Parroquias
O Concello de Lourenzá organiza un programa de dinamización das parroquias, que se desenvolverá desde febreiro ata maio. Haberá actividades de novas tecnoloxías, ximnasia de mantemento, pilates, manualidades e artes decorativas. O prazo de inscrición abriuse hoxe e rematará o 8 de febreiro.
Este programa está dirixido ao desenvolvemento de accións nas parroquias do Concello de Lourenzá co obxectivo de dotar aos seus e ás súas habitantes dunha maior e mellor oferta de actividades de formación, ocio e tempo libre. Realizaranse dous tipos de accións: oferta de actividades de lecer e formación e unha xuntanza con todas as persoas que participen no programa. O obxectivo é mellorar as relacións sociais das persoas do rural de Lourenzá como base para a súa participación social e o fortalecemento da comunidade.
O programa...
leer másO concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anima a asistir a estas citas.
O edil ribadense contou que “logo da presenza do grupo Ollomao en Rinlo, este pasado domingo, o ciclo Cultura nas parroquias fai unha pequena maratón por outros lugares esta fin de semana”.
Farruco Graña explicou que “dúas compañías representan tres espectáculos. Por unha banda, Rilo & Penadique, e pola outra uns vellos coñecidos en Ribadeo, Os sete magníficos máis 1. Dúas actrices nun caso e dous actores noutro irán a Couxela, Remourelle, Cinxe, Vilela, Vilaselán e ao Círculo Habanero da Devesa. A maiores, a sesión do domingo pola mañá terá lugar no hospital asilo de Ribadeo”.
Graña dixo que “se van poñer carteis nas parroquias e nos locais onde vai haber actos para que todo o mundo estea enterado”.
... leer másO vindeiro mes de abril celebraranse as V Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Proba Deportiva: Sábado 7 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Cultural: Sábado 14 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Artística: Sábado 21 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 28 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte. Entre as novidades pódese destacar que nas probas dos xogos populares, introdúcese unha proba para nenos e nenas de ata 12 anos. Ademáis, un ano mais, todas as probas...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza representacións teatrais para o 13 de xaneiro, sábado, en tres localidades do municipio.
En Vilaronte, o grupo Pico do Castro representará a obra A miña muller volveu. Terá lugar ás 19:00 horas no local da asociación cultural O Castro de Vilaronte.
Na parroquia de Nois o grupo de teatro A Adala presentará a obra Ola Doutor. Dará comezo ás 19:00 horas no centro social A Saira.
Tamén ese sábado 13 de xaneiro, en Marzán o grupo O Centiño porá en escena a obra Zume de Amorodos. Será ás 20:00 horas no local da Antiga Báscula.
O vindeiro luns, 11 de setembro, arrinca unha nova edición do programa Aquí?... Coma de 20!. Un cento de veciños e veciñas das parroquias ribadenses participan nas actividades ofertadas polo Concello.
Desde a Concellaría de Igualdade lembran que “Aquí?… Coma de 20! comezou no ano 2013 cunha ampla proposta de actividades enfocadas a aquelas persoas maiores de 65 anos e que están a vivir nas parroquias de Ribadeo. Durante este tempo o proxecto inicial aquelouse ás actividades que máis éxito tiveron entre as persoas participantes así como ás necesidades que se detectaron”.
E engaden que “2015 iniciouse cun obradoiro de memoria que contemplou as parroquias de Cedofeita, Remourelle, A Devesa, Rinlo e Couxela, co que imos continuar neste novo período. Concentrando as actividades nestas parroquias conseguimos que as...
leer másO vindeiro mes de abril celebraranse as VI Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Probas Deportivas: Sábado 1 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Probas Culturais: Sábado 8 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Probas Artísticas: Sábado 15 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 22 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte. Entre as novidades pódese destacar que na proba deportiva este ano haberá catro probas polo que se dará a posibilidade de participar a xogadores de distintas...
leer másO sábado, 11 de marzo, ás oito da tarde, no Centro socio-cultural de San Cosme de Barreiros o grupo Falcatrueiros Teatro, de Monterroso, porá en escena Quizais é que non me queres?, unha obra de creación colectiva baseada en textos de Quim Monzó, Suso de Toro, Juan José Millás... e dirixida por Jouse García.
As relacións de parella, este é o punto de partida desta obra, ou mellor dito, a ruptura ou o desengano nesas relacións; como unha relación pode cambiar nun breve intre, cun simple xesto, unha simple palabra ou unha situación diferente á normalidade.
A obra está estruturada en pequenas escenas de parella que se desenvolven nun bar; un punto de encontro de todo tipo de personaxes. Trátase dun espectáculo cómico no que situacións aparentemente normais se converten en anormais, e iso sempre provoca o sorriso....
leer más