Ourol

09/07/2024

A parroquia de Miñotos, no concello de Ourol, celebrará as festas de Santa Mariña, coñecida popularmente como “avogada das verrugas”, esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14 de xullo.

As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada polo trío Zafiro.

O sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú co grupo Alaska, que tamén actuará na verbena dese día xunto á disco móbil Conxuro.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú prolongada co trío Karma.

 

Etiquetas:
27/06/2024

A parroquia de Miñotos, no concello de Ourol, celebra a festa de San Pedro este sábado, 29 de xuño.

As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Tapyoka, que tamén actuará na verbena xunto a unha disco móbil.

Esta festa está organizada pola asociación de veciños San Pedro de Miñotos.

Etiquetas:
16/06/2024

O Concello de Ourol organiza unha Ludoteca de Verán para nenas e nenos de 4 a 12 anos, empadroados no concello. Esta actividade vaise a desenvolver no pavillón polideportivo municipal, inicialmente durante o mes de xullo (de 10:30 a 13:30 horas de luns a venres) e poderase prorrogar un mes máis en caso de concesión da subvención solicitada á Xunta de Galicia para este fin, anuncia o Concello.

As persoas interesadas poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.

Haberá tamén un servizo de conciliación para aquelas familias que acrediten a necesidade del. Será de 8:00 a 10:30 e de 13:30 a 14:00 horas Para máis información e solicitudes deste servizo deben dirixirse á Casa da Cultura ou chamar ó teléfono 982.55.90.19.

Etiquetas:
10/06/2024

A parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol, celebrará a festa na honra a San Antonio esta fin de semana: o venres 14 e o sábado 15 de xuño.

As actividades empezarán este venres ás 20:00 horas con degustación de pinchos, empanada, callos e chourizos á brasa, coa música dunha discoteca móbil.

E o sábado 15 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao trío Bahía con José Costas.

07/06/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre riscos de estafa, roubos nos domicilios, timos e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o día 13 de xuño, xoves, ás 11:00 horas.

Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457).

 

03/05/2024

O festival de música galega Aturuxo, de Bravos (Ourol) celebrarase os días 19 e 20 de xullo, venres e sábado. A cita, con entrada de balde, promove a música folk, rock e pop en galego e xa conta coa confirmación de artistas para esta nova edición como Loita Amada, Tecor Societário, Catuxa Salom e Ugía Pedreira.

O XII Festival Aturuxo celébrase en dúas xornadas: 19 de xullo pola tarde-noite e 20 de xullo durante toda a xornada. O venres haberá a tradicional cea de irmandade e posterior concerto, para logo rematar cunha foliada popular. O sábado, a música soará dende o mediodía e pola tarde haberá xogos interxeracionais, obradoiros e actuacións cómicas ou teatrais, dirixidas a todos os públicos.

Haberá dispoñible servizo gratuíto de autobús para facilitar os desprazamentos.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres un acordo de...

leer más
Etiquetas:
23/04/2024

A sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acollerá desde este mércores, 24 de abril, ata o 4 de maio unha mostra de pinturas realizadas pola artista holandesa Simone Nijkamp, que faleceu en Baroso (Ourol) no ano 2021. É unha actividade organizada polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro.

A exposición, titulada “Miradas / Olladas”, será inaugurada este mércores ás 20:00 horas. Intervirán no acto a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o alcalde de Ourol, José Luis Pajón; o presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, Carlos Nuevo; ademais de familiares e amigos de Simone Nijkamp. E haberá unha actuación musical a cargo de Lino Rico e Esperanza Pérez.

Etiquetas:
11/04/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, dentro do Programa Xunt@s para impulsar a participación cidadá, vai levar a cabo unha actividade sobre nutrición e hábitos de vida saudable. Será no edificio Multiusos do Concello o venres 19 de abril ás 17:00 horas.

Esta actividade realízase “co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e hábitos saudables, proporcionando información práctica e consellos útiles para mellorar a calidade de vida a través dunha nutrición axeitada e un estilo de vida saudable”, explica o Concello de Ourol.

Para anotarse nesta actividade as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457.

Etiquetas:
10/04/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, vai organizar un curso sobre "Os traballos de primavera para mellorar a produción nas hortas". Esta actividade vai ter lugar os días 23 e 24 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.

Neste curso os participantes aprenderán como mellorar diversos aspectos para aumentar a produción nas nosas hortas: limpeza da terra, regadío e utensilios agrícolas, compra de vexetais e a súa colocación na horta, coidado dos cultivos, pragas...

As inscricións pode facerse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.694.051. O prazo remata o día 19 de abril.

Etiquetas:
10/04/2024

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza unha festa para celebrar o seu décimo aniversario e pechar a tempada de actividades da tempada 2023-24. Será o día 20 de abril, sábado, no seu local social a partir dar 13:00 horas.

Haberá sesión vermú, amenizada por Sandra, e despois comida, sorpresas e sorteos.

A inscrición para participar pode facerse a través do WhatsApp +34722105850 ata o 16 de abril.