Ourol
O edificio multiusos de Ourol acolle este domingo, 15 de marzo, ás 17:00 horas a representación La Pimentera, teatro foro sobre o papel das mulleres nos pobos.
É unha idea orixinal de Miguel Fernández, con guión e dirección de Tatyana Galán.
A representación ten lugar con motivo da celebración do Día da Muller e ao seu remate realizarase un foro participativo onde as persoas asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual.
Esta actividade está financiada con cargo ao Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad e o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron un convenio de colaboración para a edición do libro Cruceiros, Cristos cruces, e outros monumentos de Ourol.
A institución provincial achega 5.500 euros para a edición de 600 exemplares desta publicación, que recolle o nome dos cruceiros, a análise da estrutura, materiais dos que están feitos os que están desaparecidos e como se leva a cabo a conservación dos cruceiros das oito parroquias. Este libro recolle tamén os cemiterios máis destacados do municipio, como son o de Ourol, Miñotos e Xerdiz,construídos coas achegas dos emigrantes, sendo de tradición indiana.
No traballo de recollida, a veciñanza colaborou co autor, Mario Saavedra Pérez, a quen guiaron por todas as zonas de onde se puido sacar a información para...
leer másO Concello de Ourol organiza un curso de labores e manualidades.
A actividade dará comezo o día 4 de novembro e terá lugar na Casa da Cultura, en horario de 17:30 a 19:30 horas.
O prazo de inscrición remata o día 28 de outubro e os/as interesad@s poden anotarse no número de teléfono 982 55 90 19. As prazas son limitadas e a actividade está dirixida a persoas de todas as idades.
Mariña Patrimonio organiza para o día 27 de outubro unha visita guiada ao concello de Ourol para coñecer o seu patrimonio civil e relixioso máis salientable. Ademais de a Ourol, achegarémonos a Bravos, Xerdiz e Vilares.
Desde Mariña Patrimonio indican que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus o traxecto Foz - Ourol (con paradas intermedias, das que se informará así como dos horarios). Esta opción é a máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita. As persoas que estean máis afastadas, poderían incorporarse ao bus en Foz. Como vén sendo habitual neste tipo de saídas, haberá un xantar no que poderán participar todas as persoas que o desexen”.
A data límite para anotarse remata o vindeiro luns, 21 de outubro. As persoas interesadas que o fagan saber...
leer másO Concello de Ourol organiza un curso de memoria para maiores.
A actividade dará comezo o día 16 de outubro e terá lugar no Edificio Multiusos, en horario de 11:00 a 12:30 horas. O curso desenvolverase todos os mércores e rematará no mes de xuño.
As persoas en obter máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, co número de teléfono 982 55 91 09.
O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e as representantes da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, CarmenRivera Vidal e CarmenSeijas Lamelaspresentaron este xoves nos Xardíns doPazo de San Marcos, o VIII Festival Aturuxo, que terá lugar os días 19 e 20de xullo na parroquia de Santiago de Bravos en Ourol. Esta nova cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, e que conta apoio da Deputación e do Concello.
Vidal Baamonde remarcou que “esta nova edición conta cun programa de primeiro nivel, con artistas como Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar e o Som do Galpom. Todas e cada unha destas actuacións son un verdadeiro referente da nosa música tradicional galega, por iso, para nós, é un autentico privilexio participar e colaborar na promoción deste ...
leer másO Concello de Ourol organiza o ciclo Ourol Saudable que se celebrará durante os meses de maio e xuño.
O programa está destinado a mellorar as condicións de vida e promocionar a actividade física e unha dieta saudable. Abordará temas como a nutrición e exercicios cardiovasculares con claves para coidar a dieta e previr enfermidades como a diabetes, hipertensión, colesterol, obesidade, osteoporose e artrose. Tamén se tratará a hixiene postural con recomendacións para o coidado da espalda, posturas correctas, mobilizacións de cargas e aprender a camiñar. Ademais se falará de biblioterapia, como axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como mellorar o seu benestar a través da lectura.
As actividades terán lugar no Centro de Fisioterapia, sito no Paseo da Rega, no parque...
leer másO Concello de Ourol iniciou este martes, día 2, a súa programación para persoas maiores coa celebración dun curso de ximnasia de mantemento.
Esta actividade terá lugar os martes e os venres, en horario de 11:00 a 12:00 horas, no edificio multiusos do Concello de Ourol. O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e retrasar os efectos do envellecemento a través da realización de exercicio físico adaptado como parte dos seus hábitos diarios. As persoas interesadas en participar deberán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais ou chamar ao número de teléfono 982 55 91 09 (preguntar por Teresa ou Berta).
Ademais o vindeiro 17 de outubro dará comezo un obradoiro de adestramento da memoria que se celebrará os mércores, de 11:00 a 12:30 horas, no edificio multiusos.
Con...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e a Vicepresidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Sabela Ramil Rivera, presentaron no Pazo de San Marcos, o VII Festival Aturuxo, que terá lugar os días 20 e 21 de xullo na parroquia de Santiago de Bravos en Ourol. A cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, conta co principal patrocinio da Deputación.
García Porto sinalou que “o Executivo Provincial promove esta iniciativa, co obxectivo de dinamizar a vida cultural das nosas vilas e contribuír a poñer en valor as nosas tradicións con este festival no que actuarán grupos punteiros da musica galega como Os Carecos, Monolious DOP, NAO e Ruxe Ruxe”. Ademais, apoiando está Festivalcontribuímos a consolidar esta cita e, ao mesmo tempo, poñemos en...
leer másO Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol organiza un Encontro de Maiores que terá lugar o 28 de abril en Covas.
Esta xuntanza é para as persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol, dará comezo ás 14:30 horas e celebrarase no resort Las Sirenas, de Covas (Viveiro).
A data límite para anotarse é o día 19 de abril.
Despois da comida haberá baile e sorteo de regalos.