Ourol
O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre as estafas a través dos teléfonos móbiles e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Esta charla está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o xoves 14 de novembro ás 11:00 horas.
Para máis información e para anotarse as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).
O Concello de Ourol celebrará un Encontro de Maiores o día 27 de outubro, domingo, ás 14:00 horas. Será no restaurante Louzao, de Area (Viveiro).
Esta actividade é gratuíta para persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol. Os cónxuxes ou parellas que non estean empadroados poderán acudir aboando o importe da comida. As persoas dependentes poderán ir cun acompañante.
A data límite para anotarse é o 24 de outubro e hai que recoller a entrada no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).
Vilares, que é un lugar da parroquia de Merille (Ourol), celebrará as festas na honra de San Francisco de Asís os días 4 e 5 de outubro, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 13:00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú, co grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venús. A partir das 21:00 hora haberá xamón cocido, chourizo e pan gratis.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e sesión vermú co dúo Estrellas, que tamén actuará pola noite na verbena xunto a Juanjo Music.
Ourol acollerá un espectáculo de circo a cargo da compañía de Dani Blanco, con teatro, malabares, equilibrios, música, clown, etcétera. Será o día 24 de setembro, martes, ás 18:30 horas no Edificio Multiusos.
É unha actividade destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, con entrada libre e gratuíta.
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro de Lettering, que se desenvolverá o vindeiro día 24 de setembro a partir das 10:30 horas.
A actividade ensinará a dar os primeiros pasos na técnica do lettering, que consiste en debuxar letra. Axuda ao desenvolvemento creativo á vez que favorece a concentración e a relaxación.
Está destinado a todas as persoas interesadas nesta técnica e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 982 55 90 19 ou 608 694 051.
Colaboran na organización deste obradoiro: Biblioteca Municipal de Ourol, Ler Conta Moito e Rede de Bibliotecas de Galicia.
O Concello de Ourol presenta a programación de actividades para persoas maiores 2024-2025.
Haberá ximnasia de mantemento, os martes e venres, a partir das 11:30 horas. Esta actividade dará comezo o 1 de outubro.
Tamén se impartirá ioga suave e meditación, os mércores, ás 11:00 horas, desde o 2 de outubro.
Completará esta programación o taller de adestramento da memoria que se levará a cabo os luns, ás 11:00 horas, desde o 7 de outubro.
Estas actividades terán lugar no edificio multiusos e as persoas interesadas deben acudir ao departamento de Servicios Sociais para cubrir a ficha de inscrición. A data límite para anotarse é o 26 de setembro.
O próximo domingo, 8 de setembro, celebrarase a Quedada XXXVI Marcha Cicloturista, que percorrerá un total de 65 km por Viveiro, pasando por lugares emblemáticos como Sixto, Foxo e As Lobeiras, ata chegar ao Monte San Roque. A saída será ás 9:30 horas dende a Praza Pastor Díaz. A organización corre a cargo de Peña Lar Viveiro, coa colaboración dos Concellos de Viveiro e Ourol.
As inscricións están abertas a través de www.galitiming.com, cun límite de 75 participantes. O prezo para participar na ruta é de 7 euros, mentres que a ruta con comida terá un custo de 20 euros. Tamén se ofrece a opción de comida para acompañantes por 13 euros.
Para máis información, pódese visitar a web www.pclar.es, contactar a través do correo...
leer másO próximo 14 de setembro o do Sixto, no concello de Ourol, celebrará as tradicionais festas na honra á Virxe dos Remedios.
A xornada comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne seguida da tradicional procesión. De seguido, terá lugar a animada sesión vermú, amenizada polo Dúo Caramelo.
Ás 15:00 horas celebrarase un xantar popular cun menú que inclúe callos, churrasco de porco, chourizo, patacas, postre, café e chupito. O prezo por persoa é de 28 € e as reservas pódense facer ata o día 11 de setembro nos seguintes números de contacto: 606 668 054 (Cruz) e 669 308 211 (Adrián).
Xa pola noite, a celebración continuará cunha gran verbena, onde actuarán o Dúo Caramelo e o Dúo D'Cache. Para maior comodidade dos asistentes, instalarase unha carpa no Cruce de Lombao.
...
leer másO libro titulado “A imaxinería nos cemiterios de Ourol”, escrito por Anxo Vázquez Pernas, será presentado polo propio autor nun acto que se celebrará este sábado, 10 de agosto, ás 20:00 horas no Multitusos deste concello, con entrada libre.
O Concello de Ourol anuncia que “este libro fai un percorrido polos cemiterios de Xerdiz, Merille, Ourol e Miñotos, onde os traballos dos canteiros Xaquín de Gato e Francisco Veiga (coñecido como Pena de Miñotos) destacan pola súa beleza e os traballos de cantaría. O libro estará a disposición de todos os veciños/as de Ourol a partir do día 12 de agosto nas dependencias municipais”.
O Concello de Ourol organiza un ano máis as súas festas na honra da Nosa Señora. Este ano serán os días 10, 11 e 15 de agosto, xornadas nas que a parroquia contará cun gran número de actividades e cousas para facer.
O sábado, 10 de agosto, Anxo Vázquez Pernas presentará o seu libro titulado “A imaxinería nos cemiterios de Ourol”. O acto terá lugar ás 20:00 horas no edificio multiusos. Ás 21:00 horas, actuación do grupo de gaitas Bágoas da Terra seguida dunha gran cea popular ás 21:45. Dita cea, servida polo Catering Rochela, de Vilalba, na carpa da praza do Concello, terá un custo de 28 euros para os maiores de 11 anos e de 14 euros para os nenos de 7 a 11 anos non empadroados na vila. Todos os empadroados, así como os nenos de 0 a 6 anos, cearán gratis. Será imprescindible recoller o tícket nas dependencias do Concello para entregalo o...
leer más












