Ruta
A oitava andaina de outono de A Mariña en Ruta será este sábado, 20 de novembro, polo Viveiro industrial e as lendas.
Esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña discorrerá esta fin de semana polo Viveiro industrial e as súas lendas. Os asistentes estarán acompañados por Noela Feal, guía oficial de Galicia. Para esta ruta e para a andaina pola paisaxe cultural de Portocelo, en Xove, que terá lugar o 27 de novembro e que será guiada polo arqueólogo David Fernández, aínda quedan prazas libres. A Mariña en Ruta concluirá o 4 de decembro por terras do Vicedo da man do arqueólogo Fran Canosa. Para esta última ruta as prazas están esgotadas.
As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en ...
leer másA sétima andaina de outono de A Mariña en Ruta continuará este sábado, 13 de novembro, polo Camiño Norte entre Lourenzá e Mondoñedo.
Esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña discorrerá polo treito que une Vilanova de Lourenzá, co seu imponente Mosteiro de San Salvador, ata a antiga cidade episcopal de Mondoñedo, un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia. Son 9 quilómetros nos que os asistentes percorrerán diversos paisaxes do interior da Mariña e achegaranse ata os pequenos núcleos de poboación que axudaron a configurar esta antiga ruta medieval. A andaina estará guiada por Claudia del Pino.
As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es...
leer másA sexta andaina de outono de A Mariña en Ruta seguirá este sábado, 6 de novembro, por Barreiros. Esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña continuará todos os sábado do mes de novembro e tamén o 4 de decembro. Santo Estevo do Ermo, o Camiño do Norte, o Viveiro industrial, Portocelo en Xove ou O Vicedo serán as próximas paradas.
As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta e para calquera consulta poden contactar a través da seguinte dirección de correo electrónico: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono +34 690 61 47 49.
O pasado sábado, 30 de setembro, tivo lugar a ruta por Riotorto...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz participará no III Día do Sendeirista de Galicia, que se celebrará en Cabeza de Manzaneda o vindeiro 14 de novembro.
A saída será o 13 de novembro ás 16:00 horas de Foz e ás 16:15 h. de Ferreira.
As persoas interesadas en participar deben anotarse a través dos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o 5 de novembro. O prezo para os socios federados é de 80 euros, para os socios non federados 84€ e para os socios temporais 89 euros. Inclúe aloxamento en pensión completa.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora...
leer másA cuarta andaina deste outono de A Mariña en Ruta discorrerá por A Pontenova o vindeiro sábado, 23 de outubro.
Para este roteiro aínda queda algunha praza libre, segundo a Mancomunidade de Concellos de A Mariña. Os participantes, a través da Ruta dos Fornos, serán testemuñas da relevancia da minería na Pontenova, que debuxa desde antigo a paisaxe desta terra. As instalacións e estruturas das minas integráronse co paso do tempo no entorno natural do río Eo e son percorridas por esta e por outras 6 rutas que abranguen unha parte importante do municipio. A ruta, que ten unha lonxitude de 5 quilómetros e unha duración de dúas horas, permitiralles aos asistentes achegarse ata os Fornos de Vilaoudriz e de Boulloso, a entrada de Mina Consuelo e o Aula de Pesca da Pontenova.
O pasado sábado, 16 de outubro, o programa de...
leer másA asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ás Lagoas de Cospeito o 16 de outubro.
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ás Lagoas de Cospeito ESTE sábado, 16 de outubro.
A saída será ás 9:30 horas da Estación de Autobuses de Burela e non é preciso anotarse previamente.
A organización informa que a ruta é moi recomendada para nenos, ten unha lonxitude de 10 quilómetros e un nivel de dificultade baixo. Ademais, como está a facer en todas as que organiza este ano, os participantes levarán os seus coches e a súa comida e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.
A terceira andaina deste outono de A Mariña en Ruta percorrerá Burela o vindeiro sábado, día 16.
A ruta polo porto de Burela permitiralles aos asistentes viaxar no tempo ata a orixe prehistórica desta vila, que co paso dos séculos converteuse nun dos principais portos do Cantábrico. A bordo do barco museo Reina del Carmen coñecerán a pesca tradicional do bonito, un dos produtos gastronómicos mellor valorados en Galicia, así como as labores diarias dos mariñeiros durante as costeiras. Oficios como as redeiras e instalacións como os estaleiros e a lonxa son testemuñas vivas do carácter mariñeiro de Burela, un pobo cunha xeografía marcada pola rasa cantábrica e unha paisaxe esculpida con formación xeolóxicas tan singulares como a chamada Igrexa de Coedo. A ruta por Burela será guiada por Lidia de la Fuente. As prazas ofertadas son 25, e...
leer másPor terras de Trabada discorrerá o vindeiro sábado, 9 de outubro, a segunda andaina de A Mariña en Ruta. A iniciativa está organizada pola Mancomunidade de Concellos, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, para axudar á dinamización da comarca no outono.
Para a ruta do vindeiro sábado as 25 prazas ofertadas están a piques de esgotarse. Unha vez se completen abrirase lista de agarda. Boris Vilar será o guía que acompañe aos asistentes por Trabada, unha viaxe ao pasado.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña fan un balance positivo da primeira ruta deste 2021, que tivo lugar o pasado domingo, xa que se completaron tamén as 25 prazas. A ruta A Berrea, camiñando entre cervos permitiulles aos asistentes coñecer lugares repletos de natureza entre os concellos de Alfoz e Mondoñedo, pola...
leer másA Asociación Os Sendeiros de Foz organiza a XXXIII Marcha de Montañeiros Veteranos de Galicia que se celebrará o 17 de outubro en Barreiros, despois de ser suspendida a que estaba prevista para setembro.
A saída será ás 9:15 horas de Ferreira e ás 9:30 h. de Foz.
O último día para anotarse é o 14 de outubro e poderase facer nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 21 euros para os socios federados e inclúe o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscara e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Foz, Deputación de Lugo-Área de Deportes, Deporte Galego Federación Galega de Montañeiros. ...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza a XXXIII Marcha Montañeiros Veteranos de Galicia que terá lugar o 12 de setembro por terras de Barreiros.
A saída será ás 9:15 horas de Ferreira e ás 9:30 de Foz. A marcha dará comezo no Círculo Lítico da Roda pasando polo teito de Barreiros, en Penalonga, e rematará en Santo Estebo.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 9 de setembro, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Esta actividade é para federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.