Ruta
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas Fontes e os Regos de Riotorto, que terá lugar o 16 de maio.
A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 14 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para o socio non federado e 4€ para o socio temporal. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización informa que a ruta ten un lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade medio. Ademais recomenda levar equipo de sendeirismo, mascarilla e xantar. O desprazamento farase en coche.
Se o tempo o permite os participantes xantarán no remate da ruta e pola tarde farán a que...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, o Concelleiro de Comunicación e Relación Institucionais do Concello de Foz, Carlos García, e representantes dos guías de turismo que realizarán as actividades, presentou nos Xardíns do Pazo de San Marcos o programa de actividades que a institución provincial pon en marcha con motivo do Día da Transrománica. Esta iniciativa, que celebra a súa xornada internacional o domingo 9 de maio, contará na provincia con 14 rutas que se levarán a cabo nunha xornada de portas abertas ao románico da provincia.
Os itinerarios serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita, e estarán dirixidos por un guía oficial de turismo. No caso de Meira e de Foz, os concellos...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro pola ruta das Minas, na Pontenova, o 25 de abril. A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 23 de abril nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 e no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, máscara e lanterna para poder camiñar por algún túnel, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio cunha distancia de 12 quilómetros. Se o tempo o permite, os participantes xuntaranse para comer cumprindo os protocolos da pandemia.
O Concello de...
leer másDesde o Concello sinalan que “á vista da situación epidemiolóxica e, aínda que a realización da ruta está permitida e se realizaría cun estrito cumprimento das medidas sanitarias -ao igual que a realizada na pasada semana- o Concello de Barreiros decidiu suspender esta ruta a espera da evolución do coronavirus no municipio”.
Esta segunda ruta organizárase tras o éxito da que tivo lugar a semana pasada e contaba con aforo completo e lista de agarda.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “a suspensión da mesma é un acto de responsabilidade, xa que precisamente as administracións e cargos públicos debemos ser exemplarizantes na adopción de medidas para frear a expansión da covid19”.
Desde o Concello barreirense anuncian tamén que, cando a situación sanitaria o aconselle, se retomará a...
leer másDesde o Concello indican que “todas as previsións quedaron curtas e o voso interese pola ruta xeolóxica deste sábado obríganos a organizar outra na vindeira fin de semana”.
E lembran que “o día 30 de marzo abriuse o prazo para a inscrición na actividade deste sábado e antes das 10.00 da mañá xa estaban cubertas as prazas comezando a haber lista de agarda, a cal ao longo destes días se foi incrementando”.
A nova ruta será o 11 de abril “co fin de darlles a posibilidade ás persoas que forman parte da elevada lista de agarda que temos para a deste fin de semana de coñecer este interesante tramo do noso litoral dende a perspectiva xeolóxica. En caso de cancelacións contactarase, por orde de inscrición, coas persoas que non obtiveron praza en ningunha das dúas rutas”.
Desde o Concello barreirense subliñan...
Do 1 ao 3 de abril celebrarase en Foz a 17ª Ruta das Tapas, que este ano se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que organiza o Concello coa colaboración de AciaFozCCA.
O presidente do CCA focense, José Carlos Paleo, sinala que “chegamos a unha nova edición da clásica Ruta das Tapas de Foz, que será diferente debido á situación sanitaria que estamos a vivir. O ano pasado non puido celebrarse, pero neste 2021 son un total de 17 locais, socios e non socios de AciaFozCCA, os que ofrecerán as súas propostas gastronómicas en miniatura desde o xoves ata o sábado”.
Os participantes son: A Cancela, Cafetería Llas, Centro Social Cangas, Costumes do Mar, O Paseo, O Taco, Rincón do Mis, San Miguel, Teleclub Vilaronte, Restaurante Dandy, Bar 78, Tangarte, Mayros, Xoyma, Anduriña e A Rambla.
... leer másO vindeiro sábado, 3 de abril, ás 16.00 horas dará comezoa ruta xeolóxica polas praias do Concello, entre Fontela-Balea e Arealonga, que organiza o Concello. Terá unha duración aproximada de 3 horas (sen contar o regreso). Estará guiada polo xeólogo Francisco Canosa.
As prazas serán limitadas.Imprescindible inscrición previa enviando un correo electrónico a turismo@concellodebarreiros.gal con: nome, apelidos e DNI de tódolos participantes xunto co teléfono de contacto e o concello de procedencia.
O prazo de inscrición remata o día 2 de abril ás 14.00 horas. Esta é unha actividade gratuíta
A realización da actividade e/ou o número final de participantes queda supeditada ás condicións meteorolóxicas e ás correspondentes actualizacións...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras mindonienses. Será o sábado, 28 de marzo.
A saída terá lugar ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e tamén a esa hora desde Ferreira. O desprazamento realizarase en coche.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 26 de marzo nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla. A ruta, dun nivel medio de dificultade, ten unha lonxitude de 13´5 quilómetros e discorre por Supena.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento. A actividade levarase a cabo se a situación sanitaria o permite e seguindo os protocolos oportunos.
Seis establecimientos hosteleros de Burela (Hotel Nordés, A Parrillada de Jandro, Cervercería Kilo, O Traste, Contraste y Boasmigas) organizan una ruta de tapas todos los jueves de este mes de enero, que son los días 7, 14, 21 y 28.
En esta iniciativa, denominada Juernes de Tapas en Burela, además de ofrecer cada local dos tapas especiales diferentes cada día los clientes participantes en la ruta optan a premios mensuales.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta do ano ao alto do Picato, en Trabada, o vindeiro domingo, 17 de xaneiro.
A saída será ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 9:00 horas tamén desde Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o venres, 15 de xaneiro, nos números de teléfono 606 718 482 ou 670 369 017 e na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. A actividade é de balde para os socios federados e ten un prezo de 3 euros para os socios non federados e de 4 euros para o socio temporal.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.