Ourol
O Concello de Ourol, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza varios actos para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo.
O sábado, 11 de marzo, haberá unha xuntanza de mulleres cunha charla de sensibilización e comida-baile.
Dará comezo ás 13:30 horas no edificio multiusos do Concello de Ourol . O custe da comida é 10 euros e o prazo para anotarse remata o mércores 8 de marzo. O abono é previo a retirada de entradas no departamento de Servizos Sociais.
A Casa da Cultura de Ourol acolle o xoves, 2 de marzo, unha charla sobre nutrición infantil.
Organizada polo Concello de Ourol, a Biblioteca Municipal e o Centro de Fisioterapia, dará comezo ás 17:30 horas e está dirixida a pais, nais e profesionais que traballen con alimentos e nenos/as. O teléfono de inscrición é o 982 55 90 19.
Os obxectivos desta charla son: informar sobre o exceso de peso e a obesidade de nenos/as, detectar se a alimentación é correcta para a súa idade, proporcionar hábitos e costumes para elixir os alimentos e tratar a ausencia de educación alimentaria nos colexios.