Ourol
O traballo de dous canteiros de Ourol ponse en valor nun libro grazas ao apoio da Deputación de Lugo
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración para a edición do libro A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros, que ten por obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio indiano para impulsar o turismo cultural no concello e no conxunto da Mariña.
A institución provincial achega 4.000€ para a edición desta publicación, obra de Anxo Vázquez Pernas, e que recupera a historia e o traballo de dous grandes canteiros na zona da Mariña Occidental: Xaquín de Gato e Francisco Veiga, máis coñecido como Pena de Miñotos.
O libro consta de 25 capítulos, que percorren a época de maior auxe destes dous artistas, desde a elaboración de cruceiros na que destaca a influencia dos Carboeira...
leer másO sábado 9 de marzo celebrarase en Ourol a quinta edición da súa xuntanza de coches clásicos. Será na explanada do Concello da partir das 10:00 horas, cando se realizará a recepción dos vehículos. Ás 11:30 comezarán un paseo turístico e a partir das 13:00 horas haberá sesión vermú amenizada por Discomóvil Conxuro.
Ás 14:30 empezará a comida, servida por Seiramar Eventos, co seguinte menú: callos, churrasco, sobremesa, café e chupito. O prezo é de 30 euros por persoa e para participar hai que reservar a través do teléfono 711.72.88.17. O prazo remata o 5 de marzo.
Haberá sorteos e premios para o vehículo máis antigo, de máis lonxe e mellor restaurado.
O vindeiro 8 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol organiza un taller e a exposición titulados "Sobre as nosas cabezas". Esta mostra recolle imaxes de mulleres de diferentes países porteando nas súas cabezas. Unha imaxe típica galega, pero que tamén se pode ver noutras zonas do mundo como Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana, India...
O Concello de Ourol explica que “a artista Cristina González, que asina a súa obra como Cristina Castro en honor ó lugar onde naceu, estará con nós para contarnos como xurde este proxecto que nace en Guinea Bissau e que a leva a profundar nesta imaxe de mulleres porteadoras desde un punto de vista sociolóxico e artístico. Todos lembramos ás nosas avoas ou ás nosas nais porteando produtos do campo na súa cabeza para levar ás feiras ou ó mercado;...
leer másO Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación de Lugo e enmarcado no Programa Xunt@s de participación cidadá e envellecemento activo, organiza unhas xornadas de uso e manexo dos móbiles intelixentes. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello de Ourol os días 7 e 14 de marzo de 2024 (xoves) de 10:30 a 12:30 horas.
Para anotarse as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, vai a levar a cabo un Taller de Musicoterapia co obxectivo de promover o benestar físico, mental e emocional a través da música. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o vindeiro 13 de marzo (mércores) ás 16:30 horas.
Todas aquelas persoas que desexen participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello nos teléfonos 982559109/677489457 ou directamente a través do seguinte enlace da páxina web da Escola Galega de Saude para Cidadáns https://extranet.sergas.es/.../ListadoActividadesCidadans...
A parroquia de Bravos, no municipio de Ourol, celebrará o Entroido na noite do luns 12 de febreiro con degustación de produtos típicos destas datas e baile.
As actividades empezarán ás 22:00 horas coa degustación de produtos de porco e doces típicos do Entroido. E haberá baile amenizado polo dúo Dilema e premios para os mellores disfraces en tres categorías: individual, parellas e grupos.
A festa celebrarase nunha carpa instalada ao lado do Centro Social de Bravos. Está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, que conta coa colaboración do Concello de Ourol.
O Edificio Multiusos de Ourol acolle un curso de autodefensa para mulleres os días 8 e 10 de xaneiro
O Concello de Ourol organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será os días 8 e 10 de xaneiro, luns e mércores, de 16 a 20 horas no Edificio Multiusos.
A organización explica que é unha actividade “enmarcada no acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Galega de Municipios e Provincias. Trátase dun curso dirixido a mulleres cunha condición física normal e consistirá nun adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación de cara a diversas situacións de violencia de xénero. Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita”.
Para anotarse as interesadas poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e...
leer másA Biblioteca Municipal de Ourol organiza a visita de Papá Noel con contacontos de Nadal para o día 21 de decembro, xoves. Será ás 18:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.
Esta actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, que poderán levar as súas cartas para Papá Noel.
A inscrición para asistir está aberta ata o 20 de decembro a través do seguinte enlace: https://forms.gle/p9sEpKhNvsnT8dbr9.
Os interesados poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.
O local social de Bravos, en Ourol, acollerá un obradoiro de velas este sábado, 16 de decembro, ás 16:30 horas. Será impartido pola Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo.
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos, que explica: “é un obradoiro de velas decorativas de xel e de velas infinitas que terá lugar no local social de Bravos, Ourol, o vindeiro sábado 16 de decembro a partir das 16:30 horas. Nel poderán participar ata 20 persoas e o prezo da inscrición é de 12 euros para socias/os e de 15 euros para os que non son. Podedes realizar a inscrición a través do WhatsApp 661.866.552 ata o día 12”.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron un convenio de colaboración para a edición do libro A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros, que ten por obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio indiano para impulsar o turismo cultural no concello e no conxunto da Mariña.
A institución provincial achega case 4.000€ para a edición desta publicación, obra de Anxo Vázquez Pernas, e que recupera a historia e o traballo de dous grandes canteiros na zona da Mariña Occidental: Xaquín de Gato e Francisco Veiga máis coñecido como Pena de Miñotos.
O libro consta de 25 capítulos, que percorren a época de maior auxe destes dous artistas desde a elaboración de cruceiros na que destaca a influencia dos Carboeira ata a explosión iconográfica dos...
leer más