e o 4 de agosto entre as 11 e a 13 horas e de 17 e as 19 horas. Para o fin de semana, días 5 e 6 de agosto, o horario aumenta de 10 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas. A entrada é libre e gratuita.

A exposición trata de narrar e recrear as fases e facetas principais da epopea migratoria que tivo lugar en tantos lugares desta terra. Así pois, poderá coñecerse dende a chegada dos inmigrantes ata o seu retorno, pasando por asociacións que crearon. Tamén, existe o apartado da situación das mulleres inmigrantes así como publicacións e proxectos políticos para Galicia que...

leer más
Etiquetas:
10/07/2023

O Concello de Ourol organiza un percorrido con dezasete puntos de visita pola arquitectura indiana do municipio os días 5 e 6 de agosto. Comezando na Casa de Puentes e rematando co Cemiterio Indiano de Xerdiz. A ruta realizarase nun autobús propio da arquitectura da época. 

Precísase de previa inscrición, que se abrirá a mediados do mes de xullo. Ademais pode recibirse máis información no teléfono 982.55.90.19. Tamén existe un mapa interactivo no que se poden ver imaxes dos edificios e paradas que se farán durante a visita. Cada un dos dezasete recursos conta con información específica accesible dende a web de Turismo de A Mariña Lucense.

O proxecto está organizado polo Concello de Ourol pero conta co apoio da Mancomunidade de A Mariña Lucense, con cargo ao Plan de Sostebilidade Turística da Mariña Lucense,...

leer más
Etiquetas:
21/05/2023

O vindeiro martes, 23 de maio, ás 16:30 horas.terá lugar no Edificio Multiusos un curso sobre Exercicio Físico e Ocio para maiores. Este curso realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e vai dirixido a toda a poboación.

Esta actividade ten como obxectivo proporcionar coñecementos sobre a importancia dun estilo de vida saudable e o desenvolvemento de actividades físicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevención de enfermidades.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden anotarse chamando ós teléfonos 982559109/677489457